27 feb 2018

A CAÍDA DE PARTE DO TENDIDO ELÉCTRICO DEIXA AOS POBOS DO LOR SEN LUZ E A TODO QUIROGA E RIBAS DE SIL SEN SINAL DE TV


Unha avaría no suministro eléctrico ten sen luz á maioría dos pobos do Lor alto e o do Lor baixo, dende onte pola tarde. Tamén se viu afectada a zona da Moá onde se atopan os reemisores da Tv polo que tamén dende onte atópase todo Quiroga e Ribas de Sil sin este servizo.

Operarios de Fenosa traballan dende onte para poder subsanar a avaría que afectaba a línea número 7 que une Sequeiros con Xestoso do Lor. Dada a magnitude da avaría, ao parecer por a caída dunhas árbores sobre o tendido eléctrico co arrastraron ata o río, dende Fenosa falouse da posibilidade de dotar a zona de xeneradores para poder restablecer o suministro eléctrico canto antes e seguir a traballar na restauración do tendido.

12 feb 2018

O DESFILE DE COMPARSAS DE ENTROIDO APRAZADO PARA ESTE DOMINGO 18 DE FEBREIRO

     O mal tempo condicionou as previsións de Entroido e fixo que os desfiles previstos quedasen aplazados para esta semana. Os primeiros en aplazar a súa saída foron os nenos e nenas do Colexio de Eduación Infantil e Primaria, que este ano tiñan previsto retomar o seu desfile pola rúa Real. A saída que estaba prevista para a mediodía do vernres celebrarase previsiblemente este venres.
         
     E tamén as comparsas inscritas no desfile organizado polo concello para o domingo, quedou aprazado. Aínda que nun principio as comparsas que se reuniron o domingo pola mañá decidiron saír, a medida que avanzaba a xornada e as condicións meteorolóxicas empeoraban, finalmente decidiron non sair a rúa.
         
     O desfile de comparsas quedou polo tanto posposto para este domingo día 18,  a saída  do desfile terá lugar ás cinco da tarde dende a Rúa Piscinas para percorrer a Rúa Real ata o Concello onde rematará e onde terá lugar a entrega de premios durante o baile de disfraces amenizado pola charanga “Padre José”, rematando a festa cunha alborada polos bares da vila.
         
     O que si se celebrará hoxe é a festa infantil de disfraces que terá lugar a partir das cinco da tarde no Disco Pub Yoya. A comisión organizadora decidiu prohibir o uso de  sprais dentro do recinto da festa, pola súa perigosidade.


E mañá martes día 13, o Centro Social tamén celebra o seu entroido, cunha merenda típica e un baile de disfraces.