2 dic 2013

O CONCELLO VAI POÑER EN MARCHA ESTA SEMANA AS CENTRAIS FOTOVOLTAICAS DOS EDIFICIOS PÚBLICOS

O concello de Quiroga vai poñer en marcha, ao longo desta semana as novas instacións de centrais fotovoltaicas colocadas en distintos edificios públicos.

          Colocáronse pequenas centrais fotovoltaicas de produción de enerxía eléctrica, de 10 kilowatios de potencia nominal, nas cubertas do Auditorio Municipal, da Casa da Cultura, do CEIP de Quiroga e do Pavillón Polideportivo Municipal.

Asemade tamén se realizou a instalación de pequenas centrais fotovoltaicas de produción de enerxía eléctrica, de 10 kilowatios de potencia nominal, na Escola Infantil Galiña Azul, que compartirá cos garaxes da Praza España; na depuradora municipal, que compartirá coas Piscinas Municipais e o Campo de Fútbol; e na Estación de Tratamento de Auga potable.

          A instalación destas centrais suporá para o concello de Quiroga unha fonte de aforro enerxético de 20.000 euros ao ano e consecuentemente a redución dos custes correspondentes.

          O  funcionamento das centrais é na modalidade de autoconsumo. Isto supón que a produción da planta destinarase a abastecer o consumo enerxético do inmoble. Nos momentos nos que no inmoble non haxa demanda, o excedente verterase a rede. Polo contrario, cando a produción da planta fotovoltaica sexa nula ou simplemente non sexa suficiente como para abastecer a demanda, tomarase a enerxía da rede de distribución do mesmo xeito que se fai na actualidade. Os sistemas fotovoltaicos transforman a enerxía solar incidente en enerxía eléctrica. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario