30 abr 2015

MUSEOS ETNOGRÁFICO E XEOLÓXICO DE QUIROGA


O 16 DE MAIO CELÉBRASE A XV MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA

A Décimo quinta edición da Mostra do Aceite, xa recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia, terá lugar o sábado día 16 de maio. A comisión organizadora decidiu no seu momento este atraso na data para tentar acadar unha mellora nas condicións climatolóxicas e na presentación do producto por estar máis decantado e clarificado.
Os actos comezarán xa o domingo día 10, á mediodía, cando se catarán na sala de catas do museo Etnográfico, os aceites inscritos para esta edición.
O sábado día 16, no lugar das Farrapas, a partir das once e media da maña poñerase en funcionamento o Muiño de Bendilló, para comezar coa demostración e elaboración tradicional do aceite.
Ás doce da mediodía cataranse os seis aceites participantes na mostra no interior da capela das Farrapas.
A unha e cuarto, actuacións de danza e música tradicional galega a cargo das agrupacións locias: Grupo de danzas San Martiño, Grupo de Gaitas O Recanto e a banda de gaitas San Martiño.

Durante toda a xornada no recinto feiral estarán a venda aceite e productos típicos. 

PUBLICADAS NO BOP AS CANDIDATURAS PARA AS ELECCIÓN MUNICIPAIS

 O Boletín  Oficial da Provincia publicou o martes as candidaturas para as eleccións muncipais do  24 de maio.
En Quiroga son tres as candidaturas presentadas: PP, BNG e PSOE. Soamente o cabeza de lista do Partido Popular, Julio Alvarez, actual alcalde, é o que repite como cabeza de lista, os outros dous encabezan unha lista por primeira vez. Trátase de Ampara Montenegro polo BNG e Vicente Parra polo PSOE.
Candidatura núm.: 1. PARTIDO POPULAR (PP)
1. JULIO ALVAREZ NUÑEZ
2. ANA MARIA NUÑEZ GARCIA
3. ANDRES NOVOA ARZA
4. ROSA MARIA ARZA RODRIGUEZ
5. JOSE LUIS RIVERA CASTRO
6. MARIA DOLORES SANCHEZ DURAN
 7. JOSE ENRIQUEZ ALVAREZ
8. JOSE ANGEL RODRIGUEZ RAPOSO
9. MANUEL MONDELO RODRIGUEZ
10. PILAR DIEGUEZ GONZALEZ
11. LUISA MILLAN SANCHEZ
Suplentes 1. JOSE FERNANDEZ ALVAREZ
                2. PABLO DOMINGO GONZALEZ GOMEZ
                 3. DIEGO ONTIVEROS VELASQUEZ
                 4. MONICA CAMPINS COBO
             5. GLORIA GONZALEZ LOPEZ

Candidatura núm.: 2. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO-ASEMBLEAS ABERTAS (B.N.G.)
1. AMPARO MONTENEGRO DÍAZ (Independiente)
2. ANGEL RODRÍGUEZ LOSADA
3. XAVIER CASTRO MARTÍNEZ
4. MARÍA LUISA GONZÁLEZ MACÍA (Independiente)
5. JOSÉ LUIS LÓPEZ BLANCO
6. MANUEL GARRIDO FERNÁNDEZ
7. LUCÍA GONZÁLEZ MORILLO
8. XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ MONTES
9. MARÍA LUISA DÍAZ CASTRO (Independiente)
10. MARÍA EDUVIGIS FERREIRO FOLLA
11. JOSÉ ESTÉVEZ RODRÍGUEZ
Suplentes 1. MARÍA CARMEN SANTOS RIVERA
                 2. IRIA RODRÍGUEZ MACÍA (Independiente)
                 3. JESÚS LÓPEZ RODRÍGUEZ
Candidatura núm.: 3. PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA -PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL (PSdeG-PSOE.)
1. VICENTE PARRA VIZCAINO
2. MAXIMINA CANSECO PRIETO
3. OLGA AIRA OLMO
4. ANTONIO MARCOS PRIETO
 5. HERMITAS GARCÍA QUIROGA
 6. MARÍA JOSEFA MACIA PRIETO
7. JOSÉ LUIS MARCOS MACIA
8. MARÍA SOLEDAD LOLO LÓPEZ
9. MANUEL MARTÍNEZ LOSADA
10. DANIEL RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
11.VICENTE ÁLVAREZ DÍAZ
Unha vez con todas as candidaturas xa resoltas, o 8 de maio iniciaranse as campañas electorais que durarán ata dous días antes dos comicios.
O último día para solicitar o voto por correo será o 14 de maio.




16 abr 2015

AS RUTAS DO FERRADAL E DA LAGOA DA LUCENZA A PIQUES DE SER HOMOLOGADAS POLA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO

A Federación Galega de Montañismo está a piques de homologar duas rutas de Quiroga, unha é a do Camiño do Ferradal entre Rugando e o Soldón, que estreou estes día unha nova ponte, a ponte do Frade. E a outra é unha clásica que non se poden perder os amantes da natureza, a da Logoa da Lucenza na Seara. Xa está todo listo para o recoñecemento como percorrido homologado destas duas rutas.
        O "camiño ferradal" ou da "caleira"  é unha das rutas máis espectaculares que se poden facer nesta zona e a súa combinación co "camiño do Carroceiro" entre Rugando e o Mazo, pasando por Vilarmel e Outeiro, completa un fermoso desafío para os amantes dos sendeiros por montaña. 
Dentro de pouco o "camiño ferradal" será unha ruta homologada pola Federación Galega de Montañismo, nestes momentos estase procedendo á tramitación deste recoñecemento.
O Camiño Ferradal ou da Caleira desenvólvese de xeito íntegro nas parroquias de Bendollo, Paradaseca e Vilarmel no Concello de Quiroga. Une os lugares de Rugando, Paradapiñol, Paradaseca e Ponte Soldón cun percorrido de 11 km.
O percorrido proposto arranca dende a ferrería de Rugando, hoxe casa de turismo rural: atravesamos o río pola ponte que une este lugar con Vilarmel e Cereixido, na marxe esquerda do río Soldón, o camiño faise máis estreito e quebrado na baixada ao río onde aínda se poden ver os restos dunha ponte que permitiría acceder a Paradapiñol. Neste treito o sendeiro vai cerca do río para ir gañando altura progresivamente ata separarse do camiño vello que subía cara a Cereixido. A partir deste cruzamento o sendeiro vai máis ou menos ao chan ata chegar a unirse co Camiño Ferradal.
Unha vez superado o cruzamento da ponte de Paradapiñol, o camiño ascende con suavidade cara ao lugar do Castro para descender tamén con suavidade ata unha ponte de madeira que atravesa o regato do Barreiro procedente de Cereixido. Baixo a ponte e nun lugar de gran beleza atopamos un muíño fariñeiro que segundo contan nunca chegou a funcionar. Dende o rego de Cereixido o sendeiro empeza a gañar novamente altura bruscamente ao primeiro e logo de xeito doado, pasando ao carón dun curioso abrigo rochoso probablemente empregado antano polos pastores. Pronto nos atopamos co rego de Rocaboa que baixa bruscamente do chan de Fiais en abruptas fervenzas.
Atravésase novamente por una ponte de madeira para ir gañando altura ata saír do rego e circular a media ladeira polo val do río Soldón. Neste val o camiño descende paseniño ata cruzar o Soldón na espectacular ponte do Frade, recen construída; xa na beira dereita a ruta percorre un treito rodeado de sequeiros e alvarizas que nos conduce ata o lugar de Pena Furada, túnel escavado polo romanos para conducir auga a varias minas auríferas.
A partir de aquí o sendeiro diríxese cara a Paradaseca para chegar á Ponte Soldón despois de pasar pola paraxe que ocupa a cova de Ricopete, que foi mina romana.
A pouco que un penetre neste camiño, percibe que se atopa ante algo máis que unha vía de comunicación abandonada: estamos ante un claro exemplo de adaptación ao medio, ante un elemento etnográfico en si.
Colgado nun terreo de pronunciada pendente, a súa caixa foi picada, ás veces, directamente na rocha natural, na lousa, alcanzando en ocasións unha altura superior aos 2,5 m polo lado do monte. Pola contra, cara á caída do val, nas numerosas ocasións en que a morfoloxía do terreo ou a cota o esixe, aséntase sobre un muro de laxes de lousas horizontais (laxes sacadas da construción da caixa do propio camiño), encargado de soportar o entullo que nestes tramos formaría toda ou parte da súa capa de rodadura.
      Comúns á meirande parte dos camiños tradicionais asentados sobre o substrato rochoso natural, as rodadas esculpidas no chan dos típicos carros de bois do país están tamén aquí presentes como proba dun continuado uso desta vía no tempo, probablemente para o transporte do ferro producido na ferrería de Rugando e do cal cocido nos fornos da zona.
         
          Entre a aldea da Seara e a lagoa de orixe glaciar da Lucenza, esténdese unha das rutas de sendeirismo máis destacadas da serra do Caurel.

         A 200 metros do inicio desta ruta, está O Fócaro, unhas das fervenzas máis espectaculares da serra do Caurel, cuns 30 metros de altura e cun caudal bastante estable durante todo o ano. Despois cruza o regato que baixa da Lucenza e Porto Murelos polo pontón da Lomeira.
          Dende este punto é posible contemplar un dos maiores saltos de auga da serra: a fervenza de Navaregas de preto de 70 metros. Continuando chegase ata o pequeno regato do Lago e subimos outros 30 m ata a cunca onde se atopa a lagoa. Ten uns 70 m de diámetro e pode chegar a secarse a finais dos veráns máis secos. É de orixe glaciar e a súa antigüidade remóntase ao Plistoceno Superior, hai máis de 16 000 anos. O percorrido ata este punto é de 2,8 quilómetros.
          O sendeiro ascende ata a Campa da Lucenza e despois chega ata o Teso das Papoulas. A continuación, ata o lugar da Boca da Rogueira. A partir de aquí vai máis ao chan para bordear o monte Formigueiros A pista chega a un lugar polo que descendemos lixeiramente chamado Campa da Retorta. A partir de aquí xa se poden ver as veneiras: lugares onde se extraía o mineral de ferro a ceo aberto. Situadas á altura dunha zona achaiada, esténdense por ambas as ladeiras da montaña. Nesta zona, preto do lugar dos Castros, existen dúas explotacións mineiras auríferas soterradas, coñecidas polas xentes do lugar como cova de Arcos e cova de Augas.
     Trátase dunha ruta circular que remata despois de preto de 12 km novamente no lugar da Seara.

10 abr 2015

97 KM SERÁ O RECORRIDO DA I MARCHA CICLOTURISTA RED BOI

O departamento de deportes do concello organizou a I Marcha Cicloturista Red  Boi, para o domingo día 19 de abril.
A sída está prevista para as nove da mañá dende diante da casa consistorial. Os participantes farán un recorrido de 97 km. Tras a saída dirixiranse pola rúa Real ata o Paseo Fluvial, para cruzar novamente a rúa Real en dirección a estrada do Caurel, pasando pola Hermida, Campodola, O alto do Boi, Folgoso, Seoane, A Seara Outeiro, Fisteus, A Ribeira, Os Novaes e San Clodio para rematar novamente no punto de saída.
          A marcha está aberta a todo ciclista mior de 16 anos en posesión de licenza federativa en vigor. O importe da inscripción será de 5 euros para os federados e de 17 para os de licenza dun dia.
          É obrigatorio o uso do casco protector.
        As inscripciones realizaránse na página web www.championchipnorte.com, antes do 16 de Abril
     Durante o recorrido estarán instalados 2 puntos de avituallamento. Á finalización da Marcha servirase unha comida a todos os participantes, que tamén recibirán unha camiseta como recordo da proba.

          Ademais de para os gañadores, haberá trofeos para o club máis numeroso, para o participante máis novo e para o máis veterán, tanto de xénero masculino como feminino.

8 abr 2015

ROCÍO CARRASCO LEVA O NOME DE QUIROGA A PRENSA DO CORAZÓN E AS CADEAS DE TV NACIONAIS

Rocío Carrasco, pregoeira desta edición da Feira do Viño, deu un paso máis alá do que se chegara ata o de agora en canto a publicidade; acadou o que non acadara ata o de agora ningún pregoeiro e pregoeira, levar o nome de Quiroga a numerosas televisións nacionais e prensa do corazón. Sen esquencernos da prensa diaria como a Voz de Galicia, el Progreso ou O Sil.
Fotos da Feira do Viño de Quiroga podémolas atopar nas edicións dixitais de revistas como Lecturas, que titula a súa reportaxe Rocío Carrasco, pregonera en Lugo, no seu primeiro acto público desde o 2006, cando faleceu a súa nai. Continúa falando sobre que Rocío Carrasco pode engadir unha cousa máis ae seu curriculum: pregoeira, do que se estreou o pasado sábado na Feira do Viño de Quiroga.
A revista Hola fala da reaparicion de Rocío Carrasco  para converterse na pregoeira de honra das festas do Viño da localidade lucense de Quiroga.
Love, tamén titula a súa foto como Rocío Carrasco pregonera en Galicia, onde se estreou dando un pregón durante a Feira do Viño de Quiroga.
Corazón Tv presenta a pregoeira baixo o título de Rocío Carrasco, pregoeira da feira Do Viño de Quiroga.
E tamén a revista 10 Minutos, recolle varias fotos baixo o título de Rocío Carrasco estrease como pregoeira.
En canto ás cadeas de tv nacionais. Poidemos ver Quiroga e a nosa Feira do Viño, na televisión española, no programa Corazón Corazón, presentado por Anne Igartiburu.
E por suposto tele5 fixose eco desta noticia. O feito de que os pregoeiros dos últimos anos teñan relación con MediaSet España, ten moito que ver coa amistade que une o seu Director xeral de contidos, Manuel Villanueva, con Quiroga.
O programa Sálvame diario, no que presentan e colaboran protagonistas de anteriores edicións da nosa Feira, recolleu o luns a noticia de Rocío Carrasco na nosa Feira do Viño. Máis dun minuto no que Quiroga foi protagonista nun programa de grande popularidade e nunha hora de máxima audienciada onde toda España puido ver a nosa feira. Video que ten colagado o programa Sálvame na súa páxina Web. Tamén o programa Cazamariposas de Divinity ten previsto recorrer hoxe a noticia.

MAÑÁ ABRESE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA

            A Comisión Organizadora da  Mostra do Aceite, reuniuse onte na casa consistorial. Tras fixar a data para a súa celebración en anteriores xuntanzas, o 16 de maio; onte comezouse a últimar o programa así como a cata previa dos aceites participantes.
Ademáis destes temas a xuntanza centrouse nas condicións que deberán cumprir os aceites participantes e fixouse a data para realizar as inscripcións. Así, os olivareiros que queiran participar deberán de incribirse dende mañá xoves ata o día 14.
As condicións para poder participar, tendo en conta, que a número de colleiteiros será limitado a 6, son:
- Ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite.
- Aboar 100 € de inscrición, ou ben facilitar a cantidade equivalente en aceite.
- E presentar unha mostra de 1 litro en envase de cristal para a análise correspondente.
A Comisión Organizadora recollerá mostras ao azar para a súa cata o mesmo día da Mostra.
A selección dos participantes farase tendo en conta o orde de incrición nas oficinas municipais por rexistro de entrada e o resultado aceptable da análise químio e organoléptico que determinará o laboratorio especializado que se dispoña.

NOVO ÉXITO DA FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

Quiroga acolleu a fin de semana a súa Feira do Viño, nunha fin de semana na que as altas temperaturas propiciaron que centos de persoas acudisen a este evento, referente xa da semana Santa entre todas as citas gastronómicas da comunidade autónoma. Un ano máis os colleiteiros participantes amosaban a súa satisfación polas ventas acadadas, sobor de todo na xornada do sábado; que incluso antes de inaugurarse o recinto feiral, as casetas xa estaban abarrotadas de xente.
          Dez colleiteiros participaron na XXXIII Feira do Viño de Quiroga. Os viños de todos eles pasaron unha análise organoléctica nun laboratorio especializado e tamén a cata realizada polos membros da Confraría do viño de Quiroga.     
          Seguindo a tradición, cada ano nun tramo da rúa Real, nesta edición o recinto feiral situabase na parte de arriba da rúa, á altura da casa consistorial.
          O encargado de inaugurar o feira deste ano, foi Severino Monteserín, secretario Xeral de Agader, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O acto de inauguración tiña lugar ás seis e cuarto da tarde, pero anteriormente os grupos Os do Recanto e a Banda de Gaitas San Martiño, xa facían un pasarrúas polo recinto feiral, anunciando o inicio da festa do viño.
          Ás seis e media as actuacións trasladábanse ata o Auditorio Municipal, onde actuaban as distintas agrupacións locais: a Coral Polifónica de Quiroga, foi a primeira en abrir o espectáculo.
          Tamén se facía entrega dos premios do certame Cartas de Amor Vila de Quiroga, para esta entrega xa se contaba coa pregoeira desta edición que foi recibida nese momento cun ramo de flores.
A banda de gaitas San Martiño e os grupos de danzas San Martiño e Arume da Queiruga, serían os que completarían os actos desenvolvidos no Auditorio Municipal.
 Ás oito e media do serán, xa no palco, tiña lugar o momento máis multitudinario da feira, o pregón. Nesta edición a pregoeira da feira do viño de Quiroga foi Rocío Carrasco, coñecida dende sempre por ser filla da cantante Rocío Jurado. Rocío Carrasco, que era recibida con música da súa nai, comezaba o seu discurso confesando que este era o primeiro pregón que pronunciaba, pero non por eso deixou de estar á altura do que os espectadores agardaban, e tamén eloxiou os nosos caldos e tamén Quiroga e toda a Ribeira Sacra.
A popularidade da filla da cantante Rocío Jurado e do boxeador Pedro Carrasco, suxiu das súas frecuentes apracións na prensa rosa española e dos seus ocasionais desfiles como modelo. Despois empezou a súa carreira televisiva como copresentadora do programa de Telecinco "Cita con Apeles". De aí pasou a ser colaboradora no programa matinal de María Teresa Campos, "Día a día" (1997-2005).
          Na actualidade presta a súa imaxe a algunhas firmas comerciais e presentou un programa en Canle Sur chamada "Nacidas para cantar" xunto con María Teresa Campos. Dende xullo de 2014 e ata febreiro deste ano foi a presentadora do programa "Hable con elas" de Telecinco.
          Tras o pregón facíase entrega do premio do concurso de camisetas, para o que os participantes tiñan que subir ao palco para que fora a propia pregoeira a que decidira quen se merecía os 100 € de premio.
          O grupo Mosaico era o encargado da animación nocturna.
          O domingo, a charanga Madialeva animaba o recinto feiral durante toda a xornada. A partir das doce e media da mediodía, na casa consistorial, onde se recibían as autoridades invitadas á Feira, entre as que se atopaba o conselleiro de Industria, Francisco Conde, facíaselle a entrega de medallas aos colleiteiros participantes.
          Todos estes actos foron os que acompañen a unha feira que ano tras ano recibe a centos de visitantes para disfrutar de Quiroga, pero sobre todo do producto estrela, o viño. No que unha edición máis os colleiteiros amosaron a súa satisfacción polas vendas acadadas.
          Tamén o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, se amosou máis que satisfeito co exito acadado na XXXIII Feira do Viño de Quiroga.

1 abr 2015

A COMISIÓN ORGANIZADORA DEIXA TODO LISTO PARA A FEIRA DO VIÑO

Celebrouse a derradeira reuniron na casa consistorial dos encargados de organizar a Feira do Viño de Quiroga.
          Dez colleiteiros inscribíronse para participar na XXXIII Feira do Viño de Quiroga, que terá lugar os días 4 e 5 de abril. Os viños de todos eles pasaron unha primeira análise organoléctica nun laboratorio e tamén a cata realizada polos membros da Confraría do viño de Quiroga. 
          Seguindo a tradición, cada ano nun tramo da rúa Real, nesta edición o recinto feiral situarase na parte de arriba da rúa, á altura da casa consistorial. As condicións meteorolóxicas serán as que decidan se se precisa instalar carpa no recinto feiral como xa foi preciso facer en anos anteriores.
          Nesta xuntanza tamén se falou das actividades previas á feira, como o concurso de tapas que se desenvolverá ata o 3 de abril. A carreira popular o venres día 3 de abril, así como a actuación dos grupos que ían participar na festa da xuventude no verán, e que por mor da choiva se tivera que suspender. As actuacións musicais dos grupos David Prado e Bella Dona Band e + Iva, terá lugar a partir das doce e media da noite na zona dos pubs.
          O encargado de inaugurar o feira deste ano, será Severino Monteserín, secretario Xeral de Agader, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O acto de inauguración terá lugar ás seis e cuarto da tarde, pero anteriormente os grupo Os do Recanto e a Banda de Gaitas San Martiño, xa farán un pasarrúas polo recinto feiral.
          Ás seis e media as actuacións trasladaranse ata o Auditorio Municipal, onde actuarán a Coral Polifónica de Quiroga, a banda de gaitas San Martiño e os grupos de danzas San Martiño e Arume da Queiruga. Tamén se fará entrega dos premios do certame Cartas de Amor Vila de Quiroga.
        Ás oito e media do serán, xa no palco, terá lugar o momento máis multitudinario da feira que é o pregón. Nesta edición a pregoeira da feira do viño de Quiroga será Rocío Carrasco, coñecida dende sempre por ser filla da cantante Rocío Jurado.
          Tras o pregón farase entrega do premio do concurso de camisetas, para o que os participantes terán que subir ao palco para que sexa a propia pregoeira a que decida quen se merece os 100 € de premio.
          O grupo Mosaico será o encargado da animación nocturna.
          O domingo, a partir das doce e media da mediodía, na casa consistorial, faráselle a entrega de medallas aos colleiteiros participantes. A charanga Madialeva animará o recinto feiral durante toda a xornada.

          Todos estes actos serán os que acompañen a unha feira que ano tras ano recibe a centos de visitantes para disfrutar de Quiroga, pero sobre todo do producto estrela, o viño.