Rocío Carrasco Mohedano, (Madrid, 1977), coñecida presentadora de
programas de televisión, será a pregoeira da XXXIII edición
da Feira do Viño de Quiroga.
A popularidade da filla da cantante Rocío Jurado e do boxeador Pedro Carrasco, suxiu das súas frecuentes apracións na prensa rosa española e dos seus ocasionais desfiles como modelo. Despois empezou a súa carreira televisiva como copresentadora do programa de Telecinco "Cita con Apeles". De aí pasou a ser colaboradora no programa matinal de María Teresa Campos, "Día a día" (1997-2005).
É
coñecida a súa devoción relixiosa, en parte herdada da súa nai. Rocío Carrasco
acudía todos os anos á procesión da Virxe de Regra en Chipiona, ata que
faleceu a súa nai.
Na
actualidade presta a súa imaxe a algunhas firmas comerciais e presentou un
programa en Canle Sur chamada "Nacidas para cantar" xunto con María
Teresa Campos. Dende xullo de 2014 e ata febreiro deste ano foi a presentadora
do programa "Hable con ellas" de Telecinco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario