O Concello de Quiroga, está a traballar na organización da XXI
MOSTRA DO MEL DE QUIROGA, que terá lugar o venres día 10 de agosto coincidindo
coa feira mensual máis importante do ano e nesta edición coas festas de verán
de Quiroga.
Puntual a súa cita de todos os veráns durante 20 anos, este
evento gastronómico ten como obxectivo principal dar a coñecer as magníficas
calidades do mel que se produce na zona de Quiroga, que comparte un lugar
destacado con produtos como o viño, o aceite ou as castañas.
A programación variará pouco con respecto ás anteriores
edicións, daquela haberá un acto de inauguración ás 11 horas e os postos de
venda e exposición de mel e outros produtos típicos da zona, estarán a
disposición de quen o desexe dende primeiras horas da mañá ata despois do
xantar.
Como novidade nesta edición a Delegación de Cultura mediante o
Museo Etnográfico de Quiroga, organiza un fiadeiro tradicional, no que poderán
observarse os procesos do traballo tradicional coa la de ovella, no mesmo
recinto da Mostra do Mel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario