O Subdelegado do Goberno e o alcalde de
Quiroga presidiron onte en Quiroga unha nova reunión da Xunta Local de
Seguridade, na que participaron tamén responsables da Garda Civil e a Policía
Local. Os integrantes da Xunta de Seguridade presentaron os datos de
delincuencia no municipio nos cinco primeiros meses deste ano, dos que se
desprende que neste período, en Quiroga foron denunciadas 41 infraccións
penais, das cales trinta son delitos e once faltas.
Do total
de delitos denunciados, as forzas de seguridade lograron esclarecer o
73,1%, unha porcentaxe que sobre ata o 80% no caso dos delitos contra as
persoas. No tocante ás faltas denunciadas no que vai de ano, esclarecéronse o
81,8%.
Nos cinco primeiros meses deste ano, as
forzas de seguridade detiveron a un total de 9 persoas pola súa implicación en
feitos delictivos rexistrados no noso municipio.
Os membros da Xunta Local recordaron
que, atendendo ao número de infraccións penais rexistradas no conxunto do 2011,
a tasa de criminalidade de Quiroga foi de 19,67 infraccións por cada mil
habitantes, o qñue supón 0,36 puntos por debaixo da media provincial, 6,72 por
debaixo da media galega e 14,26 por debaixo da media nacional.
A Xunta de Seguridade acordou intensificar
a colaboración dos efectivos de Garda Civil e Policía Local para seguir
mellorando na prevención dos feitos delictivos así como no seu esclarecemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario