29 mar. 2012

ULTIMADO O PROGRAMA DE ACTOS DA XXX FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

Esta mañá reuniuse novamente a comisión organizadora XXX Feira do Viño que terá lugar os días 7 e 8 de abril. Na xuntanza desta mañá presentouse o folleto que recolle o programa previsto para esta nova edición.
        Este programa desenvolverase durante toda a semana, xa que se inicia cun concurso de tapas organizado polo departamento de xuventude e no hai inscritos un total de 16 bares da vila, contarase tamén  cun concerto benéfico que terá lugar o xoves santo no auditorio municipal, ás cinco e media da tarde. Tamén se poderá visitar a exposición de fotografía “Camiño de Santiago, camiño de liberación”.
          No apartado de deportes hai que descatar a concurrida carreira popular, unha das mais consolidadas da provincia, que terá lugar o venres a partir das cinco da tarde; e antes, do luns ao xoves, disputarase o I Torneo de Fútbol Sala Feira do Viño.
           Durante o sábado e o domingo haberá alboradas por parte da banda de gaitas San Martiño e do grupo de gaitas O Recanto. O recinto feiral inaugurarase o sábado ás seis e media da tarde, e o encargado de facelo será o Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar en Lugo, D. José Ramón Losada Fernández.
 Tamen o sábado, ás sete da tarde, o Auditoria Municipal acollerá ás actuacións da Coral Polifónica de Quiroga, do grupo de danzas San Martiño e da banda de gaitas do mesmo nome. Ademais entregaranse os premios do IX Certame Cartas de Amor, do VII Relato Curto e do V Concurso de Debuxo.
 Ás oito e media xa no palco, terá lugar o pregón a cargo de Kiko Matamoros e o seu remate farase entrega do premio do II concurso de camisetas. A festa continuará esa noite coa música do grupo Alkar.
 O domingo, a unha menos cuarto faraselle entrega aos nove colleiteiros participantes nesta edición dos trofeos no Museo Etnográfico. O remate da feira do viño poñerao a música da charanga NBA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario