O concello de Quiroga dende a Área
de Xuventude, organiza para o venres 27 de xullo unha Xincana da Natureza.
Esta actividade está dentro das
organizadas pola Oficina de Xuventude do concello de Quiroga de cara ó verán,
e, poderán participar nela aquelas persoas que así o desexen, a partir de 12
anos.
A Xincana terá lugar a partir das cinco
da tarde na casa de cultura, onde se lle darán as indicacións a todos os
participantes da mesma e a partir das seis comezará o xogo por todo o pobo.
Os gañadores levarán unha mochila de
moda e todos os participantes terán un premio, que se entregará ao finalizar a
mesma na praza de España.
O mínimo de participantes para que
se poida realizar é de 15 persoas e todas elas deben apuntarse na casa de
cultura antes do día 23 de xullo, ben persoalmente, ou ben por teléfono, 982
435 125.
No hay comentarios:
Publicar un comentario