24 sept 2015

QUIROGA INCREMENTA O NÚMERO DE VISITANTES

          O concello de Quiroga incrementou  o número de visitantes con respecto ao ano pasado. A  Oficina Municipal de Turismo atendeu dende principios de ano ata agora un total de 5.489 peticións de información turística ben de xeito presencial, na propia oficina, ou  ben  a través de chamadas telefónicas e solicitudes por  correo.

          Un  60% do total  das consultas  rexistráronse  entre o mes de abril  e  setembro, coincidindo coa Semana Santa e o verán,  períodos importantes para o turismo neste municipio xunto co outono.

En relación a procedencia dos turistas un 88% é turismo nacional  e un 12% internacional. Dentro do turismo nacional un 35% proceden da nosa Comunidade e o resto de Cataluña, Madrid, Andalucía, Castela-León e País Vasco respectivamente.

A información máis demandada polos turistas é a  relativa a rutas turísticas e de sendeirismo, seguida do Sinclinal do Courel (Pregamento de Campodola-Leixazós) e do Túnel Romano de Montefurado.

          A maiores deste rexistro, temos constancia dunha importante difusión de información turística e cultural a través de internet e redes sociais. Como exemplo salientar as 20.975 visitas que recibe  o enderezo www.rutasquiroga.blogspot.com ou as máis de cen mil que recibe o perfil municipal de Facebook.


        Mención especial como recursos turísticos do Concello de Quiroga merecen  os Museos Municipais  Etnográfico e Xeolóxico  que suman  neste momento un total de  4. 150  visitas. O Museo Etnográfico acolleu 2.171 visitantes e o Museo Xeolóxico  1.979 dende principios de ano.

21 sept 2015

FIN DE SEMANA INTENSA NAS VIÑAS DE QUIROGA

        Quiroga está inmersa na vendima, nesta fin de semana cortáronse a maioría dos acios das cepas, e prevese que co remate da semana que empeza a vendima deste ano se dé por finalizada. Unha vendima cunhas inmellorables condicións climatolóxicas e nas que as uvas se atopan en perfectas condicións en canto a acidez e a graduación. Puntualmente a graduación descendeu minimamente coas choivas da semana pasada, pero que cas altas temperaturas destes días está recuperando.

        Só unha das adegas industriais locais apuntou que algunhas uvas se presentaron con algo de oidium, pero de xeito anecdótico, xa que as condicións desta vendima están sendo inmellorables. Este pequeno problema surxido posiblemente polo descuido dos viticultores, que ante o bo tempo reinante durante toda a evolución das uvas, esquenceron algún dos tratamentos preventivos.

         Dende o ano 2014 Quiroga é o concello de todos os que conforman a denominación de orixe Ribeira Sacra, co maior número de hectáreas plantadas de cepas, con máis de 200 hectáreas. Curiosamente este número de hectáreas, superando a concellos vitícolas como Sober, Chantada ou Pantón, non se traduce nun incremento importante de adegas industriais, xa que neste cómputo estamos moi lonxe destes municipios, con só cinco adegas. Aínda que só hai cinco adegas industriais, Quiroga rexistra 254 viticultores, que nutren coas súas uvas as adegas locais e as demáis da Denominación de Orixen, así como a moitos particulares que elaboran viño en zonas nas que non se prantan viñedos.

          A adega máis importante en canto a elaboración de viño de Quiroga, é Val de Quiroga. Esta adega, unha das máis madrugadores de toda a Ribeira Sacra no inicio da vendima ten pensado rematar este traballo en dous días. Nos seus depósitos xa están 30.000 kilos de uvas brancas, das variedades godello, treixadura e albariño, maioritariamente, con algo de torrontés e loureira. E están rematando de entrar as uvas tintas, uns 300.000 kilos entre as variedades mencía, garnacha, tempranillo, brencellao e merenzao.

          Adegas Mondelo tamén ten recollida boa parte da colleita. Remataron cas uvas blancas, uns 5.000 kilos de godello, albariño e treixadura; e traballan agora coas tintas, sobre todo mencía e garnacha da que xa recolleron 12.000 kilos e faltanlles sobre 9.000.

          Atrium Vitis tamén recolleu xa o 90% da súa colleita. Esta é a única adega local na que a súa producción se centra sobre todo no viño branco. 10.000 kilos de albariño, godello e traixadura xa está fermentando na adega. Esta semana rematarán coa recollida da mencía e deixarán para o final a variedade garnacha, variedades que utilizan na elaboración do seu viño tinto. Destas dúas variedades agardan recoller 5.000 kilos.

         A adega de creación máis recente, Lar de Ricobao, teñen pensado rematar mañá coas vendimas. Nesta adega entraron 12.000 kilos de godello e treixadura; e rematarán mañá cos 25.000 kilos de mencía e garnacha que completarán a súa vendima.

          A última das adegas locais inscrita na denominación de orixen é Adegas Cosme, de Margaride. Esta adega é a última en iniciar a vendima xa ata mañá non ten pensado iniciar a recollida de uvas. Esta adega recollerá 6.000 kilos de uvas brancas de godello e treixadura, que será polas que empece. Ata a vindeira semana non comezará a recoller os 17.000 kilos previstos de mencía e garnacha. Dende a adega apuntan a que o atraso no inicio de vendima obedece a que queren uvas nas que a graduación supere os 13 graos, e tras o pequeno descenso de un grao tras as choivas da pasada semana, estiveron agardando a recuperación facilitada polas boas condicións meteorolóxicas.

          Ademáis das uvas que entran nas adegas quiroguesas hai moitas outras que van para as outras adegas da denominación de orixen e tamén as que van para particulares. As adegas que desprazan vehículos para a recollida da uva, aínda non están contabilizadas pero sí o están as uvas saídas para as adegas que non desprazan vehículos, como é o caso de Rectoral de Amandi ou os particulares que mercan uvas para elaborar viño para o seu consumo. Nesta fin de semana a oficina de extensión agraria contabilizou a saída de 50.000 kilos de uvas, xa que esta práctica necesita unha guía que lle facilitan nesta oficina tanto para o propietario das uvas, como para o transportista que as leva.


16 sept 2015

CONCELLO E DEPUTACIÓN ASINAN UN CONVENIO DE FINANCIACIÓN DO SERVIZO DE TELEASISTENCIA

       O alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, xunto co resto de alcaldes da provincia, asinou onte un convenio coa presidenta da deputación provincial, Elena Candia. Mediante este convenio a Deputación Provincial financiará o 100% dos custos do servizo de teleasistencia domiciliaria. O goberno provincial formaliza así o seu compromiso de asumir con fondos propios a totalidade deste servizo, no que ata o de agora os concellos debían pagar o 50 % dos costes.
A presidenta explicou que este convenio permitirá formalizar novas altas no servizo, algo que non se fai dende o ano 2007.
O servizo de teleasistencia a través da Deputación Provincial beneficia en toda a provincia a unhas mil persoas maiores, 20 delas no concello de Quiroga; proporcionándolles axuda as 24 horas dos 365 días do ano, grazas á instalación  de servizos de conectividade e seguridade, o que lles permite comunicar con rapidez calquer tipo de risco ou emerxencia.

O servizo de teleasistencia a través da deputación provincial non é o único co que conta o concello de Quiroga, xa que tamén conta con este servicio a través do departamento de Dependencia da Xunta de Galicia e a Cruz Vermella. Este último que comezou a funcionar cando o primeiro deixou de permitir novas altas, conta actualmente con 24 usuarios.

CURSO DE PREVENCIOS DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MAQUINARIA FORESTAL

      O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral en colaboración co Concello de Quiroga vai a levar a cabo un curso de Prevención de Riscos Laborais no Manexo de Maquinaria Forestal. Manexo Práctico de Motoserra e Rozadoira.
          O curso vai destiñado a persoas traballadoras maiores de idade ocupadas ou desempregadas na actividade a que se dirixe o curso, con residencia ou centro de traballo actual ou anterior nalgún dos concellos incluídos nos plans de zona.
           Os obxetivos que se perseguen ca realización deste curso son que os traballadores do sector forestal coñezan e cumpran a lei de prevención de riscos laborais así como que coñezan os riscos que corren no seu traballo e poidan evitalos e que adquiran soltura no manexo de forma práctica e segura a maquinaria forestal.
          O curso, que comezará o 5 de outubro e rematará o 9 de outubro, ten unha duración de 22 horas, con xornadas de cinco horas como máximo sendo os luns e martes teoría e os mércores, xoves e venres, as clases prácticas.

          Para pedir máis información ou inscribirse nel pódeno facer no correo desenvolvementorural.issga@xunta.es ou no fax: 986 78 72 24.

O ALBERGUE MUNICIPAL ACOLLERÁ UN MURAL DA RUTA DOS MURAIS DA RIBEIRA SACRA

O Concello de Quiroga en colaboración co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e Turismo de Galicia levará a cabo a creación dun mural nunha das fachadas do albergue municipal.
 Este será un dos 21 murales exteriores que embellecerán determinados espacios públicos de cada uno dos concellos que compoñen la Ribeira Sacra a través de intervencions de arte urban.
O obxetivo é crear un producto turístico innovador, casi inexistente no entorno rural que poña en valor os recursos, a cultura e as tradicions desta zona turística. Trátase de reflexar de maneira artística os emblemas, valores, recursos ou tesouros máis destacados da comarca. Así, a través destas expresions contemporáneas de arte buscase xerar patrimonio e convertir espazos decadentes en cuadros de gran tamaño.
Unha vez rematada, a ruta estará constituida por un total de 21 murais, un en cada concello, da Ribeira Sacra que reflexaran unha ou varias sinais de identidad do propio concello ou da Ribeira Sacra en xeral.
As extensions variarán en función da localización seleccionada en cada caso, pero establecese a priori en doce metros cadrados.

Nestes momentos xa están rematados los murais de Sober, A Pobra do Brollón, Taboada e Ribas de Sil, e nos próximos dias inicarase o de Quiroga xunto co de Pantón e Portomarín. A mediados de outubro xa se poderá disfrutar da ruta completa.

2 sept 2015

O CONCELLO DE QUIROGA ,DENDE O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS,RETOMA O TALLER DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA,PSICOMOTRIZ E DA MEMORIA

      O Concello de Quiroga, a través do departamento de servizos sociais, retoma tralo período vacacional do mes de agosto o seu taller de estimulación cognitiva, psicomotriz e da memoria  en persoas maiores que sofren deterioro cognitivo.   
    Este programa ten como obxectivo  a prevención e mellora  de enfermidades cerebrais, especialmente a enfermidade de alzheimer e as caracterizadas pola perda aillada e obxectiva da memoria.
         Tras a boa acollida destes obradoiros e os seus resultados, por parte dos  familiares dos participantes no obradoiro de “estimulación cognitiva e psicomotriz”, tomouse a decisión de ampliar este obradoiro, así o Concello ampliou estas sesións, polo que se desenvolverán os luns, mércores e venres, dende as once da mañá ata a unha da mediodía, nas instalacións do centro social.
      Pola súa banda  dende o departamento de Servizos Sociais do Concello queren comunicar aos familiares dos usuarios deste taller que se  mantén aberto o prazo de inscripción para novos participantes neste obradoiro que se desenvolve con  persoal da asociación  Afamon, Asociacion de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte.