Medio cento de nenos e nenas participan dende onte nos
campamentos de verán da Área de
Educación do Concello, dirixidos a nenos
e nenas de entre 4 e 12 anos.
Esta actividade, que se desenvolverá durante os meses de xullo e
agosto, ten como finalidade ofertar un servicio diario ós seus usuarios nunhas
datas nas que os máis pequenos/as disfrutan de tanto tempo de lecer.
O horario para os rapaces de 4 a 7 anos, é dende as dez da mañá
ata a unha da mediodía e o dos nenos e nenas de 8 a 12 anos dende as once ata as duas. Os
proxenitores deberán levar ós alumnos e alumnas á Casa de Cultura na primeira
hora da mañá e recollelos na piscina á última hora.
As clases consistirán en variados obradoiros; dentro dos que se
inclue un obradoiro de globoflexia e outro de conservas de peixe, este último a
través dun programa da Consellería do Mar “Ponlle as pilas ao teu bocata” para
infundir unha alimentación sa.
Tamén terán clases de inglés e informática, así como deportes,
natación, cine e xogos de diversa índole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario