27 dic 2013

CONTINÚASE COS CAMPIONATOS DE NADAL NOS PUBS DA VILA

O Concello de Quiroga, dende a oficina de Xuventude organiza, como todos os anos, os Campionatos de Nadal nos pubs. Hoxe tócalle o turno ao campionato de tute no Pub Ruxe-Ruxe a partir das cinco da tarde e a partir da media noite ao campionato de futbolín no Disco-pub Yoya.

Mañá sábado o pub Tic Tac acolle un campionato de Ping-pong. O xoves día 2 o campionato será de Cricket no Pub Bunny Karaoke e o venres, día 3 o Chupitazo no Goya Music Bar. Todos estes campionatos terán lugar a partir das doce e media da noite.

          Como premios, os terceiros obterán unha cesta de nadal, os segundos un vale de 20€ para mercar na tenda Secinga Hogar, e os primeiros unha cea para dous no Bar “A Taberna”. Ademais, como novidade, este ano, os primeiros partiparán no sorteo dunha Smartbox, que se celebrará o sábado día 4 na Disco Lor.

A OBRA DE TEATRO AVÓS... NUNCA É TARDE REPRESÉNTASE HOXE NO AUDITORIO MUNICIPAL

A obra de teatro 'Avós, nunca é tarde', representarase ante o público de Quiroga esta tarde, a partir das sete, no Auditorio Municipal.

A obra, protagonizada por socios do centro social, trata da loita da filla dunha familia moi tradicional por conseguir que a vida no seu fogar sexa máis xusta e igualitaria.

          Esta obra forma parte do Plan Galego de Persoas Maiores 2010-2013 da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, programa pioneiro para que as persoas maiores sexan transmisoras dos valores da igualdade entre os seus netos e netas menores.


O programa consistiu na organización de obradoiros teatrais nos que se reflexiona sobre cuestións como a socialización diferencial por xénero, co obxetivo de utilizar o teatro como medio de intervención. O traballo deste obradoiro é o que poderemos ver hoxe no Auditorio Municipal.

19 dic 2013

COMEZAN AS ACTIVIDADES DE NADAL

 O concello de Quiroga comeza esta fin de semana coas súas actividades organizadas pra as Festas de Nadal. A primeira das actividades será unha videoconferencia con Papa Noel. A iniciativa parte da Rede de Centros para a modernización e a inclusión tecnolóxica, na que está incluído o noso municipio.
          O programa conectará a todos os nenos e nenas que o desexen con Papa Noel para facer as súas peticións, este venres, a partir das doce da mediodía no telecentro da Casa de Cultura.
          Tamén o venres, pero a media noite, comezan os campionatos de nadal nos pubs. O primiero deles será un campionato de fútbolín no pub Taj Mahal. Os premios serán o primeiro unha cea para duas persoas, o segundo, un vale de 20 € e o terceiro unha cesta de Nadal.
          O sábado, a partir das sete da tarde no Auditorio Municipal  o Concerto de Nadal coa  actuación  da Coral Polifónica de Quiroga , do Grupo de Danzas e da Banda de Gaitas “San Martiño” de Quiroga, Grupo de Danzas “Arume de Queiruga” e coa actuación Grupo de Alumnos que acoden ás clases de música organizadas polas  Áreas de Educación e Xuventude.
          No transcurso de este acto, entregaranse os premios do Concurso de Postais e  do IV Certame de Relato Curto organizados dende Áreas de Xuventude e Educación.
          O día 22, coa colaboración da Rede de Dinamización Lingüística terá lugar no Auditorio Municipal a representación de Títeres “O Crebanoces”. Trátase dun espectáculo para público familiar inspirado no conto de Hoffman.
          Os días 26 e 27 a área de educación oferta ludoteca de Nadal, para nenos e nenas de 3 a 12 anos en horario de once e media da mañá a unha e media.
          O día 27, o grupo de teatro do Centro Social de Quiroga, en colaboración coa área de Igualdade representará a obra de teatro “Avós…Nunca é Tarde”.
          A Programación de Nadal, que se prolongará ata o día 5 de xaneiro inclúe  un concerto didáctico de Zanfona a cargo de Víctor Soto o día 4 de xaneiro, a Cabalgata de Reis, o día 5 e un Campionato de Fútbol de Nadal. edia.
          O día 27, o grupo de teatro do Centro Social de Quiroga, en colaboración coa área de Igualdade representará a obra de teatro “Avós…Nunca é Tarde”.

          A Programación de Nadal, que se prolongará ata o día 5 de xaneiro inclúe  un concerto didáctico de Zanfona a cargo de Víctor Soto o díO concello de Quiroga comeza esta fin de semana coas súas actividades organizadas pra as Festas de Nadal. A primeira das actividades será unha videoconferencia con Papa Noel. A iniciativa parte da Rede de Centros para a modernización e a inclusión tecnolóxica, na que está incluído o noso municipio.
          O programa conectará a todos os nenos e nenas que o desexen con Papa Noel para facer as súas peticións, este venres, a partir das doce da mediodía no telecentro da Casa de Cultura.
          Tamén o venres, pero a media noite, comezan os campionatos de nadal nos pubs. O primiero deles será un campionato de fútbolín no pub Taj Mahal. Os premios serán o primeiro unha cea para duas persoas, o segundo, un vale de 20 € e o terceiro unha cesta de Nadal.
          O sábado, a partir das sete da tarde no Auditorio Municipal  o Concerto de Nadal coa  actuación  da Coral Polifónica de Quiroga , do Grupo de Danzas e da Banda de Gaitas “San Martiño” de Quiroga, Grupo de Danzas “Arume de Queiruga” e coa actuación Grupo de Alumnos que acoden ás clases de música organizadas polas  Áreas de Educación e Xuventude.
          No transcurso de este acto, entregaranse os premios do Concurso de Postais e  do IV Certame de Relato Curto organizados dende Áreas de Xuventude e Educación.
          O día 22, coa colaboración da Rede de Dinamización Lingüística terá lugar no Auditorio Municipal a representación de Títeres “O Crebanoces”. Trátase dun espectáculo para público familiar inspirado no conto de Hoffman.
          Os días 26 e 27 a área de educación oferta ludoteca de Nadal, para nenos e nenas de 3 a 12 anos en horario de once e media da mañá a unha e ma 4 de xaneiro, a Cabalgata de Reis, o día 5 e un Campionato de Fútbol de Nadal. 

9 dic 2013

OS QUIROGUESES XA PODEN ASINAR NO AUTOBÚS PARA APOIAR A CANDIDATURA DA RIBEIRA SACRA A PATRIMONIO DA HUMANIDADE


          O autobús da campaña de apoio da candidatura da Ribeira Sacra a ser Patrimonio da Humanidade chegou esta mañá a Quiroga. Ata o de agora o autobús leva recollidas peto de 6.000 firmas por todos os concellos que visitou dentro da provincia de Lugo.
O autobús permanecerá en Quiroga ata o mércores once de decembro, e estará situado na praza España, en horario das dez da mañá ata as duas e polas tarde de catro a seis, para que todos os veciños que o desexen poidan asinar no libro oficial da Unesco. O alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, era dos primeiros en facelo esta mesma mañá. Ademais de deixar a súa sinatura, todas as persoas que se acheguen ata o autobús, poderán atopar material promocional da campaña e información sobre a Ribeira Sacra.
       O autobús promocional, rotulado con imaxes da propia Ribeira Sacra, que forma parte da campaña da Deputación Provincial de Lugo para promocionar por toda España a candidatura de la Ribeira Sacra a Patrimonio de la Humanidad está realizando un periplo por toda Galicia e estará en diferentes localidades no que queda de ano para recoller firmas de apoio á candidatura, ademais de repartir material informativo e publicitario sobre esta zona, formada por 21 municipios, 13 de Lugo e 8 deOurense.
       Posteriormente, a partir de 2014, ese autobús promocional desprazarase a outras localidades de España para recompilar apoios á candidatura fóra de Galicia.

      Patrimonio da Humanidade ou Patrimonio Mundial é o título conferido pola Unesco a sitios específicos do planeta que foron nomeados e confirmado para a súa inclusión na lista mantida polo Programa Patrimonio da Humanidade. O obxectivo do programa é catalogar, preservar e dar a coñecer sitios de importancia cultural ou natural excepcional para a herdanza común da humanidade. Baixo certas condicións, os sitios mencionados poden obter financiamento para a súa conservación do Fondo para a conservación do Patrimonio da Humanidade. No ano 2013, o catálogo consta de 981 sitios, dos cales 759 son culturais, 193 naturais e 29 mixtos, distribuídos en 160 países. Italia ten o maior número de sitios (49) catalogados como "Patrimonio da Humanidade" seguida de España, China, Alemaña, Francia, e México. 

6 dic 2013

O AUTOBÚS DE APOIO Á RIBEIRA SACRA ESTARÁ A PARTIR DO LUNS EN QUIROGA

          O autobús da campaña de apoio da candidatura da Ribeira Sacra a ser Patrimonio da Humanidade chegará a Quiroga o vindeiro luns, día 9. Ata o de agora o autobús leva recollidas 5.000 firmas por todos os concellos que visitou dentro da provincia de Lugo.
          O autobús permanecerá en Quiroga ata o mércores once de decembro, e estará situado na praza España, para que todos os veciños que o desexen poidan asinar no libro oficial da Unesco. Ademais de deixar a súa sinatura, poderán atopar material promocional da campaña e información sobre a Ribeira Sacra.
          O autobús promocional, rotulado con imaxes da propia Ribeira Sacra, que forma parte da campaña da Deputación Provincial de Lugo para promocionar por toda España a candidatura de la Ribeira Sacra a Patrimonio de la Humanidad está realizando un periplo por toda Galicia e estará en diferentes localidades no que queda de ano para recoller firmas de apoio á candidatura, ademais de repartir material informativo e publicitario sobre esta zona, formada por 21 municipios, 13 de Lugo e 8 deOurense.

          Posteriormente, a partir de 2014, ese autobús promocional desprazarase a outras localidades de España para recompilar apoios á candidatura fóra de Galicia.

5 dic 2013

A MOSTRA DO ACEITE TRASLADARASE AO MES DE MAIO

      Hoxe  tivo lugar no Concello  a primeira reunión da Comisión Organizadora da  Mostra do Aceite, presidida polo Alcalde e coa asistencia dos colleiteiros e persoal da organización.

      Despois  de avaliar a pasada edición para mellorar  naqueles aspectos  que se poida,  e como cabe esperar, facer que esta XIV MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA, recoñecida este ano como Festa de Interese Turístico de Galcia supere a tódalas anteriores. Os temas  tratados nesta primeira reunión foron os seguintes:

Escoller a data de celebración do evento que sufrirá un atraso no tempo pasando a celebrarse  no mes de maio, posiblemente o  día 18. Este atraso responde as seguintes razóns:
-Mellora na presentación do produto por estar máis decantado e clarificado.
-Mellora nas condicións meteorolóxicas, por ser esta mostra ao aire libre nun entorno privilexiado, permitirán aos asistentes disfrutar máis do evento e do entorno.
-Necesidade de establecer unha data fixa para este xa consolidado evento.

         Outro dos temas tratados foi a creación dun Comité de Cata integrado por persoas do municipio para a realización da mesma o día da mostra.

       As condicións de partición para as persoas interesadas en acudir a  mostra co produto son as  mesmas que en anos anteriores.
- A cantidade mínima que ten que posuír cada colleiteiro que desexe participar no certame  debe superar os 200 litros.
- Os participantes na mostra deben  aboar   100,00€  a hora de realizar a súa inscrición.




O CONCELLO ULTIMA AS ACTIVIDADES PARA O NADAL

      Dentro da ampla oferta cultural do Concello de Quiroga para as  Festas de Nadal, o día 20 ás 12:30h. terá lugar no Telecentro  unha videoconferencia con Papá Nöel a que poden acudir todos os nenos e nenas que o desexen para facer as súas peticións.
       Xa o sábado día 21 a partir das 19:00h. terá lugar no Auditorio Municipal  o Concerto de Nadal coa  actuación  da Coral Polifónica de Quiroga , do Grupo de Danzas e da Banda de Gaitas “San Martiño” de Quiroga, Grupo de Danzas “Arume de Queiruga” e coa actuación Grupo de Alumnos que acoden ás clases de música organizadas polas  Áreas de Educación e Xuventude.
    No transcurso de este acto, entregaranse os premios do Concurso de Postais e  do IV Certame de Relato Curto organizados dende Áreas de Xuventude e Educación.
      O día 22, coa colaboración da Rede de Dinamización Lingüística terá lugar no Auditorio Municipal a representación de Títeres “ O Crebanoces”
       O día 27, o grupo de teatro do Centro Social de Quiroga, en colaboración coa área de Igualdade representará a obra de teatro “Avós…Nunca é Tarde”.

      A Programación de Nadal, que se prolongará ata o día 5 de xaneiro inclúe  numerosos actos para tódolos públicos. Cabe salientar o concerto didáctico de Zanfona a cargo de Víctor Soto o día 4 de xaneiro, a Cabalgata de Reis, a ludoteca de Nadal, Campionato de Fútbol de Nadal, obradoiros e campionatos nos pubs da vila. 

2 dic 2013

O CONCELLO VAI POÑER EN MARCHA ESTA SEMANA AS CENTRAIS FOTOVOLTAICAS DOS EDIFICIOS PÚBLICOS

O concello de Quiroga vai poñer en marcha, ao longo desta semana as novas instacións de centrais fotovoltaicas colocadas en distintos edificios públicos.

          Colocáronse pequenas centrais fotovoltaicas de produción de enerxía eléctrica, de 10 kilowatios de potencia nominal, nas cubertas do Auditorio Municipal, da Casa da Cultura, do CEIP de Quiroga e do Pavillón Polideportivo Municipal.

Asemade tamén se realizou a instalación de pequenas centrais fotovoltaicas de produción de enerxía eléctrica, de 10 kilowatios de potencia nominal, na Escola Infantil Galiña Azul, que compartirá cos garaxes da Praza España; na depuradora municipal, que compartirá coas Piscinas Municipais e o Campo de Fútbol; e na Estación de Tratamento de Auga potable.

          A instalación destas centrais suporá para o concello de Quiroga unha fonte de aforro enerxético de 20.000 euros ao ano e consecuentemente a redución dos custes correspondentes.

          O  funcionamento das centrais é na modalidade de autoconsumo. Isto supón que a produción da planta destinarase a abastecer o consumo enerxético do inmoble. Nos momentos nos que no inmoble non haxa demanda, o excedente verterase a rede. Polo contrario, cando a produción da planta fotovoltaica sexa nula ou simplemente non sexa suficiente como para abastecer a demanda, tomarase a enerxía da rede de distribución do mesmo xeito que se fai na actualidade. Os sistemas fotovoltaicos transforman a enerxía solar incidente en enerxía eléctrica.