27 sept 2012

AS ÁREAS DE EDUCACIÓN E XUVENTUDE ORGANIZAN CLASES DE PIANO E GUITARRA PARA TODAS AS IDADES


Dende as áreas de educación e de xuventude do concello de Quiroga, dirixidas por Dna. Ana Núñez García e Dna. Rosa Arza Rodríguez, respectivamente, organízanse clases de piano e guitarra para todas as idades.
          Estas clases serán impartidas por Alexandro González, coñecido artista do grupo “Capitán Sonoro” e actual voz do grupo “Los Árboles”, tamén foi compositor de coñecidos temas, como por exemplo:
 - A banda sonora para o corto "El último trago" para Saga tv. Primeiro premio Mestre Mateo.
- O espacio sonoro para a producción teatral “Mundo Lois”.
- A canción "Os socios unidos" para o programa infantil Xabarín Club de TVG.
  O curso comezará o día 3 de outubro na casa de cultura, e impartirase todos os mércores de 19 a 20 horas para nenos e nenas, e de 20 a 21 horas para adultos. As clases terán un custo por alumno de 15 euros.

          Para apuntarse a ditas clases só hai que pasar pola casa de cultura ou chamar ó 982 435 125.

24 sept 2012

O CONCELLO DE QUIROGA ORGANIZA UNHA VIAXE A CIDADE DA CULTURA DO MONTE GAIÁS


O sábado, día 6 de Outubro,  o  Concello de Quiroga organiza unha excursión a  Santiago de Compostela.

 
A excursión ten por obxeto visitar a emblemática Cidade  da Cultura do  Monte Gaiás, visita que será complementada coa visita ao museo do pobo galego e a Catedral Compostelana.

 
O  programa e horario da excursión é o seguinte:

 
         -Saída de Quiroga ás 8:00 h

-Visita completa á cidade da cultura con guía oficial ás 11:00 h.

-Xantar nun restaurante de Santiago ás 14:00 h

-Vista ao museo do pobo galego ás 16:30 h.

-Tempo libre para visitar a catedral a partir das 18:00 .

 
A excursión que organiza o Concello de Quiroga a través da Concellería de Cultura e na que colabora o centro social, vai dirixida a todos os colectivos quiroga e ten un prezo especial de 17 € onde se inclúe transporte, xantar e os abonos das visitas a museos ou similares.

 
Os interesados en participar poden anotarse na casa da cultura e no centro social abonando previamente o prezo da excursión.

 
Os participantes na excursión deberán levar documentación segundo sexa que acredite: maiores de 65 anos, carné de estudante , así como tarxeta do paro se fora o caso.

 

15 sept 2012

QUIROGA ACOLLERÁ O VINDEIRO DÍA 1 DE OUTUBRO UNHA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN E CONCIENCIACIÓN SOBRE A RECOLLIDA SELECTIVA E A RECICLAXE DO LIXO


A praza de España de Quiroga vai acoller o vindeiro día 1 de outubro unha campaña de información e concienciación sobre a recollida selectiva e a reciclaxe.
 
Ao longo das últimas décadas, o traballo constante das Administracións Públicas e das entidades que velan pola mellora e conservación do Medio Ambiente, especialmente a prol da reciclaxe e da reutilización dos envases, obxectos, ferramentas e electrodomésticos cotiáns, trouxo consigo unha progresiva concienciación dos consumidores, que cada vez son máis conscientes da importancia de “reciclar, reutilizar e reducir”.
 
Pero paradóxicamente, unido á boa vontade do consumidor concienciado, existe unha tendencia aínda elevada a reciclar erróneamente. É o que se coñece co nome de “impropios”, é dicir, aqueles residuos que son depositados de forma equivocada no contenedor de reciclaxe. Segundo datos de Ecoembes, o 22,9% dos residuos do contenedor amarelo (envases de plástico, latas e bricks) e o 2% do contenedor verde (residuos non reciclables) son impropios.
 
          Desta forma Ancaria SL, xunto coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e  Ecoembes vai levar a cabo unha campaña encaminada a informar e concienciar sobre a recollida selectiva e a reciclaxe en concellos galegos cunha taxa de impropios sitúase entre o 30 e o 35 por cento.
 
          O obxectivo desta campaña é acadar a diminución da porcentaxe de ditos impropios e aumentar a recollida selectiva axeitada dos mesmos. Para elo, prantéxase unha campaña extensiva oriéntada en dúas vertentes: actividades enfocadas a público adulto preferentemente entre 18 e 65 anos e a estudantes de primaria de 10 a 12 anos.
 
          A contará cunha parte informativa teórico-práctica sobre as vantaxes da reciclaxe e da recollida selectiva, a prevención na xeración de residuos, e o adecuado manexo dos mesmos á hora de depositalos no colector apropiado.  Obradoiros creativos con materiais reutilizados, co obxectivo de aportar ideas sobre que facer con moitos residuos antes de tiralos.  E finalmente un exame voluntario aos asistentes co fin de avaliar os coñecementos adquiridos durante a sesión. E tras el, os participantes recibirán un agasallo premiando o seu interese e colaboración.

13 sept 2012

QUIROGA ACOLLERÁ AS PRIMEIRAS XORNADAS DE XEOLOXÍA NA RIBEIRA SACRA


A Casa de Cultura de Quiroga acollerá entre os días 21 e 22 unhas xornadas dedicadas a analizar o patrimonio xeolóxico como recurso turístico e económico que organiza o grupo de desenvolvemento local Ribeira Sacra. As xornadas contarán coa participación de diversos especialistas que desenvolven actualmente na zona proxectos de investigación en terreos como a xeoloxía, a paleolontoloxía e a arqueoloxía.

 
O programa de actividades abrirase o venres día 21, a partir das cinco e media da tarde, cunha conferencia sobre «O papel dás concas fluviais do Miño e do Sil nas primeiras ocupacións do noroeste» a cargo do arqueólogo Arturo de Lombera, codirector das escavacións realizadas nos últimos anos nos xacementos paleolíticos de Triacastela e o val de Lemos. Seguidamente, Augusto Pérez Alberti, catedrático de xeografía física da Universidade de Santiago, falará sobre a «Dinámica xeomorfolóxica dá cunca Miño-Sil: o exemplo dos canóns do Sil e o seu contorno». A primeira xornada pecharase cunha conferencia sobre «A xeoloxía do gran pregue tombado dá Serra do Courel» que dará o xeólogo e paleontólogo Juan Carlos Gutiérrez-Marco, do Consello Superior de Investigacións Científicas.

 
       O programa do sábado 22 abrirase ás dez da mañá cun relatorio sobre «Variacións do clima durante o Cuaternario na Serra do Courel» por Juan Ramón Vidal Romaní, director do instituto xeolóxico Isidro Parga Pondal da Universidade da Coruña. A continuación, a paleontóloga Aurora Grandal d´Anglade, pertencente á mesma institución, disertará sobre a fauna cuaternaria da serra do Courel, que investiga desde hai anos.

 
A seguinte intervención correrá a cargo do arqueólogo monfortino Iván Álvarez Merallo e versará sobre os sistemas de explotación da minería aurífera na Ribeira Sacra. As xornadas pecharanse cunha conferencia do xeógrafo Roberto Vila García sobre o valor didáctico e turístico de diversos miradoiros da zona que permiten contemplar lugares de interese xeolóxico.

 
Pola tarde levarase a cabo unha visita ao miradoiro xeolóxico do pregamento de Campodola e aos vales glaciares da Seara e Vieiros, que será guiada e comentada por Juan Ramón Vidal Romaní.
 
As persoas interesadas en participar nestas xornadas pode inscribirse gratuitamente no enderezo electrónico grupogdr8@yahoo.es ou no teléfono 982.42.41.41.
 

COMEZA O CURSO ESCOLAR 2012/2013


140 alumnos do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga comenzaron onte as clases do curso 2012– 2013 que se prolongarán ata o 21 de xuño. Un ano máis os cativos acudiron ao centro educativo, aínda que sabendo que se remataba un longo período de vacacións, contentos polo reencontro cos compañeiros de clase e tamén polo estreo de mochilas e libros.
 
Os que se amosaron máis cohibidos foron os alumnos de novo ingreso, pero a entrada escalonada destes alumnos que non comenzan o curso todos o mesmo día e a mesma hora, evitou unha vez máis os choros e beros de fai anos.
 
Durante este mes de setembro, ó igual que no mes de xuño, os alumnos terán clases dende as dez da mañá ata as duas e media da tarde. Pero contarán co servicio de transporte e comedor o seu pleno rendimento, polo que os alumnos que usen o servicio de comedor quedaranse a comer no centro unha vez rematen as clases e as tres e media subirán ó transporte escolar no que voltarán os seus fogares.
 
No referente ás axudas para os libros de texto, os alumnos de educación infantil poden optar ás axudas de 90 € ou de 170€, en función dos ingresos familiares. Para elo os pais tiveron que cubrir uns impresos que se lles facilitan no centro educativo para recibir un vale que deben entregar nas librerías onde adquiran os manuais.

7 sept 2012

A HERMIDA COMEZA HOXE AS FESTAS DA VIRXE DOS REMEDIOS


           A Parroquia da Hermida comenza esta noite as súas festas na honra a Virxe dos Remedios. Os actos comenzarán unha vez remate a novena coa degustación dunha pancetada que estará acompañada da música do dúo Armonía.
 
Maña propio día da celebración haberá varias misas ao longo da mañá, ás nove e media, as once, as doce e a unha, esta última contará coa procesión na que sairán o meco e as pampornigas, simbolo identificativo desta festividade. A sesión vermouth estará amenizada pola banda de música do Carballiño. Pola tarde, ás seis e media haberá xogos infantís e a festa e verbena correrá a cargo da orquestra Venecia.
 
O domingo, tamén se celebrarán actos relixiosos, ás nove e media, as once e a unha, este último contará tamén con procesión. A música da noite virá da man da orquestra Alarma.

5 sept 2012

A ESCOLA INFANTIL DE QUIROGA COMEZA HOXE O NOVO CURSO


A  Escola Infantil Galiña Azul de Quiroga iniciou esta mañá  o novo curso 2012-2013. A xornada de hoxe era de portas abertas, polo que os cativos acudiron acompañados polos seus país; o venres xa comenzará o curso cun período de adaptación que se prolongará durante todo o mes de setembro, dependendo de como se vaian adaptando.
 
 A gardaría de Quiroga é unha escola  unitaria  destinada a poboación infantil de 0-3 anos pertencente a rede de escolas da Xunta de Galicia a Galiña Azul, ca participación do Concello na xestión e financiamento da escola.
 
O nº de prazas da escola de Quiroga é de 20( 19+1) pero unha praza queda reservada  para casos de emerxencia social, ésta praza so poderán acceder aquelas solicitudes  dirixidas a dirección da escola e presentadas polos servizos sociais do concello onde radique a escola ou polo departamento competente da Admistración Autonómica.
 
Este novo curso iniciase con todas as prazas cubertas, e incluso con lista de espera, en horario de mañá, pero en horario de tarde aínda quedan prazas vacantes. Dos 19 nenos/as que comenzan este curso, 9 renovan matrícula, mentras que outros dez son de novo ingreso.
 
A escola oferta o seu servizo en horario de 9 da maña a cinco da tarde ininterrumpidamente, xa que foi o horario demandado polos pais.
 
Os prezos que deben pagar os usuarios por este servizo están establecidos  polo Consorcio  Galego de Igualdade e Benestar e en todo caso non superan  os máximos establecidos  nos prezos aprobados  pola  Xunta de Galicia.

4 sept 2012

COMEZA A RESTAURACIÓN DO RETABLO DA IGREXA DE HOSPITAL


           O retablo maior da igrexa do Hospital comenzou a ser restaurado. A restauración do retablo, presupostada en preto de 30 000 €, foi tramitada pola Asociación San Bartolomé do Hospital a través do GDR Ribeira Sacra.
         
O retablo maior da igrexa do Hospital é de estilo barroco, de finais do século XVII ou algo posterior. A súa estrutura, que cobre toda a bóveda, é de gran riqueza artística xa que na mesma obra poden atoparse diferentes elementos e técnicas. As columnas son estriadas en forma de ondas e  teñen capiteis corintios. A súa ornamentación de tallas vexetais repítese en toda a obra así como as diferentes girnaldas de froitas. É dourado e policromado en diferentes tons verdes, azuis e terras. 
 
Co presuposto, que correrá a cargo do GDR Ribeira Sacra cunha achega da propia parroquia, realizarase a fixación da policromía. Posteriormente, procederase á eliminación de elementos que deterioren o soporte e revisaranse as ancoraxes. A consolidación da madeira mediante a inxección ou impregnación de resinas acrílicas será o seguinte paso. Ademais reconstruiranse os volumes perdidos. Para devolver a luminosidade das cores empregadas en orixe realizarase unha limpeza química a base de diferentes disolventes e, finalmente, a protección final con vernices de resinas de orixe sintética protexerá a obra de posteriores agresións.
 
A rehabilitación da igrexa de Hospital iniciouse no ano 2005 coa mellora dos accesos á igrexa e a creación dun pequeño espacio para estacionar vehículos. Neste primeiro proxecto, que contou cun presuposto de 70.000 €, reformouse exteriormente o edificio. No ano 2006 realizouse a segunda fase da rehabilitación da igrexa. Cun presuposto de 72.000 €, Patrimonio retirou a vella capa de cal que cubría os muros interiores e sustituiuna por outra nova. Ademais destaparonse antigas estructuras de madeira ó derrubar os falsos teitos. No ano 2007, nunha terceira fase dotada con 132.893 €, leváronse a cabo diversas reparacións nos muros para evitar filtracións de humidade e a renovación integral da cuberta. En canto ó interior, renovouse por completo o pavimento de madeira e recolocaronse as intalacións eléctricas e a megafonía. Finalmente, no ano 2010, a  Consellería de Cultura e Turismo destinou un total de 85.294 euros para a restauración e acondicionamento da capela de San Xoán de Hospital.