29 oct 2013

CÓCTEL DE SANGUE E MERENDA DE MEDO PARA CELEBRAR O SAMAÍN

        A área de educación do concello organizou para este xoves unha festa de Halloween ou Samaín, a partir das cinco da tarde na Casa da Cultura para todos os rapaces e rapazas.
Os rapaces que acudan a festa serán recibidos cun coctel de sangue e posarán nun Photocall. Despois poderán disfrutar dunha merenda de medo.

E tras a merenda xogos, coa busca do tersouro perdido na casa da cultura, piñatas e pintura de cara.

21 oct 2013

A CASA DA CULTURA ACOLLE MAÑÁ UNHA CHARLA SOBRE O ALZHEIMER

          O concello de Quiroga, a través do departamento de servizos sociais, porá en marcha un programa de actividades  destinado á estimulación cognitiva, psicomotriz e  da memoria  en persoas maiores que sofren deterioro cognitivo.   

Este programa consta de  dous  obradoiros  diferentes,  pero relacionados entre si, que terán como obxectivo  a prevención e mellora  de enfermidades cerebrais, especialmente a enfermidade de alzheimer e as caracterizadas pola perda aillada e obxectiva da memoria, preténdese desenvolver as capacidades cognitivas, de psicomotricidade e memoria nas persoas que sofren deterioro nestes aspectos.

O punto de partida  destas actividades  será unha charla que terá lugar mañá pola tarde, a partir das seis, na casa da cultura. A charla baixo o título: “alzheimer, que podemos facer entre todos”, está organizada polo departamento de servizos sociais do concello en colaboración coa  asociación de familiares e enfermos de alzheimer e outras demencias (Afamon). Os encargados de impartila serán o traballador social e a psicóloga desta asociación que darán pautas básicas sobre esta enfermidade.


A charla está aberta a todas as persoas interesadas.

18 oct 2013

A CASA CONSISTORIAL CONTA CUNHA CONEXIÓN WIFI GRATUITA

        A Deputación de Lugo puxo en marcha en Quiroga a conexión wifi gratuita instalada no concello. Esta iniciativa forma parte do plan Innova-te, que inclúe a posta en mrcha destas redes abertas e tamén un servizo de asesoramento tecnolóxico para os funcionarios municipais.


A conexión inclúe tres puntos wifi, dous no interior da casa consistorial e outro no exterior do edificio. Estes puntos de conexión contarán cunha velocidade de 256 kilobaits por segundo, o máximo legal permitido para estes servizos prestados por administracións públicas. Deste xeito, os veciños dispoñerán de acceso a Internet libre e gratuito dende calquera dispositivo móbil: ben un ordenador portátil, PDA ou teléfono,  a espazos web coma páxinas institucionais, redes sociais ou correos webmail.

16 oct 2013

CAMIÑATA EN SOLIDARIDADE CO DIA INTERNACIONAL DO CANCRO DE MAMA

            O Centro de Información á Muller do concello, dependente da área de Igualdade e Benestar, ten organizada a camiñata que realiza todos os anos con motivo da conmemoración do día Internacional do Cancro de Mama.

A camiñata está prevista para este venres, 18 de outubro. Como todos os anos, os participantes partirán ás cinco e media da tarde dende as inmediacións do Auditorio Municipal e dirixiranse polas Barrancas ata o paseo fluvial, onde recorrerán o seu quilómetro de extensión.

          Todas as persoas que queiran solidarizarse coas persoas que padecen esta enfermidade, soamente teñen que acudir á hora prevista ao lugar de saída.


10 oct 2013

CHARLA SOBRE AS AXUDAS PARA A PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS DE FROITO

         A Casa de Cultura acollerá esta tarde unha charla informativa sobre as axudas que concede a Xunta de Galicia para a plantación de castiñeiros para froito.
A charla estará impartida por un técnico da Xunta de Galicia, e comezará ás seis e media da tarde.
     Serán subvencionables os gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais, a prima de mantemento e as infraestruturas de acompañamento ou obras complementarias das novas forestacións (peche, apertura e arranxo de pista forestal).

       Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) do 75%.                                         

3 oct 2013

AVENTURA E MAXIA ESTE SÁBADO NA CASA DA CULTURA

        A Casa de Cultura acolle este sábado, a partir das sete, o espectáculo de Chrystyan Magic, "Na senda da serpe alada", unha historia de aventura, fantasía e valores.
Esta actividade, organizada pola área de Cultura do concello, forma parte do programa Ler conta moito, programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
          Na senda da serpe alada" é un espectáculo de animación á lectura e de dinamización da lingua presentado por ChrystyanMagic e baseado no conto de mesmo nome. Da chistera do mago sairán ducias de xogos de ilusionismo que revivirán as aventuras do seu protagonista, Chrystyan, y do vello mago Bosco. As  aventuras transcurrirán perdidos nos labirintos que atravesan o chano dun castro e do gran bosque que o rodea e… que está protexido por mouros.

COMEZA A REMODELACIÓN DA ZONA MÁIS COMERCIAL DA RÚA REAL

Comezaron as obras de remodelación da zona máis comercial da rúa Real, o tramo á altura da casa consistorial.

O goberno local decidiu levar a cabo esta remodelación contando cunha subvención da Consellería de Economía e Industria e porque dende o ano 1990 non se levou a cabo ningunha remodelación nesta zona.

As obras que inclúen a remodelación total de bordillos, plaqueta das beirarrúas e cambio de mobiliario urbán, así como a sustitución de puntos de alumeado público por lámpadas led; deberán estar rematadas a finais de novembro deste mesmo ano.


O presuposto de contrata desta obra supera os 150.000 €.