29 mar. 2012

O CONCELLO ORGANIZA UNHA GALA BENÉFICA PARA AXUDAR A UN NENO CON PARÁLISIS CEREBRAL

A Concellería de Xuventude do concello de Quiroga, organizou para o xoves día 5 de abril ás 17:30 horas no Auditorio Municipal unha Gala Benéfica en axuda a Edgar.
         Edgar Acebo Salgado, é un rapaciño de seis anos recén cumpridos, cunha parálisis cerebral que lle afecta ó sistema motor. Actualmente é veciño de Toral de los Vados, aínda que súa nai foi veciña de Quiroga e de Ribas de Sil gran parte da súa vida, e, por esta razón, o concello decidiuse a axudalos co fin de conseguir unha mellor calidade de vida para Edgar, a través dun costoso tratamento que fai que pouco a pouco mellore a súa situación.
          Moita xente, colectivos e particulares, así como diferentes concellos, están axudando a Edgar a recadar cartos para este tratamento, se alguén quere colaborar o número de conta dispoñible é o seguinte:
                                              BANCO PASTOR
                                  CTA.0072-0218-18-0000102739.
         Dende o concello espérase unha gran afluencia de xente neste acto solidario, e, para quen queira asistir as entradas para este evento están dispoñibles nos seguintes locais comerciais e tamén na Casa de Cultura ó prezo de 5€uros: en Ribas de Sil: no Supermercado San Clodio e na tenda Confecciones Copy, e en Quiroga: en Modas Eva, Zapatos e Complementos Z&C, Lambetadas e Loterías Ana, Dixital Foto Quiroga e Librería Celia.
         
             Os concertos correrán a cargo de J.A.A.N.T., CASTROYMONTES, SANTA COMPAÑA, UTOPÍA, LETHAL CHAINS E EMILIO RÚA, que actuarán de forma desinteresada.          

No hay comentarios:

Publicar un comentario