Onte
domingo fíxoselle entrega aos veciños da Ribeira do seu novo Centro Social. Nun
acto no que acudiron a corporación case ao completo e incluso anteriores
concelleiros da zona.
O centro,
está pensado principalmente para os veciños da zona, pero o alcalde de Quiroga,
Julio Alvarez, asegurou que estará aberto a calquera colectivo do municipio que
solicite o seu uso.
O centro
sociocultural forma parte da primeira fase do centro. Nesta primeira fase do
proxecto quedarán acondicionados uns 200 metros cadrados da edificación, que
inclúe o centro sociocultural e a parte exterior do piso tutelado. O piso
tutelado, acollerá unhas seis ou sete habitacións que servirán de acollida
temporal para persoas con problemas de inserción social así como para as que
precisen de aloxamento en ocasións de extrema necesidade.
Nunha
seguinte fase acondicionaríanse a parte restante, ata completar uns 400 metros
cadrados útiles coa intención de albergar o centro de día. Como recalcou o
alcalde na súa intervención o edificio vai ter unha función social moi
importante, pero son duas partes distintas e ben diferenciadas.
Os
encargados de descubrir a placa da inauguración deste centro foron dous dos
concelleiros da zona de anteriores lexislaturas, José Miranda e José Manuel
García.
O párroco
da parroquia, Jesús Río, foi o encargado de bendecir o novo centro que estará
aberto todas as tardes dende hoxe mesmo, en horario de 4 a sete da tarde. O
centro contará con persoal que o atenda e ofrecerá periódico diario.
Como
non podía ser doutro xeito, os numerosos veciños que quixeron acudir a este
acto aberto para contemplar estas novas instalacións, foron convidados a unhas
tapas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario