30 dic 2015

INCHABLES GRATUITOS PARA TODOS OS NENOS O SÁBADO NO PAVILLÓN MUNICIPAL

O Concello de Quiroga organizou un ano máis unha festa de Nadal para os máis pequenos con inchables.
O vindeiro sábado, 2 de xaneiro, o pavillón municipal acollerá inchables gratuitos para todos os nenos e nenas, dende as catro da tarde ata as oito do serán.

Esta actividade, organizada dende o departamento de Educación e Infancia forma parte da programación que o concello puxo en marcha con motivo das festas de Nadal.

OS BARES DE QUIROGA ACOLLEN ESTE SÁBADO A PRIMEIRA EDICIÓN DOS CANTOS DE TABERNA

           O Concello de Quiroga, dende a súa  Área de Xuventude, organiza para este Nadal diferentes actividades dirixidas os mozos e mozas da nosa vila que estarán a disfrutar das vacacións de Nadal. Este ano contaremos co estreno dunha iniciativa nova "Cantos de Taberna", que ten como obxectivo a dinamización social  e a recuperación das nosas tradicións musicais.                               
           Os cantos nas  tabernas foron  unha maneira de divertimento, de ocio  e un xeito  de producir e mantener a  tradición musical da comarca.
          Para  esta actividade, o Concello de Quiroga conta coa colaboración da Empresa  Tourgalia e  de  quince locais (cafeterías, bares e pubs) onde se van realizar as actuacións o día 2 de xaneiro  a partir das 17:00 h.
          Cada agrupación musical participante realizará unha actuación de media hora en cada  establecemento, e rematarán  a ronda na zona dos Pubs cunha gran foliada.

          Ponden participar todas as agrupacións interesadas ata  un máximo de 15 e o número de integrantes de cada agrupación non ha de superar os 10 membros. Para inscribirse poden chamar á Casa da Cultura telf: 982.43.51.25.

O DEPARTAMENTO DE DEPORTES REMATARÁ O ANO COA II CARREIRA SOLIDARIA

O departamento de Deportes do Concello vai rematar o ano coa celebración da II carreira solidaria San Silvestre.
A saída da carreira, que tamén se poderá facer andando, ao igual que a meta estarán situadas nas inmediación do concello. Os participantes deberán de inscribirse minutos antes do incio que está previsto para as cinco da tarde, e colaborar se o desexan con 2 kg de alimentos que serán entregados ao banco de alimentos de Lugo.

Unha vez remate a carreira faraselle entrega dunha cesta de Nadal e un trofeo ao participante mellor disfrazado e tamén se sortearán outras tres cestas entre todos os participantes.

O LUNS RETÓMASE O TALLER DE MEMORIA

          O concello de Quiroga, a través do departamento de servizos sociais, vai retomar o taller de Memoria, dirixido a todas as persoas que queiran estimular a súa memoria con diferentes exercicios.
O taller comezaría o vindeiro luns, día 4 de xaneiro, e prolongaríase ata o 30 de xuño. Desenvolveríase todos os luns pola tarde, nun principio de catro da tarde a seis.

Este taller aínda mantén aberto o prazo de inscripción, polo que as persoas que queiran participar ou recibir máis información, deben dirixirse ao departamento de servizos sociais do concello ou acudir ao propio taller.

23 dic 2015

GRAZAS POR 21 ANOS CON TODOS VOSTEDES.

FELICES FESTAS A TODOS OS NOSOS OINTES E TELESPECTADORES!!!





XA SE PODEN SOLICITAR AS AXUDAS DA A.R.I.

O Boletín Oficial da Provincia publicou o pasado sábado día 19 de decembro, as bases reguladoras e convocatoria  de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas de rexeneración e renovación urbana do núcleo de Quiroga. Polo que xa está aberto o plazo para tramitar as solicitudes.
Os veciños de Pacios de Mondelo, a praza Maior e parte do núcleo urbán de Quiroga poderán acollerse ás axudas para a rexeneración e renovación do A.R.I. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas os propietarios/as de vivendas, de edificios, as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e os consorcios e entes asociativos de xestión.
As actuacións subvencionables no marco da A.R.I. serán a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares establecidos pola  normativa vixente. Poderanse acoller ás axudas as actuacións xa iniciadas pero que non estean finalizadas á data da presentación das solicitudes.
A contía das subvencións será do 35% do custo das actuacións subvencionables, e cun máximo de 11.000 euros por vivenda.
Deberá solicitarse, unha visita de inspección técnica previa á solicitude oficial das axudas. Os técnicos da Oficina de Rehabilitación realizarán a visita para comprobar o estado da  edificación e asesorar ao particular sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación dos inmobles.
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 6 meses dende o día seguinte á publicación destas bases no BOP. E as obras deberán executarse no prazo máximo establecido na cualificación provisional das axudas, é en todo caso deberán estar rematadas antes do 30 de novembro do 2016.
Estas actuacións enmárcanse dentro do convenio subscrito, en setembro de 2014, entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para a execución do Plan Estatal de Fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbana 2013-2016.  Tras a firma do convenio entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, e o concello de Quiroga, o concello dispón de  67.050 €, para a rexeneración de inmobles nesta zona. 26.997 € aprobados para este ano 2015 e 40.052 para o 2016.

 Para solicitar as dúas subvencións ou para máis información, deben pasar pola oficina da vivenda ubicada no edificio da antiga cárcere ou chamar o teléfono 982.42 83 97.

21 dic 2015

ALTA PARTICIPACIÓN DOS QUIROGUESES NUNHAS ELECCIÓNS NAS QUE O PP VOLTA SER A FORMACIÓN MÁIS VOTADA

      2.243 quirogueses dos 2.992 que podían exercer o seu dereito a voto acudiron na xornada de onte ás urnas. Un 74,94 % de participación nunha xornada que se desenvolveu sen incidencias. Unha vez máis a forza máis votada foi o Partido Popular, que acadou cos seus 1.286 votos un 57,33 %; seguido a moita distancia do PSOE con 410 votos, un 18,28% e de Marea, que cos seus 322 votos e un 14,35%, pasa a ser a terceira forza máis votada. Xa a máis distancia sitúase ciudadanos, cun 4,10% que  lle dan os seus 92; e Nos con 53 votos e un 2,36% dos votos. Completan o escrutinio dos votos o partido animalista con 14 votos, UPyD con 7 votos e outras formacións con 5 votos. Tamén se contibilizaron 16 votos en blanco e 38 nulos.
A novidade destas eleccións e que se constituiron seis mesas electorias, unha menos que nos anteriores comicios, xa que a mesa de Montefurado pasa a integrarse na de Soldón.
 No centro social de Quiroga instaláronse duas mesas, na mesa A, cun 76,05% de participación recolléronse 489 votos, dos cales 263 foron para o PP, o 53,78 %; 80 para o PSOE, un16,36%; e 78 para Marea, un 15,95%. Ciudadanos acadou 29 votos, Nos 14 e o partido animalista 2 e outras formacións acadoron outros tres votos. 6 dos votos foron en branco e 14 nulos.
Na outra das mesas situadas no Centro Social, recolléronse 644 votos, un 73,85% de participación. O PP acadou nesta mesa un 52,33% con 337 votos; PSOE e Marea acadaron nesta mesa o mesmo resultado, 113 votos cada unha, un 17,55%. O desta mesa é o mellor resultado obtido polas Mareas. Ciudadanos obtivo 33 votos, Nos 22, o partido animalista 6, e 4 votos foron para outras formacións. Esta mesa recolleu 5 votos en blanco e 11 nulos.
No centro social de Campos de Vila, cun 76,59% de participación recolléronse 458 votos. 270 para o PP, un 58,95%; 90 para o PSOE, un 19,65% e 61 para Marea cun 13,31%. Ciudadanos obtivo nesta mesa 14 votos, Nos 7, o partido animalista 4 e outras formacións 2. 4 votos foron en branco e 6 nulos.
          A mesa situada no muiño de Soldón, onde votaron os veciñós que habitualmente o facían máis os de Montefurado, recolleu 285 votos, un 71,60%. Destes votos 192 foron para o PP, un 67,37%, a porcentaxe máis alta acadada por esta formación política. O PSOE acadou 46 votos, un 16,14% e Marea un 10,88% con 31 votos. Ciudadanos obtivo 8 votos, Nos 3 e o partido animalista 1. Tamén se recolleron 4 votos nulos.
          Na cantina Bonifacio, en Vilar de Lor, cun 73,06% de participación acadáronse 198 votos, dos cales 129 foron para o PP, un 65,15%, 36 para o PSOE, un 18,18%, e 22 para Marea cun 11,11%. Ciudadanos obtivo 3 votos ao igual que Nos. 3 votos máis foron para outras formacións e un foi nulo e outro en branco.
          Finalmente na casa da cultura de Quiroga, a mesa que contou con máis participación, xa que acadou un 80,09%, recolleu 169 votos. O partido popular con 95 votos acadou un 56,21%, o PSOE con 45 votos acadou nesta mesa o seu mellor resultado, un 26,63% e marea obtivo 17 votos, un 10,06%. Ciudadanos obtivo 5 votos, Nos 4 e o partido animalista 1. Tamén se contabilizaron 2 votos nulos.
          Estes foron o resultados para o Congreso. Nestas eleccións votáronse duas papeletas, que se distinguían por cores, unha para o senado e outra para o Congreso.  A papeleta do Congreso era de cor branca, impresa por unha soa cara. Pola contra a papeleta do Senado é de cor sepia e común para todos os candidatos, polo que o elector podía por unha cruz ata un máximo de tres candidatos, acadou os seguintes resultados nas tres formacións máis votadas:

          Os candidados do Partido Popular, acadaron: José Manuel Barreiro 1.256 votos, Dámaso López, 1.241 e Sandra Vázquez acadou 1.240 votos. Os candidatos do PSOE,  Ricardo Varela obtivo 372 votos, Darya Fernández 360 e Manuel Dacosta 359. Finalmente os candidatos de Mareas acadaron Luis Manuel Daporta 289 votos, Carmén Pérez 265 e Modesto Renda con 259 votos.

18 dic 2015

CAMPIONATOS DE NADAL NOS PUBS

 A área de Xuventude do Concello organiza un ano máis, en colaboración cos pubs da vila os campionatos de Nadal.
Os campionatos comezarán o venres 25 de decembro co campionato de poker no pub Ándele a partir das dez da noite, e co campionato de tute no pub Ruxe Ruxe o sábado día 26, a partir das catro da tarde.
O día un de xaneiro, á media noite disputarase o campionato de fútbolín no Disco pub Yoya e a unha e media da noite o de ping pong no pub Tic Tac.
Finalmente, o día tres de xaneiro, a partir das doce da noite disputarase o campionato de Escoba no pub Bunny.

Os premios  consistirán nunha cea para dous para os gañadores de cada campionato, un vale por 20 € para os que queden en segunda posición e unha cesta de nadal para os terceiros clasificados.

2.992 QUIROGUESES PODERÁN VOTAR ESTE DOMINGO NAS SEIS MESAS ELECTORAIS, UNHA MENOS QUE NOS COMICIOS PASADOS

        2.992 quirogueses, poderán exercer este domingo o seu dereito a participar nas esleccións xerais, para elexir aos representantes da nación  por catro anos.
A novidade destas eleccións e que se constituirán seis mesas electorias, unha menos que nos anteriores comicios, xa que a mesa de Montefurado pasa a integrarse na de Soldón.
 No centro social de Quiroga instalaranse duas mesas, na mesa A poderán votar 643 quirogueses, mentres que na mesa B poderán facelo 872.
No centro social de Campos de Vila, poderán votar 597 persoas, empadroadas dende a Parroquia de Hospital ata a parroquia da Seara.
         Na cantina Bonifacio, en Vilar de Lor, na que exercen o voto os veciños da zona da Labrada e a Montaña do Lor, hai un censo electoral de 271 persoas.
      Na casa da cultura de Quiroga, instalase a mesa para os veciños das parroquias do Nocedo e a Hermida. Nesta mesa, poderán exercer o seu dereito a voto 211 veciños.
       A última mesa estará situada no muiño de Soldón, onde votarán os veciñós que habitualmente o facían máis os de Montefurado, en total contará cun censo electoral de 398 posibles votantes.
          Todas as mesas deberán constituirse a partir das oito da mañá co seu presidente e dous vocais, para abrirse ás nove da mañá aos votantes. As persoas que queiran exercer o seu dereito a voto terán toda a xornada para facelo, ata as oito do serán, momento no que se pecharán as mesas.
          Para poder exercer o dereito a voto hai que acreditar a identidade polo que é imprescindible presentar o documento nacional de identidade ou o carné de conducir, sempre o orixinal, non valen fotocopias.

          Nestas eleccións vótanse duas papeletas, que se distinguen por cores, unha para o senado e outra para o Congreso.  A papeleta do Congreso é de cor branca, impresa por unha soa cara. Pola contra a papeleta do Senado é de cor sepia e común para todos os candidatos, polo que o elector pode por unha cruz no recuadro que aparece xunto ao candidato que prefira, ata un máximo de tres candidatos.

11 dic 2015

A PARTIR DA VINDEIRA SEMANA PODERÁN SOLICITARSE AS AXUDAS DA A.R.I.

Na vindeira semana prevese a publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases reguladoras e convocatoria  de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas de rexeneración e renovación urbana do núcleo de Quiroga. A partir do día seguinte da publicación, abrese o plazo para tramitar solicitude.
Os veciños de Pacios de Mondelo, a praza Maior e parte do núcleo urbán de Quiroga poderán acollerse ás axudas para a rexeneración e renovación do A.R.I. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas os propietarios/as de vivendas, de edificios, as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e os consorcios e entes asociativos de xestión.
As actuacións subvencionables no marco da A.R.I. serán a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares establecidos pola  normativa vixente. Poderanse acoller ás axudas as actuacións xa iniciadas pero que non estean finalizadas á data da presentación das solicitudes.
A contía das subvencións será do 35% do custo das actuacións subvencionables, e cun máximo de 11.000 euros por vivenda.
Deberá solicitarse, unha visita de inspección técnica previa á solicitude oficial das axudas. Os técnicos da Oficina de Rehabilitación realizarán a visita para comprobar o estado da  edificación e asesorar ao particular sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación dos inmobles.
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 6 meses dende o día seguinte á publicación destas bases no BOP. E as obras deberán executarse no prazo máximo establecido na cualificación provisional das axudas, é en todo caso deberán estar rematadas antes do 30 de novembro do 2016.
Estas actuacións enmárcanse dentro do convenio subscrito, en setembro de 2014, entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para a execución do Plan Estatal de Fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbana 2013-2016.  Tras a firma do convenio entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, e o concello de Quiroga, o concello dispón de  67.050 €, para a rexeneración de inmobles nesta zona. 26.997 € aprobados para este ano 2015 e 40.052 para o 2016.

 Para solicitar as dúas subvencións ou para máis información, deben pasar pola oficina da vivenda ubicada no edificio da antiga cárcere ou chamar o teléfono 982.42 83 97.

4 dic 2015

PROGRAMAS SOLIDARIOS NAS PARROQUIAS E NO CENTRO SOCIAL POR NADAL

      Este ano como o ano pasado, as parroquias de Quiroga e do Courel organizan a Operacion kilo, en beneficio dunha parroquia de Lugo.
          Os obxetivos da Operación Kilo é dunha parte a obtención de alimentos - legumes, aceite, leite, azúcar, patacas, arroz, pasta, etc.-, e de outra parte a sensibilización acerca do problema da fame, non lonxe como erroneamente podemos pensar senon na propia sociedade na que vivimos.
        Os alimentos donados enviaránse á parroquia "O Sagrado Corazón" de Lugo para ser repartidos antes do Nadal entre as familias mais necesitadas de esa comunidad parroquial.

As persoas que queiran contribuir deberán de deixar os alimentos nas igrexas de Folgoso, A Ermida ou o Hospital, antes do martes 17 de diciembre.
Paralelamente, o Centro Social  pon en marcha a  “Operación Kilo Solidario”, actividade de carácter social, dirixida a todos os socios do centro  social,  co obxectivo  de  axudar nestas datas a quenes máis o necesitan.
      Con esta iniciativa pídese a colaboración dos socios do centro para participar nesta causa solidaria aportando un kilo de alimentos non perecedeiros dende legumes, conservas, galletas, aceite ou productos de aseo persoal.

        Por outra  banda, o Centro Social  tamén  se fará de receptor para a   recollida de roupa usada en bó uso. A recollida tanto da operación kilo solidario, como a de roupa farase no centro social  en horario de mañá e tarde.

A BIBLIOTECA MUNICIPAL SUPERA AS CATRO MIL VISITAS ANUAIS

       A Biblioteca Municipal de Quiroga supera as catro mil visitas anuais de persoas na procura de información de xeito esporádico ou diariamente  mediante os recursos dispoñibles no centro. O número de socios a día de hoxe está próximo aos setecentos.
       O Concello de Quiroga,  consciente da importancia  da Biblioteca Municipal,  e con ánimo de respostar ás necesidades dos usuarios de xeito libre e gratuíto, ao longo deste ano está a desenvolver unha serie de melloras neste centro.
        Unha das formas de acceso á información que ofrece a Biblioteca Municipal é a través servizo de wifi e acceso a internet en postos fixos de xeito libre e gratuíto, para isto o Concello de Quiroga renovou os ordenadores da sala o pasado verán.
        A renovación da colección é outra das melloras que se están a levar a cabo coa adquisición de  títulos  recentes e algún clásico que non estaba  no fondo bibliográfico, que na actualidade supera xa  os oito mil rexistros.
       Para realizar esta  mellora da colección  o Concello de Quiroga,  conta cunha subvención plurianual para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de Bibliotecas  de Galicia que lle concedeu a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
        Así neste ano, a través desta axuda, incorporaron  ao  fondo un total de  46 títulos  repartidos entre lingua galega e castelá sendo a  narrativa o xénero literario que máis títulos incrementou.

PRÁCTICAMENTE REMATADA A RECOLLIDA DAS ACEITUNAS

           A recollida da oliva está rematando nos oliveirais do val de Quiroga. A colleita preséntase este ano desigual en canto a cantidade, aínda que maís abundante do que os olivareiros agardaban nun principio. Adega Mondelo, Val de Quiroga e Lar de Ricobao xa puxeron en marcha as prensas ás que van parar as olivas dss oliveiras do val do Sil. Xunto a algúns pequenos produtores, comercializan o prezado aceite que se produce tradicionalmente en Quiroga e Ribas de Sil.
          Pouco queda xa da recollida tradicional con varas, pero algúns pequenos productores aínda o seguen facendo nas árbores máis vellas ou perdura de maneira anacdótica ou como demostración para visitantes. Este método tradicional ten os días contados grazas a chegada de vareadores automáticos. Pero nas oliveiras máis novas e preciso recoller a aceituna a man ou axudados de rasquetas.
          Mentres se prepara xa o aceite, os olivareiros continúan a traballar para acadar  o distintivo de marca de calidade para este producto. Durante este ano a xefa do Instituto de Calidade Alimentaria da Xunta, dependente da Consellería de Medio Rural, reuniuse varias veces cos productores de aceite de Quiroga. Unha das funcións deste Instituto é promocionar e protexer a calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade.
           Nestes momentos o  Concello xa ten rexistrado o nome de “Aceite de Quiroga” con dous principais fins: Certificar as características do producto de forma que quenes queiran utilizar esta marca deben cumprir certos requisitos tanto na producción, elaboración como comercialización do aceite. E regular e ordenar as plantacións de olivares.
          Para que os aceites poidan levar a etiqueta co nome de “Aceite de Quiroga” é requisito necesario que a materia prima proceda integramente da zona delimitada pola Comisión e aceptada en última instancia polo propietario da marca. Ademais a súa elaboración tamén se realizará no devandito territorio e exclusivamente con oliveiras das variedades aceptadas pola Comisión creada para o seu cumprimento.

CANTOS DE TABERNA EN QUIROGA

          O Concello de Quiroga, a través da Área de Xuventude, organiza para este Nadal unha nova actividade, "Cantos de Taberna", que ten como obxectivo a dinamización social  e a recuperación das nosas tradicións musicais. Os cantos nas  tabernas foron  unha maneira de divertimento, de ocio  e un xeito  de producir e mantener a  tradición musical da comarca.
          Para  esta actividade, o Concello de Quiroga conta coa colaboración da Empresa  Tourgalia e  de  quince locais (cafeterías, bares e pubs) onde se van realizar as actuacións o día 2 de xaneiro  a partir das 17:00 h.
          Cada agrupación musical participante realizará unha actuación de media hora en cada  establecemento, e rematarán  a ronda na zona dos Pubs cunha gran foliada.

          Ponden participar todas as agrupacións interesadas ata  un máximo de 15 e o número de integrantes de cada agrupación non ha de superar os 10 membros. Para inscribirse poden chamar á Casa da Cultura telf: 982.43.51.25.

20 nov 2015

QUIROGA ACOLLE O DOMINGO A DERRADEIRA PROBA DA LIGA GALEGA DE MOTO DE CAMPO

A derradeira proba da Liga Galega da Moto de Campo arranca motores en Quiroga, nun marco inmellorable para a celebración do mellor enduro afeccionado do país. A Asociación Cultural Artística e Deportiva da Moto de Campo de Galicia, é a promotora dos eventos a motor que se desenrolan baixo o amparo da denominación Liga Galega de Moto de Campo.
As inscripcións pecháronse con 163 inscritos nesta proba que se desenvolverá este domingo, organizada polo grupo de Enduro de Quiroga.
O formato da competición está baseado no Enduro e é unha proba a velocidade media imposta, que se desenrolará total ou parcialmente por sendeiros, camiños, pistas ou estradas abertas á circulación pública. No itinerario incluiranse varias probas cronometradas, organizadas en tramos pechados ao tráfico normal, e que serven para o establecemento da clasificación xeral da proba.
Os percorridos constarán dunha sección de rali e unha de zonas cronometradas. O rali realizarase sobre un percorrido de 50 km e a cronometrada, que se desenvolve nun percorrido totalmente encintado, terá lugar o domingo pola mañá na zona do parque da Constitución e na Conchada. Os primeiros corredores sairán ás once e media da mañá e cada minuto sairán entre tres e catro motoristas para facer o recorrido completo. Está previsto que a proba remate sobre as catro e media ou cinco da tarde, xa que dependendo da categoría na que participen os corredores deberán de dar duas ou tres voltas ao circuito completo.

QUIROGA TRABALLA PARA CONVERTERSE NO MUNICIPIO CON MÁIS RUTAS HOMOLOGADAS DE GALICIA

          O Concello de Quiroga en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia levou a cabo o proxecto denominado "Plan integral de ordenación dos sendeiros do Concello de Quiroga". Esta actuación comprende varias actuacións encamiñadas a converter o territorio do Concello de Quiroga nun dos puntos de referencia para os amantes da práctica do sendeirismo.
     O abeiro deste proxecto realizouse un estudo completo de todos os itinerarios activos dentro do Concello de Quiroga para a toma de datos GPS, fotografías e outros datos que puideran contribuír a ofrecer a mellor información posible aos visitantes e decidir cales son os percorridos máis adecuados para esta práctica.
         Unha vez realizados estes traballos de campo os resultados plasmáronse polo momento en tres actuacións, a homologación de tres novos percorridos por parte da Federación Galega de Montañismo, a creación dun perfil específico en Wikiloc e a mellora da rede de miradoiros do Concello de Quiroga.
          O Concello de Quiroga xa contaba cun percorrido homologado, o da Ruta do Ouro e do Camiño Real, que parte de Margaride. Posteriormente tramitáronse para a súa inclusión nesta distinción outros dous percorridos: O Camiño Ferradal ou da Caleira, entre Rugando e Ponte Soldón, e a Ruta da Lagoa da Lucenza, dende A Seara. Agora, ao abeiro deste plan, tramítase a inclusión de tres novas rutas: a ruta da Seara a Rugando, a ruta do pregamento Xeolóxico de Campodola-Leixazós dende Leixazós ata Campos de Vila e a ruta do val do río Quiroga, dende Campos de Vila ata a Casa do Vello. Despois do desenvolvemento deste plan o Concello de Quiroga contará cos seis percorridos homologados no seu territorio, o que o converte no concello de Galicia con máis itinerarios distinguidos con este selo de calidade.
         O proceso de homologación implica unha serie de traballos para a mellora das rutas como é a sinalización e a panelización dos percorridos de acordo coa esixente normativa do organismo competente, neste caso a Federación Galega de Montañismo. Percorridos clásicos dentro do Concello de Quiroga, como eran o camiño Ferradal ou o da lagoa da Lucenza, adaptáronse para cumprir con esta normativa polo que contan, ao igual que os demais percorridos, con nova sinalización e panelización.
        Outro dos traballos realizados foi a creación dun perfil específico en Wikiloc do Concello de Quiroga no que aparecen as mellores rutas e no que se ofrecerán datos continuos sobre o seu estado.
        Esta plataforma que está na internet pódese utilizar tamén desde calquera dispositivo móbil o que facilita aos usuarios os percorridos propostos.  http://es.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=1773920&from=0&to=10
       Finalmente realizáronse obras de posta a punto de dous dos miradoiros máis emblemáticos do concello: o miradoiro de Castro Dares (dentro da ruta da ouro e camiño real de Margaride) e o miradoiro da Conchada, sobre a vila de Quiroga. Cos arranxos destes dous miradoiros complétase unha rede integrada por seis puntos estratéxicos espallados polo Concello. Aos dous que agora se melloraron hai que engadirlle os miradoiros de Montefurado (en Anguieiros), o miradoiro de Bustelo de Fisteus, o miradoiro da Golada (A Seara) e o miradoiro de Campodola (sinclinal da Serra de Caurel). En total seis miradoiros que conforman unha rede inmellorable para capturar as distintas esencias do Concello de Quiroga.


AXUDAS PARA O TRANSPORTE DOS ESTUDANTES

        O Concello de Quiroga, dende a Área  de Xuventude, con ánimo de contribuir á formación dos mozos e mozas do municipio, ofrece un programa de axudas para sufragar gastos de transporte  aos estudantes universitarios e de formación profesional que por mor dos seus estudos teñan que desprazarse a outros lugares. A esta finalidade o Concello destina un total de 6.000 €, a repartir entre as solicitudes aceptadas.
        As bases que rexen esta convocatoria están expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Quiroga  e a disposición dos interesados na Casa da Cultura  e na Oficina de Información Xuvenil.
          Para poder ser beneficiario destas axudas é preciso de cumprir unha serie de requisitos, como  estar empradroados no noso concello, ter entre 16 e 30 anos, non ter ingresos, etc.

          O prazo de presentación de solicitudes xa está aberto e rematará o 30 de decembro, debendo entregar as solicitudes na Casa da Cultura ou na Oficina de Información Xuvenil, onde tamén poden recoller o modelo oficial de solicitude e recabar máis información.

9 nov 2015

COMEZAN OS ACTOS DO SAN MARTIÑO

 Quiroga comezou onte a celebrar o San Martiño, patrón da vila. Así, ás onde da mañá disputouse a carreira popular San Martiño. A saída desta carreira local, de categoría infantil, ao igual que a meta, estaba situada diante da casa consistorial. Todos os rapaces e rapazas participantes recibiron unha medalla.

Ás sete da tarde, no Auditorio Municipal o grupo de teatro Augas do Sil de San Clodio, representaba as obras tituladas “O testamento do tío Nacho” e Vaia servizo!.

A celebración do mércores día 11 de novembro, centrarase no magosto e o viño novo que todos os asistentes poderán degustar a partir das sete da tarde na praza Maior. Tampouco faltarán os actos relixiosos, que se iniciarán ás doce da mediodía coa tradicional porcesión encabezada polo santo homenaxeado; a música tradicional, coa actuación do grupo de baile Arume da Queiruga e o grupo de Gaitas San Martiño, a partir da unha e cuarto na praza Maior.

Os máis pequenos poderán disfrutar de xogos tradicionais a partir das catro da tarde e pecharase a xornada coa música do dúo Camelia.

CONSTITUIDA A MESA LOCAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Quiroga constituiu a Mesa Local contra a Violencia de Xénero que integra a representantes do centro de saúde, dos centros educativos, da garda civil e policía local, dos servizos sociais municipais, da subdelegación do goberno e do centro de información á muller, baixo a presidencia da concelleira de igualdade e benestar.
          A mesa local contra a violencia de xénero ten como principal obxetivo definir, impulsar e crear mecanismos e recursos eficientes de coordinación para a atención das vítimas de violencia de xénero, ademais de fomentar e desenvolver accións e fórmulas de prevención.
          A creación desta mesa é un proxecto no que leva tempo traballando a concellalía de Igualdade e Benestar a través do Centro de Información á Muller do concello.

          Entre as súas funcions, a Mesa contra a Violencia de Xénero está a de analizar situación e datos da nosa localidade, avaliando a efectividade das intervencións realizadas e propoñendo a elaboración dun protocolo conxunto de actuación, que a pesar de estar xa traballando coordinadamente, carecíase dun soporte escrito para as devanditas actuacións.

30 oct 2015

PERSOAL MUNICIPAL REGULARÁ A ENTRADA E SAÍDA DO NOVO CEMITERIO DE HOSPITAL O DÍA DE TODOS OS SANTOS

O concello de Quiroga acondicionou o aparcamento do cemiterio da parroquia de Hospital, para o que adquiriu uns terreos particulares.
Tamén acondicionou o camiño que vai saír a curva da Pedela, xa que para evitar atascos no momento de maior afluencia de visitantes, entrarase polo camiño de Vilañán, e sairase polo camiño real á altura da Pedela. Aínda que en palabras do rexedor local, Julio Alvarez, trátase dunha medida provisional.

O equipo de goberno decidiu que con motivo da festividade de Todos os Santos no momento da celebración da misa no cemeterio, o domingo ás doce da mediodía, persoal do grupo de Protección civil encargarase de regular o tráfico, tanto para acceder ao aparcamento, como na saída cara a estrada na Pedela, dada a súa perigosidade.

A CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBA A CONTA XERAL DO 2014 E FINANCIAR UNHA NOVA EDICIÓN DA OBRA DE MANUEL MARÍA, "SONETOS AO VAL DE QUIROGA"

A corporación municipal celebrou onte unha sesión plenaria ordinaria.
O primeiro punto que se tratou nesta sesión, tras a aprobación da acta da sesión plenaria do 31 de agosto, foi a conta xeral do orzamento do 2014. A oposición a pesar de absterse na votación coincidiu en afirmar que se aprecia unha mellora con respecto a anteriores exercicios.
A continuación aprobouse provisionalmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal unha vez incluida a documentación requerida pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio. Tras esta aprobación o documento remitirase inmediatamente á Xunta de Galicia para proseguir coa súa tramitación canto antes.
Os seguintes puntos debatidos foron as mocións presentadas polos distintos grupos. As duas primeiras presentadas polo Bloque Nacionalista Galego, unha relativa á revisión da taxa de regularización catastral e a revisión do tipo de gravame municipal que se aplica no Imposto de Bens Inmobles, que finalmente non foi aprobada por non contar co voto favorable do PP, aducindo que en canto a taxa está regulada por lei e non se pode facer nada e o concello de Quiroga xa conta con persoal que lles facilita aos veciños información e asesoramento en todos os temas de catastro.
A outra moción do BNG solicitaba que o concello financiara unha segunda edición da obra de Manuel María, Sonetos ao Val de Quiroga. A esta moción que foi aprobada por unanimidade, añadiuselle unha enmenda do grupo de goberno pola que non só se vai apoiar esta obra, se non que o concello xa ten concretado o número de exemplares que vai financiar e tamén que se lle poñerá o nome deste escritor á sala de exposicións da Casa da cultura.
As seguintes mocións unha do Grupo Municipal Socialista na que se solicitaba que se modificara e amplíara o horario da ludoteca municipal, foi rexeitada porque a súa ampliación implicaría un gasto para o concello.

E duas do Partido Popular, unha relativa á Defensa do Estado de Dereito e cohesión de España; na que se solicitaba poñer en valor a cohesión e a unidade de España e defender a soberanía nacional por non ser vulnerable nin fraccionable. E outra relativa á atención aos refuxiados, para colaborar coa Xunta a Fegamp e as ONGs para acoller e integrar aos refuxiados.

28 oct 2015

A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRA MAÑA UNHA SESIÓN PLENARIA NA QUE DEBATIRÁ AS CONTAS XERAIS DO 2014 E NOVA DOCUMENTACIÓN DO PXOM

          A corporación municipal celebrará mañá xoves, a partir da unha da mediodía unha sesión plenaria ordinaria.
O primeiro punto que se tratará nesta sesión, tras a aprobación da acta da sesión plenaria do 31 de agosto, será a conta xeral do orzamento do 2014. A continuación debatirase a aprobación provisional de documentación complementaria do Plan Xeral de Ordenación Urbana.
Os seguintes puntos serán as mocións presentadas polos distintos grupos. As duas primeiras presentadas polo Bloque Nacionalista Galegao, unha relativa á revisión da taxa de regularización catastral e a revisión do tipo de gravame municipal que se aplica no Imposto de Bens Inmobles. E a outra na que se solicita que o concello financie unha segunda edición da obra de Manuel María, Sonetos ao Val de Quiroga.
A primeira edición desta obra, foi sufragada xa polo concello de Quiroga, sendo alcalde xa Julio Alvarez e concelleiro de cultura Pedro Gómez Zunzunegui. E presentouse o 30 de decembro do ano 1988, nun acto ao que tamén acudían o propio autor da obra, Manuel María, o autor dos debuxos da obra José Tejelo, Pin e o profesor José Estévez.
As seguintes mocións serán unha do Grupo Municipal Socialista na que se solicita que se modifique e amplíe o horario da ludoteca municipal. E duas do Partido Popular, unha relativa á Defensa do Estado de Dereito e cohesión de España; e outra relativa á atención aos refuxiados.

Por tratarse dunha sesión planaria ordinaria rematarase co apartado de rogos e preguntas.

O ALCALDE DE QUIROGA ASINA A AMPLIACIÓN DA A.R.I.

A ministra de Fomento, Ana Pastor; a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, asinaron onte, na Delegación do Goberno en Galicia, os convenios para a rexeneración e renovación da área urbana de Pacios e Quiroga.
O antigo ARI incluía na delimitación do seu ámbito o barrio da Praza e o núcleo de Pacios de Mondelo, agora as axudas amplíanse a parte do núcleo urbán de Quiroga. E a cantidade concedida é de 67.050 €, 26.997 para este ano 2015 e 40.052 para o 2016.
As actuacións subvencionables no marco da A.R.I. serán a Execución de obras en edificios e vivendas que mellores a habitabilidade, seguridade, accesibilidade e eficiencia enerxética. Así como os elementos comúns de edificios, nos que se inclúen obras de mellora da seguridade, estanquidade, accesibilidade, eficiencia enerxética e a utilización de enerxías renovables. Tamén se inclúe a execución de obras no medio urbano por parte do concello.
Estas actuacións enmárcanse dentro do convenio subscrito, en setembro de 2014, entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para a execución do Plan Estatal de Fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbana 2013-2016.
  As axudas previstas nesta norma poderán chegar ata o 35 por 100 do orzamento protexido da rehabilitacion de edificios e vivendas, sen que a subvencion media poida exceder de 11.000 euros por vivenda.

 Para solicitar algunha das dúas subvencións, os interesados poden pasar pola oficina da vivenda ubicada no edificio da antiga cárcere ou chamar o teléfono 982.42 83 97.

22 oct 2015

AS RUTAS DE SENDIRISMO DE QUIROGA XA SE PODEN CONSULTAR EN WIKILOC

         As rutas de sendeirismo do Concello de Quiroga están xa na aplicación Wikiloc. Aínda que o sitio está en construcíon xa se poden consultar e descargar os traks de 11 rutas selectas, das que pronto 6 contarán coa homologación da Federación Galega de Montaña.
http://es.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=1773920&from=0&to=10

A Ruta do Ferradal, de 11,65 kilómetros, parte da marxe dereita do río Soldón, na súa desembocadura no río Sil. Desde este punto comeza a ascensión cara a Rugando. Seguindo o camiño que durante anos percorreron persoas e mineral cara ás ferrerías, percorre unha contorna repleta de vexetación. Atopanse soutos de castiñeiros, carballeiras, piñeiros e especies de ribeira. O Camiño do Ferradal ten a súa orixe no percorrido que realizaban antigamente os arrieros para transportar o mineral de ferro, desde as montañas do Caurel ata as ferrerías.
A Ruta da Lagoa da Lucenza, de 9,36 kilómetros, é a máis difícil de todo o municipio. Nesta ruta circular atopanse paisaxes diferentes dos doutras rutas da Ribeira Sacra. Trátase dunha ruta de media montaña, dentro do espazo Rede Natura dos Ancares - Caurel, na que se sae dos vales para chegar á alta montaña lucense. O percorrido iníciase no pobo de montaña da Seara, e ascende polo val de Forgas, pasando polas fervenzas de Fócaro e de Navarega, ata chegar á Lagoa dá Lucenza, de orixe glaciar e cuxa antigüidade se remonta ao pleistoceno. Segue ascendendo ata a Campa dá Lucenza, a uns 1500 m de altitude, e enlaza cunha pista que percorre a parte alta destas montañas. Ao chegar ás proximidades do Alto de Formigueiros, desviase por un carreiro que leva de volta a Seara pola outra ladeira do val de Forgas.
A Ruta da Fervenza de Vieiros, de case 5 km, vai desde o centro do pobo da Seara ata a Fervenza de Vieiros. Unha vez nos arredores da fervenza, realízase un pequeno percorrido circular que permite contemplar o salto de auga desde diversos puntos.
          A Ruta do Ouro e do Camiño Real, de 15,49 kilómetros, xa homologada, parte da aldea de Margaride. Trátase dun percorrido circular que nun tramo coincide co Camiño de Santiago de Inverno. Recoméndase deterse no miradoiro de Castro Dares para contemplar as panorámicas sobre o río Sil e o val de Quiroga.
          A Ruta de A Seara ó Pía Páxaro, de 13,36 kilómetros, leva a un dos puntos máis altos da Serra do Caurel, o pico de Pía Páxaro (1610 m). Recoméndase subir polo camiño Sur para realizar o descenso polo ramal Norte. A ascensión transcorre por pistas de bo firme. No descenso camiñase por camiños entre monte baixo e pequenos bosques de vexetación autóctona.    
           A Ruta da Encomenda, de 6,24 kilómetros, discorre por camiños utilizados desde hai séculos polos habitantes da zona e viaxeiros. Coincide en parte co Camiño de Santiago de Inverno. Durante o traxecto podese ver o Castelo dos Novaes, o conxunto histórico-artístico de Hospital, e as paisaxes do val de Quiroga.

A Ruta da Devesa do Cervo, de 5,7 kilómetros, é unha ruta de montaña que discurre a través de bosques autóctonos, ata chegar a zonas de monte baixo desde onde contemplar a beleza dos vales case virxes desta zona de Quiroga.         
          Ruta da Fonte do Cal a Cereixido, de 3,19 kilómetros, é unha ruta circular por camiños entre bosques con vexetación autóctona e soutos de castiñeiros en produción. Durante o traxecto pasase por un antigo forno de cal, os restos dunha capela e o pobo de Cereixido.
          A Ruta do Pregamento Xeolóxico de Campodola, con 7 kilómetros,  consta de dous tramos ben diferenciados. O primeiro tramo, partindo de Leixazós, percorre o val do río Ferreiriño polas dúas beiras do río ofrecendo espectaculares vistas, tanto do val como das formacións asociadas ao plegamiento xeolóxico. O carreiro avanza entre carballeiras e vexetación autóctona. No segundo tramo da ruta cambiase de val para dirixirse, por pistas de terra entre piñeiros, cara a Campos de Vila. Trátase dun descenso cómodo, cara ao val do río Quiroga. Esta ruta atópase en proceso de homologación.
          E tamén en proceso de homologación está tamén a  Ruta do Val do Río Quiroga, de 9,44 kilómetros. Esta ruta de sendeirismo percorre unha pista de terra paralela ao río Quiroga, ata chegar á aldea da Casa do Vello. Desde aquí ascende por un carreiro ata a capela de San Xoán, e descende de novo ata chegar ao pobo das Barxas, no val do río Pacios. Desde As Barxas, o camiño atravesa unha carballeira e atopanses duas alvarizas ben conservadas. Só queda chegar á desembocadura do Pacios no río Quiroga. Podese volver comodamente ao comezo da ruta tomando a pista de terra que percorremos inicialmente.


19 oct 2015

CAMIÑATA CONTRA O CANCRO DE MAMA

           Cada ano, o 19 de outubro, celébrase o Día Contra o Cancro de Mama, como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra o cancro de mama. Por este motivo, o departamento de Igualadade e Benestar vai levar a cabo esta tarde a tradicional camiñata contra o cancro de mama.
Todas as persoas que queiran participar deben de achegarse a partir das cinco da tarde ata as inmediacións do Auditorio Municipal, de onde partirán para percorrer o paseo fluvial.

Os participantes recibirán o pañuelo rosa, símbolo desta conmemoración.

16 oct 2015

ESTES DÍAS ESTASE A RODAR UN DOCUMENTAL SOBRE A SEARA

A productora A Fonsagrada está a rodar estes días un documental sobre a Seara. No documental recollese a transformación deste núcleo dende a súa rehabilitación, así como a impresión tanto de arquitectos como veciños transcurridos máis de doce anos.
A Rehabilitación Integral da Seara, levouse a cabo a través da Asociación Grupo Local de Desenvolvemento Rural Río Lor, dentro do Plan de Rehabilitación Integral de Aldeas de Interese Turístico Cultural mediante fondos europeos Leader +, no ano 2003.
Persoal da productora grabaron esta mañá na vila de Quiroga, e falaron co rexedor local, Julio Alvarez, e prolongarán as súas grabacións uns días máis.

Unha vez rematado o traballo de grabación e montaxe este documental, baixo a dirección de Jose Coira, para o que barallan finais de ano, emitirase na Televisión de Galicia.

13 oct 2015

PRIMEIRO CAMPAMENTO DE ESPELEÓLOGOS VETERANOS

          Quiroga vai acoller o primeiro campamento de espeoleólogos veteranos organizado pola Federación Galega de Espeleoloxía, en colaboración co concello de Quiroga, que se celebrará entre o 31 deste mes e o 1 e o 2 de novembro. Para participar neste encontro é preciso ter polo menos 40 anos de idade e ter estado federado un mínimo de seis anos, ademais de posuír unha licenza oficial vixente.

       Unha vez máis Quiroga volta a ser lugar de encontro dos espeleólogos galegos. As cavidades subterráneas da serra do Caurel serán o escenario idóneo para continuar a exploración das grutas da zona e repasar as actividades realizadas, así como os métodos e os materiais utilizados noutras épocas.

       O programa comprende unha serie de exploracións de cavidades naturais, nas que só poderán participar espeológos federados. Pero as xornadas comprenderán tamén unha serie de actividades culturais que se desenvolverán en Quiroga e ás que poderán asistir todas as persoas interesadas, sen necesidade de ser membros da federación. Esta parte do programa engloba unhas exposicións fotográficas e a proxección dun audiovisual sobre a historia da espeleología galega, que terán por escenario a Casa de Cultura de Quiroga o día 31 a partir das doce e media da mañá. Os asistentes que non tomen parte nas actividades espeleológicas poderán tamén visitar o museo municipal de xeoloxía e paleontoloxía e o miradoiro do plegamento de Campodola, así como realizar marchas de sendeirismo pola zona.
 
    Durante o encontro celebrarase a quinta edición da Gala dá Espeleoloxía Galega, na que se premiará aos clubs e deportistas que levan máis de vinte e cinco anos federados.
         

O CONCELLO TENTA CREAR UNHA ESCOLA DE TEATRO

          O  Concello de Quiroga está a traballar na creación dunha Escola de Teatro para maiores, mozos e nenos.

 O teatro  tivo boa acollida entre os veciños dende sempre. O Grupo de Teatro, no seo da Asociación Sociocultural da Comarca de Quiroga, acadou grandes éxitos na década dos noventa; e a nivel municipal, distintos departamentos organizaron nos últimos anos obradoiros de teatro para maiores  e para nenos. Constatado este interese, o Concello tenta levar a cabo a creación desta Escola, que pretende acoller a todas as persoas afeccionadas a esta disciplina artística formando un colectivo estable interxeneracional.

Estas clases desenvolveranse no horario que aos participantes lles interese e correrán a cargo dunha persoa Titulada Superior en Arte Dramática, Licenciada en Filoloxía Inglesa e Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual, ademais dunha ampla traxectoria no eido da docencia en talleres e obradoiros de teatro, de escrita, etc,


          O prazo para inscribirse nesta actividade remata mañá día 14 de outubro, a partir desta data, todas as persoas interesadas serán convocadas a unha reunión para a organización da actividade.

6 oct 2015

NOVO CURSO DE CESTERÍA NO MUSEO ETNOGRÁFICO

O departamento de cultura do concello vai poñer en marcha novamente un obradoiro de cestería tradicional, no Museo Etnográfico.
Este segundo obradoiro, de 40 € de duración, desenvolverase os mércores de 7 da tarde a 9 da noite nas instalacións do museo etnográfico; dende o día 14 de outubro ata o 21 de decembro.
O custo do curso é de 60 €, no que se inclúen os materiais empregados así como as pezas que cada un elabore.

As persoas interesadas en inscribirse deben de facelo antes do día 13 de outubr, na Casa da Cultura, onde tamén recibirán máis información.

24 sept 2015

QUIROGA INCREMENTA O NÚMERO DE VISITANTES

          O concello de Quiroga incrementou  o número de visitantes con respecto ao ano pasado. A  Oficina Municipal de Turismo atendeu dende principios de ano ata agora un total de 5.489 peticións de información turística ben de xeito presencial, na propia oficina, ou  ben  a través de chamadas telefónicas e solicitudes por  correo.

          Un  60% do total  das consultas  rexistráronse  entre o mes de abril  e  setembro, coincidindo coa Semana Santa e o verán,  períodos importantes para o turismo neste municipio xunto co outono.

En relación a procedencia dos turistas un 88% é turismo nacional  e un 12% internacional. Dentro do turismo nacional un 35% proceden da nosa Comunidade e o resto de Cataluña, Madrid, Andalucía, Castela-León e País Vasco respectivamente.

A información máis demandada polos turistas é a  relativa a rutas turísticas e de sendeirismo, seguida do Sinclinal do Courel (Pregamento de Campodola-Leixazós) e do Túnel Romano de Montefurado.

          A maiores deste rexistro, temos constancia dunha importante difusión de información turística e cultural a través de internet e redes sociais. Como exemplo salientar as 20.975 visitas que recibe  o enderezo www.rutasquiroga.blogspot.com ou as máis de cen mil que recibe o perfil municipal de Facebook.


        Mención especial como recursos turísticos do Concello de Quiroga merecen  os Museos Municipais  Etnográfico e Xeolóxico  que suman  neste momento un total de  4. 150  visitas. O Museo Etnográfico acolleu 2.171 visitantes e o Museo Xeolóxico  1.979 dende principios de ano.

21 sept 2015

FIN DE SEMANA INTENSA NAS VIÑAS DE QUIROGA

        Quiroga está inmersa na vendima, nesta fin de semana cortáronse a maioría dos acios das cepas, e prevese que co remate da semana que empeza a vendima deste ano se dé por finalizada. Unha vendima cunhas inmellorables condicións climatolóxicas e nas que as uvas se atopan en perfectas condicións en canto a acidez e a graduación. Puntualmente a graduación descendeu minimamente coas choivas da semana pasada, pero que cas altas temperaturas destes días está recuperando.

        Só unha das adegas industriais locais apuntou que algunhas uvas se presentaron con algo de oidium, pero de xeito anecdótico, xa que as condicións desta vendima están sendo inmellorables. Este pequeno problema surxido posiblemente polo descuido dos viticultores, que ante o bo tempo reinante durante toda a evolución das uvas, esquenceron algún dos tratamentos preventivos.

         Dende o ano 2014 Quiroga é o concello de todos os que conforman a denominación de orixe Ribeira Sacra, co maior número de hectáreas plantadas de cepas, con máis de 200 hectáreas. Curiosamente este número de hectáreas, superando a concellos vitícolas como Sober, Chantada ou Pantón, non se traduce nun incremento importante de adegas industriais, xa que neste cómputo estamos moi lonxe destes municipios, con só cinco adegas. Aínda que só hai cinco adegas industriais, Quiroga rexistra 254 viticultores, que nutren coas súas uvas as adegas locais e as demáis da Denominación de Orixen, así como a moitos particulares que elaboran viño en zonas nas que non se prantan viñedos.

          A adega máis importante en canto a elaboración de viño de Quiroga, é Val de Quiroga. Esta adega, unha das máis madrugadores de toda a Ribeira Sacra no inicio da vendima ten pensado rematar este traballo en dous días. Nos seus depósitos xa están 30.000 kilos de uvas brancas, das variedades godello, treixadura e albariño, maioritariamente, con algo de torrontés e loureira. E están rematando de entrar as uvas tintas, uns 300.000 kilos entre as variedades mencía, garnacha, tempranillo, brencellao e merenzao.

          Adegas Mondelo tamén ten recollida boa parte da colleita. Remataron cas uvas blancas, uns 5.000 kilos de godello, albariño e treixadura; e traballan agora coas tintas, sobre todo mencía e garnacha da que xa recolleron 12.000 kilos e faltanlles sobre 9.000.

          Atrium Vitis tamén recolleu xa o 90% da súa colleita. Esta é a única adega local na que a súa producción se centra sobre todo no viño branco. 10.000 kilos de albariño, godello e traixadura xa está fermentando na adega. Esta semana rematarán coa recollida da mencía e deixarán para o final a variedade garnacha, variedades que utilizan na elaboración do seu viño tinto. Destas dúas variedades agardan recoller 5.000 kilos.

         A adega de creación máis recente, Lar de Ricobao, teñen pensado rematar mañá coas vendimas. Nesta adega entraron 12.000 kilos de godello e treixadura; e rematarán mañá cos 25.000 kilos de mencía e garnacha que completarán a súa vendima.

          A última das adegas locais inscrita na denominación de orixen é Adegas Cosme, de Margaride. Esta adega é a última en iniciar a vendima xa ata mañá non ten pensado iniciar a recollida de uvas. Esta adega recollerá 6.000 kilos de uvas brancas de godello e treixadura, que será polas que empece. Ata a vindeira semana non comezará a recoller os 17.000 kilos previstos de mencía e garnacha. Dende a adega apuntan a que o atraso no inicio de vendima obedece a que queren uvas nas que a graduación supere os 13 graos, e tras o pequeno descenso de un grao tras as choivas da pasada semana, estiveron agardando a recuperación facilitada polas boas condicións meteorolóxicas.

          Ademáis das uvas que entran nas adegas quiroguesas hai moitas outras que van para as outras adegas da denominación de orixen e tamén as que van para particulares. As adegas que desprazan vehículos para a recollida da uva, aínda non están contabilizadas pero sí o están as uvas saídas para as adegas que non desprazan vehículos, como é o caso de Rectoral de Amandi ou os particulares que mercan uvas para elaborar viño para o seu consumo. Nesta fin de semana a oficina de extensión agraria contabilizou a saída de 50.000 kilos de uvas, xa que esta práctica necesita unha guía que lle facilitan nesta oficina tanto para o propietario das uvas, como para o transportista que as leva.