20
establecementos participarán na 4ª edición do Concurso Quiroga de Tapas, organizado
dende a oficina de xuventude, que se levará a cabo entre os días 26 de marzo e
3 de abril.
Esta
mañá dábanse a coñecer as tapas do concurso:
ADEGA DA MARIA: "A fogo lento"
A PEDRA: "Leito de espas con gulas e gambas"
LAS PALMERAS: "Tosta de champiñóns"
O PORTÓN: "Arroz con cogomelos, gambas e pementos do piquillo"
RAPOSO: "Brocheta do val de Quiroga"
QUIPER: "Duo de mar"
A TABERNA: "Milfollas de solombo con crema de cogomelos"
RUXE-RUXE: "Cordón blue primavera"
LAGO: "Pastel de carne con salsa de cogomelos e crocante de
queixo"
FÉLIX: "Tosta de ovo en flor con chourizo"
O ROXO VIVO: "Milfollas de berenxena rechea de porco ó romeiro con gratén
de queixo de Arzúa"
CASA TORRES: " Polbo a brasa"
CHAPAKUÑA 3: "Carrillera estofada con compota de mazá, castaña e pataca
crocante"
O RECUNCHO DE DINO: "Ragut de porco ó viño tinto de Quiroga con verduriñas
salteadas"
FERREIRIÑO: "Reinterpretación do cocido galego"
ESCALEIRA: "Ovo a baixa temperatura, falsas migas de pan de millo e lisco
de porco celta"
A CASA DA PEDRA: "Pemento recheo de bacallau con crocante de
berenxena"
CAFÉ MONBEL: "Carne con peras ó viño do val"
A BARCA: "Empanada de lacón con grelos e cebola caramelizada"
MESÓN DA CLARA: "Carrillera de tenreira en salsa de chocolate"
O Concello distribuirá nos locais
participantes cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición gratuíta do
público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademáis, en
todos os establecementos participantes, estarán situadas as urnas oficiais de
votación.
A
tapa presentada ó concurso, deberá estar exposta de forma destacada, así como a
disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades
ou porcións, do 26 de marzo ao 3 de abril, en horario de 12:00 a 14:30 e de
19:00 a 22:30 horas, a un precio de venda ó público de 1,50 €uros.
Cada
vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento
participante deberá selarlle, si non o fixera aínda, a cartilla de votación, na
casilla correspondente o seu establecemento, si xa estivera cuberto o
tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro. Se o establecemento non
dispón da tapa no horario do concurso, está obrigado a selar o
tapacartón na casilla correspondente e poderá ser penalizado.
Cando o cliente complete a degustación
de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos
participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón e
introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, ubicadas en todos os
establecementos participantes. A votación deberá realizarse antes das 15:00
horas do 4 de abril, data na que se recollerán as urnas para o reconto de
votos.
Non
será válida ningunha cartilla de votación que non conteña selo de todos os
establecementos participantes, o seu voto, escrito de forma lixible e un nome,
apelidos e teléfono de contacto da persoa que emita o voto.
O
cliente poderá ter en conta, á hora de emitir o seu voto, Presentación e
innovación, Gusto, sabor, texturas e aromas e calidade dos ingredientes.
O cuarto concurso “Quiroga de
Tapas” fallarase o mércores 8 de abril na casa consistorial. O establecemento
gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa
honorífica. O resto dos establecementos participantes recibirán un diploma
de participación. Ademais, entre as cartillas de votación realizaráse o sorteo
público para sete participantes no concurso que gañarán diferentes premios.
- 300 €uros en
metálico.
- Circuíto
termal, estancia, almorzo e comida no Balneario de Augas Santas para dúas
persoas.
- Estancia e
almorzo para dúas persoas na Ferrería de Rugando.
- Estancia na Aldea
Rural "O Busto", Pobra de Brollón, para dúas persoas .
- Estancia na
Casa de Maside, Pantón, para dúas persoas.
- Visita ás
instalacións e degustación de viño para catro persoas no Centro do Viño Ribeira
Sacra.
- Produtos
típicos Caurelor e Porvide.