30 mar 2012

OS MUSEOS ETNOGRÁFICO E XEOLÓXICO AMPLIAN OS HORARIOS DE APERTURA EN SEMANA SANTA

O Museo Xeolóxico e o Etnográfico amplía os seus horarios de apertura durante as festas de Semana Santa, para facilitar a súa visita a todolos interesados.
Así o luns, martes e mércores os museos habrirán no seu horario habitual; o Xeolóxico dende as once e media da mañá ata a unha da mediodía, e o Etnográfico dende a unha da mediodía ata as duas da tarde.
O xoves e venres Santos tanto o museo Xeolóxico como o Etnográfico habrirán en horario de once e media da mañá a unha e media e polas tardes dende as cinco ata as sete.
 Coincidindo coa Feira do Viño, o sábado e o domingo, manterán o mesmo horario pola mañá, dende as once e media á unha e media; pero ampliarano pola tarde, dende as cinco ata as oito.

29 mar 2012

O I CONCURSO QUIROGA DE TAPAS PREMIARÁ CON 100€ O ESTABLECEMENTO GAÑADOR E SORTEARÁ ENTRE OS PARTICIPANTES UNHA NOITE EN RUGANDO

O Concello de Quiroga en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería organizou o I CONCURSO “QUIROGA DE TAPAS”, que se desenvolverá  entre os días 2 e 10 de abril. O establecemento gañador será premiado con cen euros e entre os clientes que participen no certame sortearase unha estancia dunha noite para dúas persoas na casa de turismo rural de Rugando.
Cada  establecemento participante deberá elaborar unha tapa, sendo os seus ingredientes de libre elección, a un precio de venda ó público de 1,00 €uros. Os establecementos que participan son Adega da María, Ciber-café A Pedra, Bar Las Palmeras, Bar Quiper, Bodegón da Andaluza, Cafetería Quiroga, Pub Ruxe-Ruxe, Bar O Cantar Miudiño, Bar Félix, Restaurante O Roxo Vivo, Restaurante Torres, Hostal Marcos, Bar Chapakuña3, O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño e Mesón Escaleira.
 Os locais participatnes disporán de cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademáis, en todos os establecementos participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.
 Cada vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle a cartilla de votación, na casilla correspondente o seu establecemento, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro, e así, o cliente, tamén ten a opción de repetir as veces que así o desexe e optar con máis dun tapacartón ó premio.
Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, ubicadas en todos os establecementos participantes.
O cliente poderá ter en conta, á hora de emitir o seu voto, os seguintes criterios de valoración: Presentación e innovación; Gusto, sabor, texturas e aromas; Calidade dos ingredientes; e Acompañamento cun viño da Ribeira Sacra.
O concurso “Quiroga de Tapas” fallarase na mañá do venres 13 de abril no Salón de Plenos do Concello de Quiroga. O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa honorífica. O resto dos establecementos participantes recibirá un diploma de participación.
Esa mesma mañá, entre as cartillas de votación realizaráse o sorteo público para unha noite na ferrería de Rugando para dúas personas, con cea incluída.

O CONCELLO ORGANIZA UNHA GALA BENÉFICA PARA AXUDAR A UN NENO CON PARÁLISIS CEREBRAL

A Concellería de Xuventude do concello de Quiroga, organizou para o xoves día 5 de abril ás 17:30 horas no Auditorio Municipal unha Gala Benéfica en axuda a Edgar.
         Edgar Acebo Salgado, é un rapaciño de seis anos recén cumpridos, cunha parálisis cerebral que lle afecta ó sistema motor. Actualmente é veciño de Toral de los Vados, aínda que súa nai foi veciña de Quiroga e de Ribas de Sil gran parte da súa vida, e, por esta razón, o concello decidiuse a axudalos co fin de conseguir unha mellor calidade de vida para Edgar, a través dun costoso tratamento que fai que pouco a pouco mellore a súa situación.
          Moita xente, colectivos e particulares, así como diferentes concellos, están axudando a Edgar a recadar cartos para este tratamento, se alguén quere colaborar o número de conta dispoñible é o seguinte:
                                              BANCO PASTOR
                                  CTA.0072-0218-18-0000102739.
         Dende o concello espérase unha gran afluencia de xente neste acto solidario, e, para quen queira asistir as entradas para este evento están dispoñibles nos seguintes locais comerciais e tamén na Casa de Cultura ó prezo de 5€uros: en Ribas de Sil: no Supermercado San Clodio e na tenda Confecciones Copy, e en Quiroga: en Modas Eva, Zapatos e Complementos Z&C, Lambetadas e Loterías Ana, Dixital Foto Quiroga e Librería Celia.
         
             Os concertos correrán a cargo de J.A.A.N.T., CASTROYMONTES, SANTA COMPAÑA, UTOPÍA, LETHAL CHAINS E EMILIO RÚA, que actuarán de forma desinteresada.          

ULTIMADO O PROGRAMA DE ACTOS DA XXX FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

Esta mañá reuniuse novamente a comisión organizadora XXX Feira do Viño que terá lugar os días 7 e 8 de abril. Na xuntanza desta mañá presentouse o folleto que recolle o programa previsto para esta nova edición.
        Este programa desenvolverase durante toda a semana, xa que se inicia cun concurso de tapas organizado polo departamento de xuventude e no hai inscritos un total de 16 bares da vila, contarase tamén  cun concerto benéfico que terá lugar o xoves santo no auditorio municipal, ás cinco e media da tarde. Tamén se poderá visitar a exposición de fotografía “Camiño de Santiago, camiño de liberación”.
          No apartado de deportes hai que descatar a concurrida carreira popular, unha das mais consolidadas da provincia, que terá lugar o venres a partir das cinco da tarde; e antes, do luns ao xoves, disputarase o I Torneo de Fútbol Sala Feira do Viño.
           Durante o sábado e o domingo haberá alboradas por parte da banda de gaitas San Martiño e do grupo de gaitas O Recanto. O recinto feiral inaugurarase o sábado ás seis e media da tarde, e o encargado de facelo será o Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar en Lugo, D. José Ramón Losada Fernández.
 Tamen o sábado, ás sete da tarde, o Auditoria Municipal acollerá ás actuacións da Coral Polifónica de Quiroga, do grupo de danzas San Martiño e da banda de gaitas do mesmo nome. Ademais entregaranse os premios do IX Certame Cartas de Amor, do VII Relato Curto e do V Concurso de Debuxo.
 Ás oito e media xa no palco, terá lugar o pregón a cargo de Kiko Matamoros e o seu remate farase entrega do premio do II concurso de camisetas. A festa continuará esa noite coa música do grupo Alkar.
 O domingo, a unha menos cuarto faraselle entrega aos nove colleiteiros participantes nesta edición dos trofeos no Museo Etnográfico. O remate da feira do viño poñerao a música da charanga NBA.

28 mar 2012

ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA PARTICIPAR NA CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO

Xa están abertas ás inscripcións para a oitava edición da carreira popular Feira do Viño, que se disputará o venres de Semana Santa.

         Ás cinco da tarde comenzará a carreira na categoría de pitufos, cun recorrido de 100 metros (ata o bar cine). Cinco minutos máis tarde sairán os prebenxamíns e os benxamíns, cun percorrido de 500 metros, é decir unha volta ata a Praza de España.
        Cinco minutos máis tarde participará a categoría Alevín cun recorrido de 1.000 metros – 1 volta ata o bar Zorro. A continuación farano os da categoría Infantil e Cadete, cun recorrido de 2.000 metros, ata as piscinas municipais e volta á meta.
A retirada de dorsais realizarase o día da proba no Concello, en horario de 12 a 13 h, tamén poderán recollerse dende as 15 h ata media hora antes do inicio de cada proba.
        Ás cinco e media comenzará a Proba Absoluta, cun percorrido de 9.400 metros; e que comprende as categorías xuvenil, senior e veteranos; masculino e feminino. Este ano a proba de adultos estará novamente controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que se colocará na zapatilla antes da saída da proba.
Haberá trofeos e medallas para os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como feminino, e os tres primeiros locais, e ó corredor de maior idade e o mais novo.
        Este ano contarase coas novidades de que cada participante recibirá unha camiseta técnica como obsequio ata esgotar existencias e disporase de tres fisioterapeutas na meta para atender calqura problema que surxa ao longo da realización da proba.

22 mar 2012

A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE ABRIU O PRAZO DE INSCRICIÓN EN ROTEIROS PARA A XUVENTUDE

    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado abriu o 20 de marzo, o prazo de inscrición en Roteiros para a xuventude, un programa  que consiste en saídas de fin de semana co obxectivo de ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o compañerismo, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente grupal que lle permita acceder a un tempo libre de calidade.
 Ofértase un total de 3.782 prazas prazas en 16 instalacións distintas dende o mes de abril ata o mes de setembro,  incluíndo actividades náuticas, de multiaventura, de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico. Entre outras actividades os participantes visitarán lugares como a Cova do Deza e a Devesa de Rogueira, así como os Museos Xeóloxico e Etnográfico de Quiroga.
 Os interesados en participar nesta iniciativa poderán facer a reserva da súa praza a partir do martes 20 de marzo a través da chamada telefónica nos teléfonos 981 54 59 37/981 54 57 02/981 54 16 89/981 54 58 22 en horario de 09,00 a 14,00 horas de luns a venres. Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pago da cota no prazo máximo de 48 horas.
 A información detallada de cada un dos programas atópase na páxina web www.xuventude.net , na Casa da Cultura ou no teléfono 982 43 51 25.

II CONCURSO DE CAMISETAS DA XXX FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

        Dende a Concellería de Xuventude organízase tamén, para esta edición da Feira do Viño o II CONCURSO DE CAMISETAS, coas seguintes bases:

     1º- Poden participar todos os grupos e colectivos que o desexen a partir de catro integrantes.

     2º.- A temática reflexada no diseño e lema das camisetas  estará relacionada coa XXX Feira do Viño de Quiroga.

     3º.- Os participantes poden realizar a súa inscrición ata o día 6 na Casa da Cultura, chamando ó teléfono 982 435 125, ou a través do facebook da Omix de Quiroga. O día 7, no recinto da feira, tamén poderán facelo na Caseta de Información do Concello ata as 19:00h.

    4º.- O xurado será o encargado/a do pronunciar o pregón.
   5º.- Un representante de cada grupo anotado ao concurso deberá acceder ao lugar do pregón , para expoñer a súa camiseta diante do público e do encargado/a de seleccionar ao gañador.
   6º.- Establécese un só premio, que consiste nun lote cinco caixas de viño dos participantes no certame deste ano.

   7º.- A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

TÍTERES CASCANUECES PRESENTA "O GRAN KE-TUMBA KE-TAMBA",

     O vindeiro sábado, día 24, ás 19:00h.,  na Casa da Cultura  Títeres Cascanueces presenta  “o Gran Ke-Tumba Ke-Tamba”. Esta peza está  basada no libro de Xerardo Quintiá do mesmo título.

    Esta actividade, para público infantil e familiar,  está enmarcada no  programa  “Letras Vivas Animación” que  a Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos  está a desenvolver en colaboración coas Bibliotecas Municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Esta iniciativa , no que participa  o Concello de Quiroga dende hai varios anos, vai dirixida a propiciar que as bibliotecas integradas na Rede conten cunha programación estable en prol do fomento da lectura e a promoción dos creadores.

20 mar 2012

A OFICINA DE XUVENTUDE POÑERÁ A DISPOSICIÓN DOS QUIROGUESES UN AUTOBÚS PARA ASISTIR A FEIRA DO VIÑO DE AMANDI EN SOBER.


    A Oficina de Xuventude, organizou coma en anos anteriores a viaxe á FEIRA DO VIÑO DE AMANDI DE SOBER, para o domingo día 1 de abril, a saída do autobús será de diante do concello ás 15 horas e a volta terá lugar ás 00:00h. O prezo será de 5€uros e os interesados poderanse apuntar na Casa de Cultura, teléfono 982 435 125 ou no facebook da OMIX.

O CONCELLO DE QUIROGA ABRIU O PRAZO PARA ACOLLERSE AS AXUDAS DO PROXECTO DA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL

O Concello de Quiroga abriu o prazo para que os veciños que o desexen a se acollan a axudas para a restauración de vivendas situadas na contorna da Praza Maior e o núcleo de Pacios de Mondelo, subvencións incluídas na segunda fase do proxecto do Área Integral de Rehabilitación (Ari). O prazo permanecerá aberto ata o 31 de decembro deste ano.

Os interesados deberán dirixirse ao centro de formación ocupacional Pía Páxaro, onde funciona a denominada oficina municipal de rehabilitación, para cuxa apertura a administración quiroguesa recibiu unha subvención de 45.000 euros da Xunta.

Os fins do Ari son atender prioritariamente a mellora das condicións de habitabilidade das edificacións, que deberán ter unha antigüidade superior a dez anos, fóra daquelas nas que se realicen adaptacións para facilitar a accesibilidade a persoas con discapacidades.

Quiroga é o cuarto municipio da Ribeira Sacra, xunto a Monforte, Chantada e Sober.

No caso quirogués contémplanse un total de 432 vivendas que poden ser obxecto de atención dentro do programa de axudas.

Desde a oficina municipal de rehabilitación fíxose un chamamento para que todos os veciños interesados soliciten os datos precisos para aproveitar os fondos existentes. As subvencións poden chegar ao 75% do orzamento de obra ata un máximo de 11.600 euros.

19 mar 2012

KIKO MATAMOROS, PREGOEIRO DA XXX FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

     Esta fin de semana desvelouse o nome do pregoeiro da XXX Feira do Viño de

Quiroga, que se celebrará os días 7 e 8 de abril. Continuando coa longa lista de

pregoeiros dos últimos anos, todos eles vinculados ao mundo da televisión e moi

especialmente os programas de corazón, Quiroga contará este ano cun

pregoeiro de altura trátase de Kiko Matamoros, showman e colaborador de

diversos programas de televisión na canle privada de Telecinco.

A organización xa adiantou que Kiko acudirá á nosa vila en compañía da súa muller, Makoke, quen tamén ten un rechamante papel en programas de televisión.

Kiko Matamoros saltou á fama como representante de diversas persoas de fama no mundo do espectáculo.

O pregoeiro do próximo feiral vinícola de Quiroga, destacou polas súas colaboracións en programas como Salsa Rosa, TNT, A tu lado, Donde estás corazón. Na actualidade acode a Sálvame Diario, La Noria e Sálvame Deluxe.

Kiko Matamoros pregoará o feiral o sábado 7, pois en Quiroga é habitual que ese acto se celebre durante a tarde da primeira xornada do feiral, que xa se caracteriza polos seus destacados pregoeiros. Entre os últimos: Paz Padilla, Jimmy Jiménez Arnau, Jaime Peñafiel, Lydia Lozano, Silvia Jato, Paula Vázquez, Matías Prats e María Castro, entre outros, sen deixar de lado que nunha ocasión contouse con Camilo José Cela.

8 mar 2012

XUVENTUDE ORGANIZA UN OBRADOIRO DE FIELTRO

         A oficina de Xuventude organizou un obradoiro de fieltro dirixido a rapaces e rapazas de doce e 30 anos. Este obradoiro, que é gratuito,  terá unha duración de hora e media durante dous días.
O obradoiro desenvolveráse o martes día 13 e o xoves día 15 en horario de sete da tarde a oito e media.
Cada alumno deberá aportar o material necesario para levar a cabo o traballo ou poñerse dacordo coa monitora para mercalo todos en conxunto, o custo do material será como máximo de 20 €.
Os mozos interesados en participar xa poden inscribirse na Casa da Cultura no teléfono 982.43.51.25.

6 mar 2012

QUIROGUESES VISITAN MAÑÁ A PRAIA DAS CATEDRAIS DENTRO DO PROGRAMA KM 0

           48 quirogueses disfrutarán mañá dunha excursión á Praia das Catedrais organizada pola Deputación Provincial en colaboración co concello de Quiroga.
O programa da excursión, comenza coa saída de Quiroga con destino á capital lucense ás 8:30 da mañá, polo que os participantes deberán estar  ás  8:00  fronte ao concello de Quiroga. Á súa chegada a Lugo, visitarán a Deputación Provincial e o centro de artesanía e deseño da Deputación. 
Tras estas visitas partirán para Ribadeo; e tras xantar na localidade de  Rinlo darán un paseo pola praia das Catedráis  e pola  praia dos Castros. Tamén visitarán  as cetarias de Rinlo e o aeródromo de Villaframil. 
 A excursión farase en dous microbuses de 24 prazas cada un e  con persoal responsable do programa km0 da Deputación de Lugo.
 Esta excursión, incluida no programa Km0 da Deputación Provincial,  estaba aberta para todos os colectivos, desde os nenos maiores de 6 anos, ata  o colectivo da terceira idade.