1 abr 2015

A COMISIÓN ORGANIZADORA DEIXA TODO LISTO PARA A FEIRA DO VIÑO

Celebrouse a derradeira reuniron na casa consistorial dos encargados de organizar a Feira do Viño de Quiroga.
          Dez colleiteiros inscribíronse para participar na XXXIII Feira do Viño de Quiroga, que terá lugar os días 4 e 5 de abril. Os viños de todos eles pasaron unha primeira análise organoléctica nun laboratorio e tamén a cata realizada polos membros da Confraría do viño de Quiroga. 
          Seguindo a tradición, cada ano nun tramo da rúa Real, nesta edición o recinto feiral situarase na parte de arriba da rúa, á altura da casa consistorial. As condicións meteorolóxicas serán as que decidan se se precisa instalar carpa no recinto feiral como xa foi preciso facer en anos anteriores.
          Nesta xuntanza tamén se falou das actividades previas á feira, como o concurso de tapas que se desenvolverá ata o 3 de abril. A carreira popular o venres día 3 de abril, así como a actuación dos grupos que ían participar na festa da xuventude no verán, e que por mor da choiva se tivera que suspender. As actuacións musicais dos grupos David Prado e Bella Dona Band e + Iva, terá lugar a partir das doce e media da noite na zona dos pubs.
          O encargado de inaugurar o feira deste ano, será Severino Monteserín, secretario Xeral de Agader, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O acto de inauguración terá lugar ás seis e cuarto da tarde, pero anteriormente os grupo Os do Recanto e a Banda de Gaitas San Martiño, xa farán un pasarrúas polo recinto feiral.
          Ás seis e media as actuacións trasladaranse ata o Auditorio Municipal, onde actuarán a Coral Polifónica de Quiroga, a banda de gaitas San Martiño e os grupos de danzas San Martiño e Arume da Queiruga. Tamén se fará entrega dos premios do certame Cartas de Amor Vila de Quiroga.
        Ás oito e media do serán, xa no palco, terá lugar o momento máis multitudinario da feira que é o pregón. Nesta edición a pregoeira da feira do viño de Quiroga será Rocío Carrasco, coñecida dende sempre por ser filla da cantante Rocío Jurado.
          Tras o pregón farase entrega do premio do concurso de camisetas, para o que os participantes terán que subir ao palco para que sexa a propia pregoeira a que decida quen se merece os 100 € de premio.
          O grupo Mosaico será o encargado da animación nocturna.
          O domingo, a partir das doce e media da mediodía, na casa consistorial, faráselle a entrega de medallas aos colleiteiros participantes. A charanga Madialeva animará o recinto feiral durante toda a xornada.

          Todos estes actos serán os que acompañen a unha feira que ano tras ano recibe a centos de visitantes para disfrutar de Quiroga, pero sobre todo do producto estrela, o viño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario