O concello de Quiroga acondicionou o aparcamento do cemiterio da
parroquia de Hospital, para o que adquiriu uns terreos particulares.
Tamén acondicionou o camiño que vai saír a curva da Pedela, xa que para
evitar atascos no momento de maior afluencia de visitantes, entrarase polo
camiño de Vilañán, e sairase polo camiño real á altura da Pedela. Aínda que en
palabras do rexedor local, Julio Alvarez, trátase dunha medida provisional.
O equipo de goberno decidiu que con motivo da festividade de Todos os
Santos no momento da celebración da misa no cemeterio, o domingo ás doce da
mediodía, persoal do grupo de Protección civil encargarase de regular o
tráfico, tanto para acceder ao aparcamento, como na saída cara a estrada na
Pedela, dada a súa perigosidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario