19 mar 2012

KIKO MATAMOROS, PREGOEIRO DA XXX FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

     Esta fin de semana desvelouse o nome do pregoeiro da XXX Feira do Viño de

Quiroga, que se celebrará os días 7 e 8 de abril. Continuando coa longa lista de

pregoeiros dos últimos anos, todos eles vinculados ao mundo da televisión e moi

especialmente os programas de corazón, Quiroga contará este ano cun

pregoeiro de altura trátase de Kiko Matamoros, showman e colaborador de

diversos programas de televisión na canle privada de Telecinco.

A organización xa adiantou que Kiko acudirá á nosa vila en compañía da súa muller, Makoke, quen tamén ten un rechamante papel en programas de televisión.

Kiko Matamoros saltou á fama como representante de diversas persoas de fama no mundo do espectáculo.

O pregoeiro do próximo feiral vinícola de Quiroga, destacou polas súas colaboracións en programas como Salsa Rosa, TNT, A tu lado, Donde estás corazón. Na actualidade acode a Sálvame Diario, La Noria e Sálvame Deluxe.

Kiko Matamoros pregoará o feiral o sábado 7, pois en Quiroga é habitual que ese acto se celebre durante a tarde da primeira xornada do feiral, que xa se caracteriza polos seus destacados pregoeiros. Entre os últimos: Paz Padilla, Jimmy Jiménez Arnau, Jaime Peñafiel, Lydia Lozano, Silvia Jato, Paula Vázquez, Matías Prats e María Castro, entre outros, sen deixar de lado que nunha ocasión contouse con Camilo José Cela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario