O xoves día 9 de agosto e dentro do programa das Festas de Verán
de Quiroga 2012, terá lugar a 7ª edición da Festa da Comunidade.
Como xa é habitual a
festa celebrarase nas inmediacións do parque da Constitución a partir das 20:30
e a ela poden acudir todos os veciños ou visitantes que previamente mercaran os
vales que están a venda nas cafeterías e bares da vila, ou o mesmo dia da cea a
un prezo de 5 euros.
O menú que se poderá degustar nesta cea vai ser o seguinte:
- codillo asado con
arroz blanco, guisantes e pementos
- empanada de carne
do país
- pan de fogaza
- roscón do país
- bebidas: viño
tinto, augas , refreescos en lata e tinto de verán.
A festa da Comunidade dende hai xa sete anos forma parte dos
actos que o concello organiza para celebrar as súas Festas de Verán, sendo
deste xeito un atractivo máis dentro do turismo gastronómico da nosa bisbarra.
O programa deste ano contará de novo con música en directo no
propio recinto da festa a cargo do grupo local, Fondo Tropical unha vez que
remate a merenda.
A organización,como anos anteriores, corre a cargo do Concello
de Quiroga e a Comunidade de Montes en man común de A Conchada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario