O
vindeiro venres, a partir das oito do serán inaugurarase a nova exposición do
mueseo Etnográfico. Trátase dos decorados da película de animación galega “O Apóstolo”,
que estarán expostos no Museo Etnográfico Municipal.
Tras
o traballo de montaxe das maquetas que formaron o decorado da película, o
venres amosarase ao público esta nova parte que se poderá visitar de xeito
permanente, xa que foron cedidas ao Museo, grazas ao acordo acadado entre o
concello e os responsables de “Artefacto Produccións”.
Os
decorados desta película, que se exhibirá en todo o mundo, están ambientados
nas aldeas da montaña lucense. En concreto realizouse un gran traballo de
investigación e documentación nos concellos de Quiroga e Folgoso do Caurel,
para tratar de capturar nestes decorados a maxia e o ambiente desta zona de
montaña.
Para
o Museo Etnográfico engadir estas reproduccións á súa colección permanete supón
un complemento perfecto, xa que nunha instalación deste tipo non é doado amosar
aos visitantes a producción arquitectónica; daquela empregando as maquetas
realizadas polo equipo de decorados desta película poderase contemplar como son
as construccións tradicionais da Serra do Caurel.
“O Apóstolo” é a primeira película de
animación stop-motion estereoscópica de Europa, na que se empregaron tres anos
de traballo: dous anos de desenvolvemento e un de rodaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario