20 ene 2015

A CONFRARÍA DO VIÑO ORGANIZA UN CURSO DE PODA

           A Confraría do viño de Quiroga organizou un curso de viticultura e práctica de poda, que se levaría a cabo dende o 9 de febreiro ata o día 12.
O curso, que ten un custo de 45 €, impartiríase na sala de catas do museo Etnográfico de Quiroga, en horario de sete da tarde a nove e media da noite.  Este curso está deseñado para que o participante:  aprenda as nocions fundamentais en viticultura razonada para unha perspectiva eficiente na explotación vitícola; comprenda os efectos das prácticas culturais na viña, especialmente na regulación do potencial vexetativo mediante a poda máis adecuada; sexa capaz de xestionar o viñedo para unha boa relación calidade/producción, baixo calquera das circunstancias que concurran e cos medios de que se dispoña; e adquira soltura e bos hábitos na práctica da poda.
Cada xornada constará de formación teórica con axuda de material audiovisual; opcionalmente Manual de Contidos do Curso; formación práctica da poda no viñedo e interpretación de tablas, análisis e parámetros dos solos. As clases formativas tamén incluen unha fase práctica e unha visita a adega Alan de Val, na localidade da Rúa.

As persoas interesadas en recibir máis información ou en participar no curso, no que colaboran o concello de Quiroga e a área de Cultura da Deputación Provincial,  deben dirixirse á casa da cultura.

9 ene 2015

ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NA XXXIII FEIRA DO VIÑO

       A XXXIII Feira do Viño de Quiroga, terá lugar os días 4 e 5 de abril. Seguindo a tradición, cada ano nun tramo da rúa Real, nesta edición o recinto feiral situarase na parte de arriba da rúa.
          Hoxe mesmo abriuse o prazo de inscrición dos colleiteiros interesados en participar, prazo que permanecerá aberto ata o 23 de xaneiro.
Os requisitos fixados para participar nesta edición son:
- Cantidade  mínima: 200 botellas de viño branco e 250 botellas de viño tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou superior na adega.
- Graduación alcohólica mínima:        12 º para o viño branco.
                                                           11,5 º  para o viño tinto.
- Acidez volátil máxima:            0,5 gr. acético/l. para o viño branco.
                                                  0,6 gr. acético/l. para o viño tinto.

          Unha vez rematado o prazo de inscrición, procederase a recollida das mostras para realizar os análises organolépticos dos caldos. 

ACCIDENTE NO PASO A NIVEL DE SAN CLODIO SEN VICTIMAS

       Ao redor das cinco da tarde do mércores prodúxose un accidente ferroviario na  estación de ferrocarril San Clodio - Quiroga. Afortunadamente non houbo que lamentar desgracias persoais, xa que o conductor dunha furgoneta, veciño de Quiroga, saiu ileso do sinistro.
Á altura do paso a nivel que cruza San Clodio, cando o conductor estaba a cruzar as vías, foi arrollado por un tren que saía nese momento da estación, que procedente de Madrid ía dirección Vigo. O sinistro produciuse ao parecer por un fallo no sistema de seguridade que fixo que non se baixaran as barreiras de seguridade.
Á pesar de que o maquinista do tren tentou avisar ao conductor coa bocina, xa non foi posible reaccionar o suficiente por parte de ningún dos vehículos para evitar o encontronazo. O impacto fixo que a furgoneta xirase sobre si mesma e quedase empotrada entre o tren e o muro que separa as vías da rúa, levandose por diante o pilar da barreira de seguridade; todo eso a pesar de que a velocidade do convoi non era excesiva pois o paso a nivel apenas está separado uns 100 metros da estación de ferrocarril, punto no que acababa de parar.
O conductor da furgoneta, Ramón Macía, de 53 anos de idade, non presentaba ningún rasguño a pesar que estar atrapado no interior do vehículo. El mesmo indicou que as barreiras automáticas que regulan o paso a nivel no que foi arroiado fallaron, xa que non estaban baixadas cando el atravesaba o cruce. Algo que tamén corroborou o maquinista do tren que non se explica o que puido suceder.
Persoal de Adif, que se personou no lugar do sinistro, xa abriron unha investigación para exclarecer o sucedido.
Os viaxeiros  do ten, 62 neses momentos, foron trasladados aos seus puntos de destiño en dous autobuses que os viñeron recoller á estación, xa que o tren sinistrado quedou inmobilizado na propia estación xa que a vía pola que circulaba estaba obstaculizada pola furgoneta sinistrada.

Non ocorreu o mesmo cos demais combois, xa que podían circular pola outra vía libre.