Quiroga constituiu a Mesa Local contra a Violencia de Xénero
que integra a representantes do centro de saúde, dos centros educativos, da
garda civil e policía local, dos servizos sociais municipais, da subdelegación
do goberno e do centro de información á muller, baixo a presidencia da
concelleira de igualdade e benestar.
A
mesa local contra a violencia de xénero ten como principal obxetivo definir,
impulsar e crear mecanismos e recursos eficientes de coordinación para a
atención das vítimas de violencia de xénero, ademais de fomentar e desenvolver
accións e fórmulas de prevención.
A creación desta mesa é un proxecto no
que leva tempo traballando a concellalía de Igualdade e Benestar a través do
Centro de Información á Muller do concello.
Entre
as súas funcions, a Mesa contra a Violencia de Xénero está a de analizar
situación e datos da nosa localidade, avaliando a efectividade das
intervencións realizadas e propoñendo a elaboración dun protocolo conxunto de actuación,
que a pesar de estar xa traballando coordinadamente, carecíase dun soporte
escrito para as devanditas actuacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario