Para conmemorar o Día de Galicia 2012, que se
celebra o 25 de xullo, o Concello de Quiroga dentro da súa programación ten
previstas as seguintes actividades:
O martes día 24, a partir das 23 horas, música na rúa, nas inmediacións
do bar Cantar Miudíño.
O día de Santiago, mércores 25
de xullo e propio Día de Galicia, os
actos serán os seguintes:
- A partir das 13 h. Recepción no Concello aos colectivos culturais da
vila.
- E ás 13:15 h. Actuación da banda de gaitas San Martiño de Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario