13 sept 2012

COMEZA O CURSO ESCOLAR 2012/2013


140 alumnos do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga comenzaron onte as clases do curso 2012– 2013 que se prolongarán ata o 21 de xuño. Un ano máis os cativos acudiron ao centro educativo, aínda que sabendo que se remataba un longo período de vacacións, contentos polo reencontro cos compañeiros de clase e tamén polo estreo de mochilas e libros.
 
Os que se amosaron máis cohibidos foron os alumnos de novo ingreso, pero a entrada escalonada destes alumnos que non comenzan o curso todos o mesmo día e a mesma hora, evitou unha vez máis os choros e beros de fai anos.
 
Durante este mes de setembro, ó igual que no mes de xuño, os alumnos terán clases dende as dez da mañá ata as duas e media da tarde. Pero contarán co servicio de transporte e comedor o seu pleno rendimento, polo que os alumnos que usen o servicio de comedor quedaranse a comer no centro unha vez rematen as clases e as tres e media subirán ó transporte escolar no que voltarán os seus fogares.
 
No referente ás axudas para os libros de texto, os alumnos de educación infantil poden optar ás axudas de 90 € ou de 170€, en función dos ingresos familiares. Para elo os pais tiveron que cubrir uns impresos que se lles facilitan no centro educativo para recibir un vale que deben entregar nas librerías onde adquiran os manuais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario