Unha avaría no suministro eléctrico ten sen
luz á maioría dos pobos do Lor alto e o do Lor baixo, dende onte pola tarde. Tamén
se viu afectada a zona da Moá onde se atopan os reemisores da Tv polo que tamén
dende onte atópase todo Quiroga e Ribas de Sil sin este servizo.
Operarios de Fenosa traballan dende onte para poder subsanar a avaría que afectaba a línea número 7 que une Sequeiros
con Xestoso do Lor. Dada a magnitude da avaría, ao parecer por a caída dunhas
árbores sobre o tendido eléctrico co arrastraron ata o río, dende Fenosa
falouse da posibilidade de dotar a zona de xeneradores para poder restablecer o
suministro eléctrico canto antes e seguir a traballar na restauración do
tendido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario