30 ene 2013

APROBADA A 3ª FASE DA A.R.I. DA PLAZA MAIOR E PACIOS DE MONDELO


O Boletín Oficial da Provincia publicou onte as bases para a concesión de subvencións para a Area de Rehabilitación Integral do ámbito denominado Praza Maior e Pacios de Mondelo, no que será xa a 3ª fase do programa.
 
A presente convocatoria ten por obxecto establece-lo procedemento de concesion das axudas ao abeiro do Convenio asinado entre o Ministerio de Fomento o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Quiroga, no ano 2012.
 
As obras para as que se soliciten as axudas deberan atender prioritariamente a mellora das condicions de habitabilidade relativas a distribucion interior, instalacions de auga, electricidade, calefaccion, ventilacion, iluminacion natural e aireacion, illamento termico, servicios hixienicos e instalacions de cocina ou doutros servicios de caracter xeral.
 
Tamén se subvencionarán actuacions nos elementos comuns das edificacions e de mellora e conservacion dos elementos que demandasen os valores historico-artistico, arquitectonico ou ambientais. Dentro destas actuacions incúense tellados, chimeneas, fachadas, instalacion de ascensores, supresion de antenas individuais e instalacion de antenas colectivas e acaemento de accesos e circulacion para uso de minusvalidos.
 
As axudas previstas nesta norma, teran caracter de subvencions a fondo perdido e poden chegar ata o 75 por 100 do orzamento protexido da rehabilitacion de edificios e vivendas, sen que a subvencion media poida exceder de 11.600 euros por vivenda.
 
 Poderan se beneficiarios das axudas para a rehabilitacion de vivendas, edificios e elementos comuns, os propietarios, arrendatarios ou titulares de algun dereito de uso sobre as vivendas, cando estas constituan o seu domicilio habitual e permanente. Tamen poderan solicitar as axudas os titulares de vivendas desocupadas sempre que a solicitude leve parello o compromiso de ocupalas eles mesmos ou cedelas a terceiras persoas en arrendamento ou por calquera outro titulo legalmente admisible, sempre que sexa como residencia habitual.
 
Para máis información ou para tramitar as axudas deben dirixirse a oficina de rehabilitación situada no centro de Formación Ocupacional Pía Páxaro.
 

29 ene 2013

CONVOCADO O X CERTAME CARTAS DE AMOR VILA DE QUIROGA


O concello de Quiroga, dende a Área de Xuventude, organiza para este mes de xaneiro o X Certame Cartas de Amor “Vila de Quiroga”, no que poden participar tódalas persoas co desexen con tantas cartas de amor como queiran sempre que estén relacionadas co sentimento do amor.
 
As cartas poden estar escritas en galego ou castelán cunha extensión máxima de dous folios mecanografados por unha sóa cara.
 
Os datos do autor/a, dirección e teléfono presentaránse dentro dun sobre pechado. No exterior figurará o título da carta e a categoría na que participa. As categorías serán duas: Cartas non locais (remitidas por persoas que non están domiciliadas neste Concello). E cartas locais (para veciños do pobo de Quiroga). Dentro destas últimas establécense varias subcategorías, en función da idade dos participantes:
Infantil (menores de 12 anos).
Xuvenil (de 13 a 18 anos).
Senior (de 19 a 35 anos).
Dourada (de 35 anos en adiante).
 
Os premios establecéronse en placas conmemortativas e detalles para os tres primeiros clasificados da categoría de cartas non locais, e para a categoría local estableceuse un único premio, tamén consistente  nunha placa conmemorativa e un detalle, para o gañador de cada subcategoría.
 
Os traballos pódense enviar por correo ou entregalos persoalmente na Casa de Cultura de Quiroga, antes do 24 de febreiro.
 
Os traballos quedarán en propiedade do Concello para facer unha publicación en sucesivas edicións: Cartas de amor, vila de Quiroga.

 

25 ene 2013

O CONCELLO DE QUIROGA ADHIRESE AO FONDO SOCIAL DE VIVENDAS PARA AFECTADOS POLOS DESAUCIOS


A Xunta de Goberno Municipal aprobou esta mañá a adhesión ao convenio subscrito entre a FEMP e o Goberno para acreación dun Fondo Social de Vivendas para Afectados polos Desaucios.
 
Este convenio considera a creación do fondo social de vivendas destinadas ao aluguer, constituído cunhas 6.000 vivendas, achegadas polas entidades financeiras e ás que poderán acceder persoas que fosen desaloxadas da súa primeira vivenda a partir do 1 de xaneiro de 2008 e que, ademais se encontren en situación especial de vulnerabilidade social.

          En virtude desta colaboración, o concello comprométense a asesorar os que soliciten información sobre o procedemento para solicitar unha vivenda dos fondos sociais; emitir, no prazo previsto (15 días dende que reciban a solicitude), o informe sobre a valoración das circunstancias sociais das familias solicitantes da vivenda, ao obxecto de priorizar entre os demandantes; colaborar coas entidades de crédito, cando así o acorden con estas, na avaliación das solicitudes e difundir e informar os cidadáns sobre o obxecto e contido do convenio.

O C.E.I.P. DE QUIROGA ACOLLESE AOS CONTRATOS-PROGRAMA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN


O Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga ofertará novamente este curso clases de reforzo a alumnos que teñen algún tipo de dificultade de aprendizaxe, un rendimento baixo, problemas de convivencia ou risco de abandono escolar, entre outros.
 Nestes talleres, que se imparten fóra do horario lectivo, os estudantes traballarán aspectos relacionados coa lectura, a escritura e o cálculo, pero tamén coa mellora da convivencia.

          Os talleres forman parte da segunda edición dos "contratos-programa", convenio que asinaba onte a directora do centro, Ana Nuñez, co conselleiro de educación Jesús Vázquez. Xunto co de Quiroga, outros 30 colexios e institutos da provincia de Lugo beneficiaranse deste convenio de colaboración.

21 ene 2013

APROBADAS AS BASES DO CONCURSO DE COMPARSAS DE ENTROIDO


Os encargados de organizar as festas de Entroido reuníronse para organizar as duas actividades destas festas: un Concurso Desfile de Comparsas, que terá lugar o domingo 10 de febreiro; e unha Festa Infantil de Disfraces o luns día 11, a partir das cinco da tarde.
 
 No  concurso de comparsas poden participar todas as comparsas que o desexen tanto deste Concello coma doutros, sempre e cando estean integradas por dez membros como mínimo. Establécense un primeiro premio de 500,00 €, un segundo premio de 300,00 € e un terceiro  premio de 150,00 €. Fora dos gañadores, cada comparsa participante recibirá 60€.
 
Ademais das comparsas, poden participar disfraces individuais, (nesta modalidade o máximo serán tres membros por disfrace). Para esta modalidade haberá un único premio de 60,00€.
 
 O Xurado estará integrado por un membro de cada comparsa participante  que despois de asistir ó desfile  valorará   a  cada comparsa menos á que representa. Valorarase especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía.
 
A saída do desfile terá lugar denda Rúa das Piscinas, ás cinco da tarde, continuando pola Rúa Real ata a Casa da Cultura. A entrega de premios terá lugar diante do Concello, no baile de disfraces amenizado polo Dúo Fondo Tropical.
 
As inscricións faranse na Casa da Cultura ata o día 6 de febreiro, ou ben chamando ao teléfono 982435125.

A ELABORACIÓN DO ACEITE ARTESANAL DE QUIROGA EN IMAXES.



18 ene 2013

ENTREGANSE OS PREMIOS DO CONCUSO DE POSTAIS DE NADAL


O departamento de Educación fixo entrega na tarde de onte dos premios aos gañadores do Concurso de Postais de Nadal. Os encargados de entregar os premios foron o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez e a concelleira de educación, Ana Núñez.
 
Os gañadores do concurso na categoría A, na que participaban nenos e nenas de 3 a 4 anos:
 
3º- Rodrígo González González.
2º- Germán Álvarez Fuentes.
1º- Víctor Rodríguez Ramos.
 
Categoría B, para nenos e nenas de 5 a 6 anos, a gañadora foi:
 
1º- Natalia Álvarez Díaz.
 
Finalmente, na categoría C, para rapaces e rapazas de 7 a 9 anos:
 
3º- Brais Fernández González.
2º- Lucía Álvarez Domínguez.
1º- Icía Marcos García.

14 ene 2013

ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA A MOSTRA DO ACEITE


A  Comisión Organizadora da  Mostra do Aceite, abriu esta mañá o prazo para participar na XIII Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará o día 24 de febreiro.
As condicións para poder participar, tendo en conta, que o número de participantes será limitado a 5 colleiteiros, son as seguintes:

-Ter unha colleita mínima de 200 L. de aceite.
-Aboar 100 € de inscrición, ou ben facilitar a cantidade equivalente en aceite.
-Achegar as mostras da súa produción para a súa análise e someterse aos controis que a Comisión Organizadora estime oportunos.
-A Comisión Organizadora recollerá mostras ao azar para a súa cata o mesmo día da Mostra.
 
            A selección dos participantes farase tendo en conta o seguinte criterio:
1.-Rigoroso orde de inscrición nas oficinas municipais por rexistro de entrada.
2.-O resultado aceptable do análise químico e organoléptico que determinará o laboratorio especializado que se dispoña.
 
O prazo de inscrición remata xa o este venres. As mostras para a súa análise deberán entregarse na Casa de Cultura o día 21 de xaneiro.
 
            Na primeira reunión que levou a cabo a Comisión Organizadora  realizouse unha  análise e avaliación  da pasada edición,  con ánimo de   mellorar  aqueles aspectos  que se poida para  facer que a vindeira mostra supere a tódalas anteriores.
 
Previo á celebración da mostra do Aceite, concretamentente o sábado día 16 de febreiro, desenvolveranse unhas xornadas técnicas sobre o cultivo e a presenza na gastronomía  do aceite  de Quiroga, contando con persoas expertas na materia.

10 ene 2013

O LUNS ABRESE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA XXXI FEIRA DO VIÑO


O vindeiro luns abrese o prazo de inscrición para a “XXXI FEeira do Viño de Quiroga”, que terá lugar os días 30 e 31 de marzo.
 
Os colleiteiros interesados en participar nesta edición deben dirixirse ó Concello antes do día  28 de xaneiro
 
Os requisitos necesarios para participar son os de todos os ano:
 
- Contar cunha cantidade  mínima de 200 botellas de viño branco e 250 botellas de viño tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou superior na adega.
 
- A graduación alcohólica mínimaesixida será de 12 º para o viño branco e de 11,5 º  para o viño tinto.
 
- A acidez volátil máxima permitida será de 0,5 gr. acético/l. para o viño branco; e de  0,6 gr. acético/l. para o viño tinto.
 
-  O colleiteiro que teña seleccionado o seu viño para participar na feira debe aboar a cantidade de 100 €.
 
O número máximo de colleiteiros nesta edición será de 12.
                                                                              

2 ene 2013

AS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE VISITARÁN QUIROGA NA TARDE DO SÁBADO


Está previsto que os Reis Magos de Oriente cheguen a Quiroga o sábado ás seis menos cuarto da tarde para facer entrega na casa do concello de agasallos os nenos das familias máis desfavorecidas.
 
A continuación as súas Maxestades achegaranse ata a Residencia da Terceira Idade para visitar aos avós. E ás sete e media será cando suban as súas carrozas para recorrer a rúa Real e dirixirse ata o Auditorio Municipal onde escoitarán as peticións de todolos cativos para esa noite.
 
Unha vez os Reis escoiten todalas peticións todos os nenos e nenas poderán disfrutar  dunha festa infantil.