O Concello de
Quiroga, organiza xunto coa Asociación Provincial de Hostelería de Lugo a
cuarta edición do concurso: “QUIROGA DE TAPAS”. O concurso ten un ámbito
xeográfico circunscrito ós límites do municipio de Quiroga, podendo participar
no mesmo calquera establecemento do val adicado á restauración.
A inscrición no concurso é gratuíta. A
data límite de inscrición será o 4 de marzo e poderá realizarse a través
do persoal técnico de Xuventude do Concello, que visitará os establecementos de
restauración do municipio ou na Casa de Cultura no teléfono 982 435 125.
Cada
establecemento participante deberá elaborar unha única tapa, con ingredientes
de libre elección, a un precio de venda ó público de 1,50 €uros. Ademáis, é
obrigatorio ofertar o maridaxe cós viños da comarca.
O
Concello distribuirá nos locais participantes cartillas de votación
“tapacartóns”, a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen
determine o gañador do concurso. Ademáis, en todos os establecementos
participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.
A
tapa presentada ó concurso, deberá estar anunciada, exposta de forma destacada,
así como a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable
de unidades ou porcións, do 26 de marzo ao 3 de abril, en horario de 12:00 a
14:30 e de 19:00 a 22:30 horas.
Cada
vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento
participante deberá selarlle, si non o fixera aínda, a cartilla de votación, na
casilla correspondente o seu establecemento, si xa estivera cuberto o
tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro. Se o establecemento non
dispón da tapa no horario do concurso, está obrigado a selar o
tapacartón na casilla correspondente e poderá ser penalizado.
Cando o cliente complete a degustación
de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos
participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón e
introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, ubicadas en todos os
establecementos participantes. A votación deberá realizarse antes das 15:00
horas do 4 de abril, data na que se recollerán as urnas para o reconto de
votos.
Non
será válida ningunha cartilla de votación que non conteña selo de todos os
establecementos participantes, o seu voto, escrito de forma lixible e un nome,
apelidos e teléfono de contacto da persoa que emita o voto.
O
cliente poderá ter en conta, á hora de emitir o seu voto, Presentación e
innovación, Gusto, sabor, texturas e aromas e calidade dos ingredientes.
O cuarto concurso “Quiroga de
Tapas” fallarase o mércores 8 de abril na casa consistorial. O establecemento
gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa
honorífica. O resto dos establecementos participantes recibirán un diploma
de participación. Ademais, entre as cartillas de votación realizaráse o sorteo
público para cinco participantes no concurso que gañarán diferentes premios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario