O concello de
Quiroga, a través do departamento de servizos sociais, amplia esta semana o seu
taller de estimulación cognitiva, psicomotriz e da memoria en
persoas maiores que sofren deterioro cognitivo.
Este programa ten como obxectivo
a prevención e mellora de enfermidades cerebrais, especialmente a
enfermidade de alzheimer e as caracterizadas pola perda aillada e obxectiva da
memoria.
Tras a boa acollida deste obradoiros e
os seus resultados, familiares dos participantes no obradoiro de “estimulación cognitiva e psicomotriz”, que
se desenvolvía en dúas sesións semanais en horario de mañá, pediron a
ampliación deste obradoiro un día máis á semana.
Tras
esta petición e coincidindo co inicio deste mes de marzo, o concello ampliou
estas sesión, polo que se desenvolverán os luns, mércores e venres, dende as
once da mañá ata a unha da mediodía,
Paralelamente a esta petición, dende o
departamento de servizos sociais do concello mantense aberto o prazo de
inscripción para novos participantes neste obradoiro que se desenvolve con persoal da asociación Afamon, Asociacion de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario