AFAMON, a Asociación de Familiares de
enfermos de Alzheimer e outras demencias de Monforte, fixolle entrega esta mañá
da Acreditación de “Localidade Solidaria co Alzheimer” ó Concello de Quiroga.
O Pleno da Corporación do 17 de
setembro de 2014, aprobara por unanimidade a proposta feita por AFAMON de
declaración á Quiroga como concello Solidario co Alzheimer.
Ser solidario co Alzheimer é unha
iniciativa da Confederación Española de Asociaciones de Familiares con personas
con Alzheimer y otras demencias, para contribuír a expandir a mensaxe da
necesidade dunha Política de Estado sobre o Alzheimer, informar os seus
cidadáns sobre a enfermidade e as súas consecuencias, promover as accións
relacionadas coas súas Asociacións máis próximas, facilitar a difusión desta
mensaxe e concienciar á sociedade sobre a necesidade de conseguir unha Política
de Estado sobre o Alzheimer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario