29 jun 2012

COMEZA O PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICO


O Concello de Quiroga en colaboración con Sogama, comezou un programa de compostaxe doméstico en varias vivendas do municipio. O alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, e o presidente de Sogama, Luis Lamas, presentaron oficialmente esta iniciativa, dando a coñecer as súas características máis relevantes.

O rexedor local falou de que un concello comprometido coa protección dos espazos naturais debe ser tamén un concello concienciado coas boas prácticas na xestión do lixo. E afirmou que os veciños de Quiroga responden moi ben á separación do lixo para a súa reciclaxe.

Pola súa banda, o máximo responsable de Sogama manifestou que o proxecto goza dunha excelente acollida nos municipios nos que se está a implantar, non supoñendo en ningún caso un traballo adicional para as familias.

Tras a presentación do proxecto fíxose entrega dos cincuenta composteriros aos veciños que se inscribiran previamente na casa consistorial.O obxetivo é que a través dos compostadores, no se fogar, os veciños participantes elaboren o seu propio compost a partir da materia orgánica xerada nos mesmos, obtendo un abono natural e de alto poder fertilizante que se poderá usar en hortas, xardíns ou terras de cultivo.

O goberno local quere que sexa un éxito e por iso designou a catro persoas, xa formadas, que exercerán as funcións de “mestres composteiros”, encargándose de trasladas os coñecementos aos habitantes que participan nesta iniciativa; ao tempo que supervisarán, casa por casa, o labor desenvolvido por estes.





A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRA UNHA SESION PLENARIA ORDINARIA QUE REMATA COA PERDA DE PAPEIS DO CONCELLEIRO DO GRUPO MIXTO


         A corporación municipal celebrou na tarde de onte unha longa sesión plenaria ordinaria, que acabou coa perda de papeis do concelleiro do grupo mixto, insultando ao alcalde presidente.
          No pleno, que poderán ver integramente o sábado e o domingo, a partir das duas e media da tarde, aprobouse o novo Regulamento Orgánico da Corporación, que rexirá o desenvolvemento das sesións plenarias dende que se publique no Boletín Oficial.
Rexeitáronse as alegacións presentadas á Expropiación forzosa para o proxecto de “Acondicionamento de accesos e do entorno da Igrexa da Ermida”.
 Asignouse unha  dedicación parcial para o concelleiro Angel Rodríguez.
Aprobouse unha Ordenanza Fiscal que regulará o uso das Instalacións Deportivas Municipais.
Tamén se aprobou a solicitude de participación no Plan Concertado para a prestación de Servizos sociais no ano 2012.
Rexeitouse unha moción do Bloque nacionalista Galego en col da declaración do día 24 de febreiro como “Día de Rosalía de Castro”.
Aprobáronse duas mocións do Grupo Municipal do Partido Popular, unha relativa ao Plan de Obras e Servizos do ano 2012 e a outra relativa á modificación do Mapa Xudicial.

Modificouse o nomeamento dun dos concelleiros integrantes da Xunta de Goberno e das Comisións Informativas.

Finalmente, no último punto que era unha solicitude do portavoz do Grupo Mixto de comparecencia do Alcalde, foi cando o portavoz deste grupo deixou de lado a armonía coa que se desenvolveu todo o pleno e subiu o tono chegando a insultar ao alcalde.

27 jun 2012

OS 15 PARTICIPANTES NA ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO LIMPO POLO RÍO QUIROGA LEVARAN COMO PREMIO UNHA EXCURSIÓN NO CAUREL


Unha quincena de rapaces rematan esta tarde a actividade de sendeirismo limpo polo río Quiroga, organizada pola área de educación. A actividade, dirixida a rapaces e rapazas de 8 a 12 anos, desenvolveuse os catro mércores do mes de xuño, dende ás 16:30 ata as 18:00 horas.

Nesta actividade os rapaces recolleron lixo que atoparon ao longo do paseo fluvial do río Quiroga.
         
Como premio por limpar o río Quiroga, os participantes terán mañá un día de excursión no Caurel con picnic incluído. Para a excursión partirán ás dez da mañá dende o aparcamento dos autobuses escolares. Unha vez no Caurel recorrerán a ruta Uxío Novoneira, que une as localidades de Moreda e Parada.

Tras o xantar disfrutarán dunha tarde no río en Valdomir, para regresar a Quiroga sobre as seis da tarde.
         

22 jun 2012

COINCIDINDO CO REMATE DO CURSO ESCOLAR ABRENSE AS PISCINAS MUNICIPAIS GRATUITAMENTE ATA O LUNS


          O rexedor local, Julio Alvarez, e o concelleiro José Enríquez, achegáronse onte ata as piscinas municipais para comprobar os pequenos arranxos que se fixeron antes da súa posta en funcionamento na xornada de hoxe.

Tamén se atopaba nas piscinas a encargada de sanidade para dar o visto bo a apertura das mesmas. Así dende hoxe comeza a tempada de verán deste servizo que estará aberto como todolos anos dende as doce da mediodía ata as oito do serán ininterrumpidamente. O servizo de socorrista estará operativo durante todas as horas en que permaneza aberta ao público a piscina.

O prezo de entrada é o mesmo de todolos anos, os menores de 15 anos 1€ e os maiores desa idade 1,50€. Tamén se conserva a posibilidade de acollerse aos bonos. Non obstante estes prezos non se aplicarán ata o vindeiro luns, xa que durante a fin de semana a entrada será gratuita.

          Un ano máis o concello pon en marcha esta instalación municipal coincidindo co remate do curso escolar.

21 jun 2012

O CONCELLO PREPARA A NOITE DE SAN XOÁN


O concello de Quiroga ultima os actos organizados con motivo da noite de San Xoán.

As actividades comenzarán para os máis cativos a partir das seis e media da tarde, xa que o departamento de educación organizou diversos xogos que se levarán a cabo no parque da Constitución. Os xogos van dirixidos a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Os menores desta idade tamén poden participar, pero deverán estar acompañados.

A partir das oito e media, cando rematen os xogos infantiles, comenzará a sardiñada do merendoiro do parque. Todolos veciños poderán degustar gratuitamente sardiñas asadas acompañadas de pan do país.

Ás once da noite, e coincidindo coa noite de san Xoán, comenza o programa Música na Rúa. Nesta ocasión, o músico instalarase nas inmediacións da Adega de María.

Sobre a media noite acenderase a fogata para que maiores e pequenos poidan saltar a fogata de San Xoán.

20 jun 2012

O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLE UN NOVO CADRO PARA A SÚA EXPOSICIÓN PERMANENTE


           Iolanda de Aguilar Calero, artista plástica baixo o  nome de Iolanthem, e veciña de  As Covas, dende o ano 2010, entregoulle ao concello de Quiroga un cuadro para a súa exposición permanente.

A concelleira de cultura, Loli Sánchez Durán, foi a encargada de recoller esta obra que colga das paredes do Auditorio Municipal xunto con outros cadros de diversos artistas.

          A obra é un díptico pintado ao óleo sobre  unha pizarra de 100x60 cm, que leva o título de  ¿CUÁL?”   .

A autora que xa realizou unha exposición das súas obras na sala de exposicións quixo deixar unha  obra para disfrute de todos os veciños  e veciñas de Quiroga.

REMATA O CURSO DA LUDOTECA MUNICIPAL CUNHA FESTA INFANTIL


A Área de Educación do Concello de Quiroga, poñerá fin mañá pola tarde ao o servizo de Ludoteca municipal, que se desenvolve dende o mes de setembro ata xuño.
O servizo remata cunha festa na casa da cultura para todolos rapaces que participaron ao longo deste curso. Na festa que comenzará ás cinco da tarde, e que se prolongará ata as sete, non faltará unha boa merenda e animados xogos.
A Ludoteca tiña lugar todolos martes e xoves de cada semana, con excepción nas datas de Nadal e Semana Santa, nas que houbo un servicio especial.
As clases impartíronse na aula da ludoteca, baixo da Casa de Cultura, en horario de 17:00 a 18:00 horas para pequenos/as de 3 a 6 anos e de 18:00 a 19:00 horas para os nenos e nenas de 7 a 9 anos.

13 jun 2012

OS NENOS DE QUIROGA CONTARÁN NOS MESES DE XULLO E AGOSTO COS CAMPAMENTOS DE VERÁN


Dende a Área de Educación do Concello de Quiroga ofertase para os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, os Campamentos de Verán, durante os meses de xullo e agosto.

Esta actividade ten como finalidade ofertar un servicio diario ós seus usuarios nunhas datas nas que os máis pequenos/as disfrutan de tanto tempo de lecer.

O horario para os rapaces de 4 a 7 anos, será de 10:00h. a 13:00h. e o dos nenos e nenas de 8 a 12 anos de 11:00h. a 14:00h. Os proxenitores deberán levar ós alumnos e alumnas á Casa de Cultura na primeira hora da mañá e recollelos na piscina á última hora.

As clases consistirán en variados obradoiros; de plástica, abalorios, modelado, cociña, fieltro, lectura, dramatización, medio ambiente, reciclaxe, ciencia, costura, maquillaxe e tatuaxes, ademáis dun de globoflexia e máis outro de conservas de peixe, este último a través dun programa da Consellería do Mar “Ponlle as pilas ao teu bocata” para infundir unha alimentación sa.

Tamén terán clases de inglés e informática, así como deportes, natación, cine e xogos de presentación, distensión, cooperativos, de orientación, populares, estáticos, predeportivos, de carreiras, recreativos, malabares, etc…

As persoas interesadas en inscribir os seus fillos/as tan só deben pasar pola Casa de Cultura ou chamar ó número de teléfono 982 435 125, onde serán informados de todos os detalles dos campamentos e onde poderán anotar os rapaces e rapazas. A data límite para apuntarse é o venres 29 de xuño, excepto para aquelas persoas que veñen de vacacións a Quiroga.

12 jun 2012

CONSTITUIDA A MESA DO COMERCIO LOCAL


Na mañá de onte constituiuse a Mesa do Comercio de Quiroga que estará presidida polo concelleiro José Enríquez. A mesa contará ademais con outro representante municipal, un representante da Xunta de Galicia, un representante dos consumidores e un representante do comercio local. Contará tamén cun secretario, pero que non terá voto.
Coincidindo coa constitución tratouse un primeiro tema que foi o da Feira de oportunidades que se desenvolverá no pavillón municipal os días 22, 23 e 24 de xuño.
A Mesa do Comercio reunirase como mínimo unha vez ao ano, pero tamén o fará cando exista algún tema que deban aprobar, como a solicitude de calquera tipo de axuda.
A creación da Mesa do Comercio é algo obrigado mediante un decreto da administración autómica, no que se comenzou a traballar no pasado mes de maio.

8 jun 2012

QUIROGA ACOLLERÁ UNHA OULET OS DÍAS 22, 23 E 24 DE XUÑO NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO


Esta mañá presentábase na casa consistorial a feira de oportunidades que se desenvolverá no pavillón municipal de Quiroga os días 22, 23 e 24 de xuño. Á presentación acudían o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, o concelleiro de comercio, José Enríquez, e a presidenta da Ascociación de Comerciantes Autónomos Oulet de Galicia (ACAOGA), Rosa Mª Fernández Covelo.

          José Enríquez dixo que se trata dunha feira baseada e dedicada aos comerciantes locais á vez que animou aos comercios a que participen nesta feira de oportunidades organizada para eles. Aos comerciantes facilitaráselles un teléfono e visitaranse persoalmente para que se inscriban gratuitamente na feira.

A presidenta de ACAOGA, Rosa Mª Fernández Covelo, afirmou que este tipo de feiras están pensadas para o comercio local que está sofrindo unha crise,  para que poidan mover e sacar esas mercancías que teñen paradas. Dixo que se trata dun centro comercial móbil con stans gratuitos nos que pide aos comerciantes locais que participen masivamente e ao público que veña a visitalos.

          A oulet abrirá o venres día 22 ás catro e media da tarde, pero as catro menos cuarto, invitarase aos asistentes á inauguración. A entrada ao público costará 2 €, o que lle dará a oportunidade de participar nos sorteos que se celebrarán cada media hora, ademais de degustar café e chupitos gratis e para os máis cativos inchables tamén gratuitamente.

          O horario de apertura ao público da feira será o venres dende as catro e media ata as nove e media e o sábado e o domingo dende as once da mañá ata as nove e media da noite.
         
          O alcalde de Quiroga, agarda que esta actividade sexa todo un éxito para o comercio local, xa que pode ser un fin de semana lúdico interesante.

7 jun 2012

8 ALUMNOS DO I.E.S PARTICIPAN DENDE ONTE NAS PROBAS DE SELECTIVIDADE


Oito alumnos do Instituto de Educación Secundaria de Quiroga participaron dende onte na primeira xornada dunha selectividade cada vez máis selectiva. Os exámenes realízanos como sempre no Instituto Cosme López de a Rúa.

Os mozos e mozas tiveron que demostrar onte os coñecementos adquiridos na etapa de bacharelato en Lingua Castelá, Lingua Galega, Lingua Estranxeira e Historia de España ou Filosofía, as catro probas comúns a todas as especialidades. Hoxe realízanse os exames específicos de modalidade, un deles obrigatorio e os outros voluntarios para obter máis nota de cara ao ingreso na universidade.


A fase obrigatoria consta de cinco exames, mentres que na voluntaria os alumnos poden examinarse de ata catro materias, pero só se terán en conta as dúas mellores notas, o que permite alcanzar un máximo de 14. Desde que se reformou a selectividade, os estudantes teñen 45 minutos de descanso entre proba e proba.

5 jun 2012

FEIJÓO DESCUBRE UNHA PLACA NA QUE QUEDA PATENTE A DECLARACIÓN DE MONUMENTO NATURAL DO PREGAMENTO DE CAMPODOLA

Esta mañá, coincidindo co día mundial do Medio Ambiente, levouse a cabo o acto no que quedou patente a declaración oficial do Pregamento Xeolóxico de Campodola Leixazós como Monumento Natural.

O prego xeolóxico de Campodola-Leixazós, foi declarado a finais do mes de abril como Monumento Natural pola Xunta de Galicia, declaración que se publicou no DOGA no mes de maio; e que culminou agora con este acto oficial.

Ata o miradoiro achegábanse con este motivo o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e o director do Instituto Universitario de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal”, Juán Ramón Vidal Romaní, que foi o encargado de explicarlle ao presidente o pregamento. O pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós consiste nun pregamento xeolóxico de tipo deitado, no cal pode apreciarse con total claridade a ondulación dos estratos superiores da codia terrestre provocada polas forzas tectónicas fai millóns de anos.

O acto, do que quedou constancia co descubrimento dunha placa xunto ao miradoiro situado na unión da estrada Quiroga – Folgoso co acceso a Campodola, estibo presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, que contou coa axuda do alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, e con alumnos de sexto de educación primaria de Quiroga.


O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, destacou a importancia do pregamento, do que dixo ser unha importante mostra de como Galicia surxiu dende os acéanos.

O alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, pola súa banda afirmou que hoxe é un día importante para Quiroga á que calificou como cuna de Galicia.

           Finalmente, o presidente da Xunta,Nuñez Feijóo, recoñeceu que este é un dos lugares máis importantes de Galicia, polo que era obrigado protexelo de todas as maneiras posibles.


4 jun 2012

O PRESIDENTE DA XUNTA, ALBERTO NUÑEZ FEIJÓO, OFICIALIZARÁ A DECLARACIÓN DE MONUMENTO NATURAL DO PREGAMENTO DE CAMPODOLA


Mañá martes, coincidindo co día mundial do Medio Ambiente, declararase oficialmente o Pregamento Xeolóxico de Campodola Leixazós como Monumento Natural.

O acto oficial, do que quedará constancia co descubrimento dunha placa xunto ao miradoiro situado na unión da estrada Quiroga – Folgoso co acceso a Campodola, estará presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo.

Tamén está previsto que acudan ao acto, que terá lugar ás dez e media da mañá, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, o director do Instituto Universitqrio de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal”, Juán Ramón Vidal Romaní, así como a corporación municipal.


O pliegue xeolóxico de Campodola-Leixazós, foi declarado a finais do mes de abril como Monumento Natural pola Xunta de Galicia, declaración que se publicou no DOGA no mes de maio; e que culmina agora con este acto oficial.

1 jun 2012

O CONCELLO PRESENTA UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN PARA OS MESES DE VERÁN


O Concello  de Quiroga ven de sacar  a rúa a programación cultural para o verán. As actividades aquí recollidas son o resultado do traballo realizado dende as distintas áreas e  servicios municipais: infancia, educación, igualdade, xuventude, cultura e deportes.

 Nos meses de verán, obradoiros, campamentos de verán, exposicións,  animación musical, deportes e actividades formativas conforman a actividade deste trimestre. Cabe salientar os campamentos de verán para nenos e nenas en idades comprendidas entre os 4 e os 12, que se desenvolverán de luns a venres, en horario de mañán, en distintas instalacións municipais e que inclúen  actividades artísticas e deportivas que a maiores de  ser unha alternativa de ocio para os rapaces teñen como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar  e laboral.

Tamén ten un lugar destacado a intensa actividade deportiva a desenvolver nestes meses: VI Campus de Fútbol, Campus de Baloncesto, Trofeo Fútbol Sala Feminino,  Torneos de “Futbol 7” e Baloncesto, Ruta en Mountain bike, Sedeirismo, etc.

 Por outra banda a promoción de productos típicos que está presente no Concello de Quiroga ó longo de todo o ano, enxalza neste tempo  o mel, que será o protagonista coa celebraciáon da XXI MOSTRA DO MEL DE QUIROGA o vindeiro día 10 de agosto.

 Actividades para a xuventude: noites alternativas, concertos nos pubs, saídas culturais, etc.

A animación musical con actuaións  ao  longo dos meses de xullo, agosto e setembro. Así dende xuño a setembro teñen lugar 13 actuacións do programa Música na Rúa, que  leva moitos anos  funcionando con éxito. Por outra banda, concertos para a xuventude salientando os grupos xuvenís locais “UTOPÍA, SANTA COMPAÑA, E LETAL CHAINS”. As FESTAS DE VERÁN, con actuacións folcóricas, banda de música,  afamadas orquestras etc..
         
 Contribuirán a complementar os moitos atractivos turísticos de Quiroga as visitas guiadas ao Museo Xeolóxico e ao Museo Etnográfico.