Dende a área de cultura do Concello, orgnaizase un novo curso de Tecido
Tradicional. Trátase da cuarta edición deste curso que se desenvolve nas instalacións
do Museo Etnográfico.
O curso que terá unha duración de 40 horas, comezará o día
22 de abril e prolongarase ata o 29 de xuño, desenvolvéndose dous días á
semana, os luns e os mércores.
Durante
este tempo os alumnos e alumnas aprenderán todo o proceso de elaboración téxtil
seguindo as técnicas tradicionais de fiado, urdido e tecido con la de ovella.
Pero o traballo no tear centrarase na elaboración dunha colcha. Esta peza
realizada polos alumnos pasará a formar parte das instalacións do museo etnográfico.
As
persoas interesadas en participar ou en recibir máis información terán de prazo ata o día 20 de abril, nas instalcións
da Casa da Cultura, persoalmente ou a través do teléfono 982.43.51.25.
No hay comentarios:
Publicar un comentario