O curso de tecido tradicional organizado pola
Delegación de Cultura do Concello de Quiroga nas instalacións do Museo
Etnográfico de Quiroga,remata o mércores día 1 de agosto coas dúas últimas
horas das actividades previstas dás 19 ás 21 h.
Este curso práctico de 40 horas de duración
desenvolveuse durante os meses de maio, xuño e xullo, e foi impartido pola
tecedeira de Visuña Carmen Barreiro Díaz coa colaboración de Manuela Soto e
Agapito Vila.
Nesta actividade de recuperación da técnica
milenaria do tecido tradicional tomaron parte 17 mulleres dos Concellos de
Monforte, Ribas do Sil e Quiroga. Durante as horas de aprendizaxe realizaron
prácticas de urdir o fío para configurar a base sobre a que se tece, preparar o
fío para tecer (cardar, fiar ao fuso e á roca, torcer, etc) e preparar os
flecos para decorar as distintas pezas.
O vindeiro xoves 9 de agosto, dentro do
programa das festas de verán de Quiroga 2012, inaugúrase nas instalacións do Museo
Etnográfico Municipal unha exposición cos traballos realizados polas profesoras
e alumnos e alumnas durante o curso.
A delegación de cultura do Concello de Quiroga
traballa na posibilidade de organizar unha segunda parte para asentar os
coñecementos, de cara a primavera do ano 2013.
Para achegar estas técnicas de tanta raizame
no noso concello, dentro dos actos da XXI MOSTRA DO MEL DE QUIROGA, o vindeiro
día 10 de agosto, realizarase no recinto da mostra un fiadeiro no que poderán
verse varias dos traballos relacionados co traballo da la de ovella para obter
fío para tecer; daquela as persoas interesadas poderán presenciar en directo e
na rúa as labouras de cardado, fiado ao fuso e a roca, torcido, tecido con
agullas e tecido dos flecos para a decoración
No hay comentarios:
Publicar un comentario