O
instituto Universitario de Xeoloxía e a Universidade da Coruña, en colaboración
co concello de Quiroga, organizan un percorrido xeolóxico pola serra do Caurel,
o día 9 de maio. Trátase dunha excursión de campo guiada por xeólogos,
totalmente gratuíta e aberta a todo tipo de público. Realízase en lugares
interesantes polo seu ámbito xeolóxico, e proporciónase unha información
rigorosa a nivel divulgativo. Permite ver estes lugares con "ollos
xeolóxicos", e é tamén un xeito de sensibilizar a poboación sobre a
importancia e necesidade de protexer o noso patrimonio xeolóxico.
Estas
excursións, que levan o nome de Geolodía, realízanse dende o ano 2011 por
provincia, sendo unha iniciativa apoiada pola Asociación Española para o
Ensino das Ciencias da Terra e o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España.
O
"Geolodía" deste ano na provincia de Lugo parte do Museo Xeolóxico
Municipal de Quiroga para facer un interesante percorrido xeolóxico por toda a
Serra do Caurel: miradoiro de Campodola (Sinclinal da Serra do Caurel, Mina da
Toca, Cova da Buraca das Choias (Visuña), A Seara...
Os
interesados poden pedir información na Casa de Cultura de Quiroga 982435125 ou
anotarse no enderezo electrónico xeaurora@udc.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario