29 ago 2013

MAIS DUNHA VINTENA DE POETAS PARTICIPAN NO XV ENCONTRO DE POETAS NO VAL DE QUIROGA


O vindeiro sábado 31 de agosto a partir das 11 da mañá na Casa da Cultura, terá lugar o décimo quinto Encontro de Poetas no Val de Quiroga, organizado polo grupo poético Amencer Quirogués e o Concello de Quiroga.
 
Un ano mais os poetas da comarca, Xesús Galán e Pepe Pol, serán os encargados de presentar o acto onde Dona Martina Campos actuará como pregoeira deste certame.
 
A este acto acoden cada ano máis poetas, tanto da nosa Comunidade coma doutras da xeografía española, todos eles co afán de potenciar este xénero literario. Máis dunha vintena de poetas, algúns que xa veñen participando dende a primeira edición deste certame e outros que se incorporan por primeira vez paticiparán nesta nova edición do Encontro de Poetas. O acto contará con música en directo, nesta ocasión o cargo do cantautor Javier Sotuela.
 
Con este Certame o Concello de Quiroga quere fomentar o interese pola literatura en xeral e pola poesía en particular, ademais de ofrecer a posibilidade de desenvolvemento da creatividade de todos os poetas, algúns ata este intre no anonimato, que atopan neste tipo de eventos o lugar axeitado para expresar e mostrar a súa obra.
 
Unha vez rematado o evento entregaraselles a todolos participantes do certame un pequeno detalle para agradecerlles a sua participación neste novo encontro de poetas no Val de Quiroga.

26 ago 2013

A 5ª ETAPA DA VOLTA CICLISTA A ESPAÑA PASARÁ POR QUIROGA O 28 DE AGOSTO


A 5ª etapa da Volta Ciclista a España pasará por Quiroga. O día 28 de agosto, mércores a partir da unha da mediodía, cruzará a rúa Real a volta a España 2013. Pero dende unha hora antes xa se poderá ver a caravana que acompaña aos ciclistas.

A quinta etapa da volta ciclista sairá dende Sober e pasará pola Rúa Real de Quiroga e o Toucedo, en dirección á Rúa, para rematar nos Lago de Sanabria, tras recorrer 174 Kilómetros.

A volta comezaba esta ano en Galicia, concretamente o 24 de agosto en Vilanova de Arousa.

17 ago 2013

AS ÁREAS DE EDUCACIÓN E XUVENTUDE ORGANIZAN UNHA VIAXE O AQUAPARK


As áreas de Educación e Xuventude organizaron unha viaxe ao Aquapark en Cerceda para os rapaces e rapazas de 10 a 30 anos.
 
Os mozos interesados en facer esta excursión, que ten un custo de 10 €, deben inscribirse previamente na Casa da Cultura, xa que hai prazas limitadas.
 
A excursión vai a ter lugar o martes 27 de agosto, ás nove da mañá sairíase dende a Casa da Cultura e a volta dende Cerdeda cara Quiroga ás sete da tarde.

12 ago 2013

ESTABILIZADO O INCENDIO QUE COMEZOU ONTE EN VILANUIDE


Arestora continúa activo, malia que estabilizado e sen chama, o incendio forestal iniciado en Quiroga, na parroquia de Vilanuíde, e que tamén afectou á parroquia de Seadur, no concello ourensán de Larouco.
          Así o confirmou este mediodía a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, desde o Posto de Mando Avanzado no que se coordinan as tarefas de extinción. A conselleira –que estivo acompañada polo secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto– indicou que actúan na zona 2 helicópteros e que no momento en que a néboa permita que se incorporen os demais medios aéreos o farán.
          A titular de Medio Rural e do Mar sinalou tamén que segundo datos preliminares a superficie afectada polo lume se sitúa arredor das 500 hectáreas. Destacou tamén que na extinción deste lume traballaron todos os medios dispoñibles (máis de 36 brigadas, 18 motobombas, efectivos da UME, 8 avións e 8 helicópteros), cunha excelente coordinación e sinalou que “en principio, o perigo pasou”.
          O lume comezou ás 17:20 horas de onte domingo e ás 13:03 horas de hoxe quedou desactivado o nivel 1, decretado onte ás 20:30 horas pola Consellería do Medio Rural e do Mar como medida preventiva pola súa proximidade aos núcleos de poboación.
          Nos traballos de extinción deste incendio participaron onte 2 técnicos, 14 axentes forestais, 36 brigadas, o grumir de Quiroga, 19 motobombas, 2 palas, 8 helicópteros e 8 avións. Tamén se pediu colaboración á Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Sobre as oito e media da tarde era declarado o nivel un de urxencia, de modo preventivo, debido á proximidade das chamas e o fume ás casas das parroquias de Vilanuiz, en Quiroga e de Seadur, en Larouco. Incluso o departamento autonómico de Medio Rural e do Mar, solicitarou reforzos á Unidade Militar de Urxencias (UME) para axudar a apagar as chamas.
Os maiores apuros vivíronse en Seadur, onde algúns veciños tiveron que ser desaloxados por precaución, pero xa volveron ás súas casas, onde tamén regresou o fluído eléctrico, que durante algún tempo estivo interrompido.

6 ago 2013

VECIÑOS DE QUIROGA PÚBLICO DESTA TARDE NO PROGRAMA DE TELECINCO SÁLVAME DIARIO


47 persoas de Quiroga sairon esta noite cara Madrid para participar na grabación do programa Sálvame Diario de Telecinco en Madrid.
 
Previa á grabación do programa os excursionistas tiñan programado facer un paseo turístico pola cidade de Madrid.
 
A partir das catro da tarde e ata as oito do serán, poderemos ver aos quirogueses formar parte do público do programa presentado por Paz Padilla, a pregoeira da Feira do Viño de Quiroga no ano 2011.
 
Esta viaxe, totalmente gratuita, foi posible grazas á amizade que ten Manuel Villanueva, director de contidos de Mediaset España, co noso concello, e especialmente co rexedor local.
 

HOXE COMEZA O TORNEO DE FÚTBOL SALA FESTAS DE VERÁN

Esta tarde comeza no pavillón municipal o Torneo de Fútbol Sala organizado pola área de deportes do concello con motivo das festas de verán, no que se inscribiron oito equipos.
 
O torneo desenvolverase dende as sete e media  ata as oito e media nas categorias inferiores e a partir das oito e media tocaralle o turno os equipos inscritos no torneo.
 
Hoxe o primeiro encontro serán entre o Chapakuña e o Escobar. Ás nove e media o Papuxas enfrontarase ao Arkine. Unha hora máis tarde farao o Inelma e o Ribeira e finalmente a Praza xogará contar o Ruxe.
 
O torneo prolongarase ata o venres cando a partir das seis e media da tarde se disputen as semifinais e as oito e media a gran final do torneo.