29 mar 2012

O I CONCURSO QUIROGA DE TAPAS PREMIARÁ CON 100€ O ESTABLECEMENTO GAÑADOR E SORTEARÁ ENTRE OS PARTICIPANTES UNHA NOITE EN RUGANDO

O Concello de Quiroga en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería organizou o I CONCURSO “QUIROGA DE TAPAS”, que se desenvolverá  entre os días 2 e 10 de abril. O establecemento gañador será premiado con cen euros e entre os clientes que participen no certame sortearase unha estancia dunha noite para dúas persoas na casa de turismo rural de Rugando.
Cada  establecemento participante deberá elaborar unha tapa, sendo os seus ingredientes de libre elección, a un precio de venda ó público de 1,00 €uros. Os establecementos que participan son Adega da María, Ciber-café A Pedra, Bar Las Palmeras, Bar Quiper, Bodegón da Andaluza, Cafetería Quiroga, Pub Ruxe-Ruxe, Bar O Cantar Miudiño, Bar Félix, Restaurante O Roxo Vivo, Restaurante Torres, Hostal Marcos, Bar Chapakuña3, O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño e Mesón Escaleira.
 Os locais participatnes disporán de cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso. Ademáis, en todos os establecementos participantes, estarán situadas as urnas oficiais de votación.
 Cada vez que un cliente deguste a tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle a cartilla de votación, na casilla correspondente o seu establecemento, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de darlle outro, e así, o cliente, tamén ten a opción de repetir as veces que así o desexe e optar con máis dun tapacartón ó premio.
Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, ubicadas en todos os establecementos participantes.
O cliente poderá ter en conta, á hora de emitir o seu voto, os seguintes criterios de valoración: Presentación e innovación; Gusto, sabor, texturas e aromas; Calidade dos ingredientes; e Acompañamento cun viño da Ribeira Sacra.
O concurso “Quiroga de Tapas” fallarase na mañá do venres 13 de abril no Salón de Plenos do Concello de Quiroga. O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 100 €uros, así como unha placa honorífica. O resto dos establecementos participantes recibirá un diploma de participación.
Esa mesma mañá, entre as cartillas de votación realizaráse o sorteo público para unha noite na ferrería de Rugando para dúas personas, con cea incluída.

No hay comentarios:

Publicar un comentario