A ministra de Fomento, Ana Pastor; a conselleira de Infraestruturas e
Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, asinaron onte,
na Delegación do Goberno en Galicia, os convenios para a rexeneración e
renovación da área urbana de Pacios e Quiroga.
O antigo ARI incluía na delimitación do seu ámbito o barrio da Praza e o
núcleo de Pacios de Mondelo, agora as axudas amplíanse a parte do núcleo urbán
de Quiroga. E a cantidade concedida é de 67.050 €, 26.997 para este ano 2015 e
40.052 para o 2016.
As actuacións subvencionables no marco da A.R.I. serán a Execución de
obras en edificios e vivendas que mellores a habitabilidade, seguridade, accesibilidade
e eficiencia enerxética. Así como os elementos comúns de edificios, nos que se
inclúen obras de mellora da seguridade, estanquidade, accesibilidade,
eficiencia enerxética e a utilización de enerxías renovables. Tamén se inclúe a
execución de obras no medio urbano por parte do concello.
Estas actuacións enmárcanse dentro do convenio subscrito, en setembro
de 2014, entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para a execución do
Plan Estatal de Fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria e
a rexeneración e renovación urbana 2013-2016.
As axudas previstas
nesta norma poderán chegar ata o 35 por 100 do orzamento protexido da
rehabilitacion de edificios e vivendas, sen que a subvencion media poida
exceder de 11.000 euros por vivenda.
Para solicitar algunha das dúas subvencións, os interesados poden
pasar pola oficina da vivenda ubicada no edificio da antiga cárcere ou chamar o
teléfono 982.42 83 97.
No hay comentarios:
Publicar un comentario