Dez
colleiteiros inscribíronse para participar na XXXIII Feira do Viño de Quiroga,
que terá lugar os días 4 e 5 de abril.
Xa se realizaron as análises organolépticos dos caldos
participantes. E un ano máis tamén se realizará a cata destes viños. Este
sábado, 21 de marzo, será o día na que a confraría do viño de Quiroga desfilará
pola rúa Real antes de proceder á cata dos viños presentados á feira.
Seguindo
a tradición, cada ano nun tramo da rúa Real, nesta edición o recinto feiral
situarase na parte de arriba da rúa, á altura da casa consistorial. As
condicións meteorolóxicas serán as que decidan se se precisa instalar carpa no
recinto feiral como xa foi preciso facer en anos anteriores.
O programa de actos inclúe actividades previas á
feira, como o concurso de tapas que se desenvolverá dende o 26 de marzo ao 3 de
abril. A carreira popular o venres día 3 de abril, ou a actuación dos grupos
que ían participar na festa da xuventude no verán, e que por mor da choiva se
tivera que suspender. As actuacións musicais dos grupos David Prado e Bella
Dona Band e + Iva, terá lugar a partir das doce e media da noite na zona dos
pubs.
O
encargado de inaugurar o feira deste ano, será Severino Monteserín, secretario
Xeral de Agader, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O acto de
inauguración terá lugar ás seis e cuarto da tarde, pero anteriormente os grupo
Os do Recanto e a Banda de Gaitas San Martiño, xa farán un pasarrúas polo
recinto feiral.
Ás seis e media as actuacións trasladaranse ata o Auditorio
Municipal, onde actuarán a Coral Polifónica de Quiroga, a banda de gaitas San
Martiño e os grupos de danzas San Martiño e Arume da Queiruga. Tamén se fará
entrega dos premios do certame Cartas de Amor Vila de Quiroga.
Ás oito e media do serán, xa no palco, terá lugar o momento
máis multitudinario da feira que é o pregón. Nesta edición a pregoeira da feira
do viño de Quiroga será Rocío Carrasco, coñecida dende sempre por ser filla da
cantante Rocío Jurado.
Tras o pregón farase entrega do premio do concurso de
camisetas, para o que os participantes terán que subir ao palco para que sexa a
propia pregoeira a que decida quen se merece os 100 € de premio.
O grupo Mosaico será o encargado da animación nocturna.
O domingo, a partir das doce e media da mediodía, na casa
consistorial, faráselle a entrega de medallas aos colleiteiros participantes. A
charanga Madialeva animará o recinto feiral durante toda a xornada.
Todos estes actos serán os que acompañen a unha feira que
ano tras ano recibe a centos de visitantes para disfrutar de Quiroga, pero
sobre todo do producto estrela, o viño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario