A casa consistorial acolleu onte unha reunión
ordinaria da xunta local de seguridade. Presidida polo subdelegado do Goberno
en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, na xuntanza díxose
unha análise global da situación delincuencial no municipio.
Segundo os datos de denuncias formuladas no 2014, a delincuencia rexitrou
un lixeiro descenso en Quiroga con respecto ao ano anterior, sendo máis reseñable
a baixada dos delitos contra o patrimonio, que se reduciron case á metade. Mantense
deste xeito a tendencia iniciada a comezos do ano 2013.
Os integrantes da xunta de seguridade, representantes da Garda Civil, de
Tráfico, da Policía Autonómica e da Policía Local, destacaron ademais o aumento
no grao de eficacia acadado na resolución e esclarecemento dos delitos que se rexistraron
no municipio, e que atribuiron ao traballo e a colaboración entre os efectivos da
Garda Civil e da Policía Local.
Segundo explicou o subdelegado do Goberno, a porcentaxe de delitos
esclarecidos subiu lixeiramente en toda Galicia no 2014, pasando do 52 ao 53%,
unha porcentaxe superada no concello de Quiroga.
Ramón Carballo informou na xunta sobre o traballo realizado polas
Forzas e Corpos de Seguridade do Estado no marco do Plan director para a
convivencia e mellora da seguridade escolar nos centros educativos e as súas
contornas. O obxetivo deste plan e informar a alumnado, profesorado e Ampa
sobre temas como o acoso escolar, o consumo de alcohol e drogas, a violencia de
xénero ou os riscos do uso inaxeitado de internet e as redes sociais.
Ao longo do curso 2013/2014, os axentes impartiron 9 charlas nos
centros educativos de Quiroga. Para o actual curso, están previstas xa 4 novas
charlas no Colexio de Educación Infantil e Primaria, ademais dunha demostración
de medios policiais.
A xuntanza rematou falando da seguridade nas festas municipais,
comprometendose xa a estreita colaboración da Garda Civil cos axentes da Policía
Local nas tarefas de vixiancia preventiva e de contros da orde pública.
No hay comentarios:
Publicar un comentario