20
establecementos participarán na 4ª edición do Concurso Quiroga de Tapas, organizado
dende a oficina de xuventude, que se levará a cabo entre os días 26 de marzo e
3 de abril.
Os
establecementos que participan son :Adega da María, Mesón da Clara, Ciber-café
A Pedra, Bar Las Palmeras, Bar O Portón, Bar Raposo, Bar Quiper, A Taberna, Café
Monbel, Pub Ruxe-Ruxe, Bar Lago, Bar Félix, Restaurante O Roxo Vivo, Casa
Torres, Bar Chapakuña3, O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño, Mesón Escaleira, A
casa de Pedra, Parrillada “A Barca”.
Cada un destes establecementos elaborará
unha única tapa, con ingredientes de libre elección, a un precio de venda
ó público de 1,50 €uros. A tapa presentada a concurso faraa pública cada un dos
establecementos antes do inicio do concurso.
Este ano a novidade serán os premios
entre os votantes, xa que haberá un total de sete gañadores. Os premios
consistirán en:
- 300 €uros en
metálico.
- Circuíto
termal, estancia, almorzo e comida no Balneario de Augas Santas para dúas
persoas.
- Estancia e
almorzo para dúas persoas na Ferrería de Rugando.
- Estancia na
Aldea Rural "O Busto", Pobra de Brollón, para dúas persoas .
- Estancia na
Casa de Maside, Pantón, para dúas persoas.
- Visita ás
instalacións e degustación de viño para catro persoas no Centro do Viño Ribeira
Sacra.
- Produtos
típicos Caurelor e Porvide.
Neste concurso organizado dende o
concello de Quiroga, colaboran Porvide, Caurelor, Centro do Viño Ribeira Sacra,
Casa de Maside, Aldea Rural “O Busto”, Ferrería de Rugando, Oca Augas Santas e
a Asociación de Empresarios de Hostaleria de Lugo, E para comer Lugo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario