30 jul. 2015

O ALCALDE DE QUIROGA ASINA HOXE COA CONSELLERÍA DE TRABALLO UN CONVENIO PARA REMATAR O CENTRO DE DÍA

        O alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, asina esta tarde en Santiago de Compostela un convenio coa conselleira de Traballo, Beatriz Mato, para o remate da construcción e da posta en marcha do centro de día da Ribeira.

Beatriz Mato estivo en novembro do 2010 visitando os terreos onde se está a levantar a construcción. Naquel momento a coselleira compremetíase a colaborar co concello no que sería a construcción dun centro multiusos cuxo fin promordial sería de caracter social.

Cinco anos despois a Xunta de Galicia invertirá un total de 150.000 euros na construcción e posta en marcha dun centro de día de 20 prazas para persoas dependentes en Quiroga.

           Esta actuación enmárcase na política do goberno galego de garantir o dereito a que os servizos no medio rural sexan accesibles as persoas con dependencia e as persoas maiores.


           Este edificio que xa acolle un centro socio cultural, xa rematado, acollerá tamén un piso tutelado e o centro de día. En breve comezarase a traballar no remate das fachadas do edificio; para continuar co acondicionamento do piso tutelado, que servirá de acollida temporal para persoas con problemas de inserción social así como para as que precisen de aloxamento en ocasións de extrema necesidade, e co centro de día. 

28 jul. 2015

Á VENDA AS ENTRADAS PARA A FESTA DA COMUNIDADE

O venres día 7 de agosto, e dentro das festas de verán de Quiroga, celebrarase a X Festa da Comunidade, no Parque da Constitución.
 O menú deste ano será o mesmo da edición pasada: paella con tarrina de xeado, todo elo acompañado de bedidas.
As entradas, a 5 € están a venda no Centro Social, nos bares Palmeras, Portón, Quiper, Monbel, Lago, Félix, Zorro, Dakar e o Recuncho do Dino. Tamén se poderán adquirir na librería Carmen e no Todo 100.
Para as persoas que non as merquen antes, tamén se venderán no mesmo recinto da festa antes de entrar ao mesmo prezo, e sempre que non se completara o aforo previsto.
Como remate da festa actuará o dúo local Fondo Tropical.

BATALLA DA AUGA E PAINTBALL ESTE VENRES NO PARQUE DA CONSTITUCIÓN

O venres, 31 de xullo, o parque da Constitución acollerá unha Batalla da Auga e Paintball.
O programa iniciarase ás seis da tarde coa apertura do recinto. As persoas interesadas en participar gratuitamente deberán recoller as entradas antes do xoves  no Bar Piscinas, RuxeRuxe, chiringuito Playa Fluvial de San Clodio ou Chapakuña. Ás sete da tarde comezará a Batalla da Auga, na que se contarán con 10.000 globos de auga. Media hora máis tarde comezará a festa da espuma.
Ás oito do serán, tamén no parque da constitución terá lugar unha actividade de Paintball, para maiores de doce anos, organizada dende a área de Xuventude. Trátase de batallas dinámicas nas que cada participante, que deberá de inscribirse no recinto e pagar 5 € contará con equipamento e 50 bolas.

          Ás dez da noite, e dentro da Batalla da Auga, haberá unha pancetada e a partir das once e media da noite, festa ibicenca, onde é obrigatorio que todos os asistentes acudan vestidos de branco.

24 jul. 2015

SEIS APICULTORES NA XXIV MOSTRA DO MEL

         Seis apicultores participarán na 24 edición da Mostra do Mel de Quiroga, que como todos os anos se celebra o 10 da agosto coincidindo coa feira de mercado máis importante do ano.

          Os participantes xuntaranse o venres día 7 de agosto na Casa da Cultura, para realizar o sorteo de postos de venda e recoller as credenciais.

        O programa da mostra comezará o 10 de agosto, ás once da mañá coa inauguración do recinto feiral, onde se poñerá a venda e exposición o mel e outros produtos típicos da zona. Estes productos estarán a disposición de quen o desexe ata despois do xantar.

Tralo corte de cinta dará comezo a alborada a cargo da charanga Taquikardia e para continuar a xornada, pola noite, as nove, e na praza España  concerto da orquesta “Os Modernos”.

Os apicultores participantes nesta edición son Isabel Marcos López, da Ponte Rodela; Manuel Macía González, das Estradas; Ángel Gómez Martínez, de Paradapiñol; Manuel Rodríguez Fernández, de Centeais; Angel Rodríguez Raposo, de Outeiro e Manuel Macía Castiñeira, de Quiroga.

BATALLA DA AUGA E PAINTBALL PARA A TARDE DO 31 DE XULLO

O venres , 31 de xullo, o parque da Constitución acollerá unha Batalla da Auga e Paintball.
O programa iniciarase ás seis da tarde coa apertura do recinto e a venda de entradas. O prezo das entradas será de 5€ se se adquiren previamente en diversos bares e locais da vila, e de 6€ se se adquiren no propio recinto. Os nenos non pagan entrada.
Ás sete da tarde comezará a Batalla da Auga, na que se contarán con 10.000 globos de auga. Media hora máis tarde comezará a festa da espuma.
Ás oito do serán, tamén no parque da constitución terá lugar unha actividade de Paintball, para maiores de doce anos, organizada dende a área de Xuventude. Trátase de batallas dinámicas nas que cada participante, que deberá de inscribirse no recinto e pagar 5 € contará con equipamento e 50 bolas.
          Ás dez da noite, e dentro da Batalla da Auga, haberá unha pancetada e a partir das once e media da noite, festa ibicenca, onde é obrigatorio que todos os asistentes acudan vestidos de branco..

          As entradas para a festa da auga incluen todo o anterior, e unha consumición de caña, agua ou refresco; menos a participación no Paintball, para o que se deberán inscribir no recinto e pagar unha entrada aparte de 5€.

21 jul. 2015

14 MOZOS COMEZARON HOXE UN CAMPO DE TRABALLO EN QUIROGA


          Dende a oficina de xuventude, en colaboración coa Xunta de Galicia e a empresa Ocitem Animación s.l., organízou un campo de traballo, adicado á reinterpretación e acondicionamento do Camiño de Inverno, o seu paso polo noso municipio.
          Os participantes no campo de traballo foron recibidos esta mañá no salón de plenos do concello, pola concelleira de xuventude, Rosa Arza.
          Os 14 rapaces e rapazas, que forman parte deste campamento, chegan de distintas partes, en concreto tres de Galicia, dous da comunidade Valenciana, dous de Canarias, un de Andalucía, un de Extremadura, un de Cataluña, dous italianos e dous da república Checa.

Tras a recepción os integrantes do compamento participaban nunha charla informativa sobre Quiroga e o Camiño de Inverno e despois visitaban os Museos Municipais.

DAVID CIVERA, ACTUACIÓN ESTRELA DAS FESTAS DE VERÁN DE QUIROGA

       Quiroga celebrará dende o 6 ata o día 10 de agosto as súas festas de verán. Serán cinco días cheos de actividades nas que destaca a actuación do cantante David Civera e a Mostra do Mel.


     As festas comezarán o xoves días 6 de agosto cun Festival de Música e Danza Tradicional na praza de España, a partir das nove e media da noite. O festival incluirá as actuacións  dos grupos de  danza "Feitizo" de Foz e "San Martiño" e "Arume da Queiruga" de Quiroga. Así como da banda de gaitas "San Martiño".


     A partir das once e media da noite haberá unha nova actuación do programa Música na Rúa, nesta ocasión a actuación será  no Bar “O Recuncho de Dino”.


     O venres as actividades centraranse no Parque da Constitución coa X Festa da Comunidade, animada polo dúo “Fondo Tropical”. O menú deste ano será o mesmo da edición pasada: paella con tarrina de xeado, todo elo acompañado de bedidas. As entradas, a 5 € están a venda en diversos bares e establecementos da vila.


    E a partir da medianoite na zona dos pubs, Festa da Xuventude coa actuación dos grupos:  Maskarpone, Relatos de Naufrago e do DJ Local FA. Ao longo da festa terá lugar o acto de entrega de premios dos certames de Poesía e Fotografía.


       O sábado día 8, a unha da mediodía un espectáculo de animación de rúa, a cargo de Troula Animación, co título de Circo. A partir das sete e media da tarde, na Praza de España actividades para os máis pequenos co Concurso pinta con xiz no chan e o Espectáculo infantil “Pucho e Gabardina coa música a outra parte”. 


      Xa pola noite, festa popular coa orquestra “Grupo Limón”. E tras a media noite, a actuación central das festas, o concerto do cantante David Civera.


    O domingo a unha e media da mediodía, a Banda de Música de Sober ofrecerán un concerto diante da Casa Consistorial; e a partir das sete da tarde animación infantil na praza España con xogos, maquillaxe e globoflexia creativa.
Xa pola noite, o grupo la Oca e a orquestra Pontevedra serán as encargadas de animar a festa.
          
     As festas rematarán o luns día 10, coa XXIV Mostra do Mel que se inaugurará a partir das once da mañá e na que actuará a Charanga Takicardia. A partir das nove da noite, na praza de España, un concerto da orquestra “Os Modernos” pechará as festas deste ano.

       Durante estes días non faltarán as actividades deportivas coa celebración dun torneo de Street Soccer, o xoves e o venres, a partir das oito do serán no Parque da Constitución e a presentación do equipo de fútbol de Quiroga no Trofeo Xoiería Zafiro, o domingo, a partir das seis da tarde, no campo San Martiño.

14 jul. 2015

O CONCELLO XA TEN ORGANIZADOS OS ACTOS DO 25 DE XULLO, DÍA DE GALICIA

O Concello de Quiroga xa ten organizados os actos para conmemorar o Día de Galicia.
Os actos xa comezan o venres 24 de xullo pola noite, a partir das dez e media da noite, cunha nova actuación musical do programa Música na Rúa entre os bares Adega de María e Mesón da Clara.
Xa o sábado 25 de xullo, a unha e cuarto terá lugar a recepción no Concello aos colectivos Culturais da vila.

E deseguido a unha e media actuación da nova agrupación “Gaiteiros de Quiroga”

A OFICINA DE XUVENTUDE ORGANIZA A ACTIVIDADE DE PAINTBALL PARA O 31 DE XULLO

O Concello de Quiroga, dende a oficina de Xuventude e coa colaboración da empresa Aventurate, organiza a actividade PAINTBALL.

Para participar hai que cumprir as seguintes bases para poder disfrutar de esta actividade:

1.     Superar os 12 anos de idade.
2.     Inscribirse na Casa de Cultura. Teléfono: 982 435125.
3.     O precio por asistir será de 5€ por persona, que se aboará no momento     da  inscrición.

4.     A actividade realizarase o venres 31 de xullo entre  21:30h – 00:30h da noite na pista do parque da Constitución.

9 jul. 2015

ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA XXIV MOSTRA DO MEL DE QUIROGA

         O Concello de Quiroga, ten aberto o prazo para inscribirse na XXIV edición da Mostra do Mel de Quiroga, e que como todos os anos se celebra o 10 da agosto coincidindo coa feira de mercado máis importante do ano.

       Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro día 23 de xullo podendo inscribirse no Concello ou na Casa da Cultura.


        Puntual a súa cita de todos os veráns durante 24 anos, este evento gastronómico ten como obxectivo principal dar a coñecer as magníficas calidades do mel que se produce na zona de Quiroga, que comparte un lugar destacado con produtos como o viño, o aceite ou as castañas. 

HORARIOS DE VERÁN PARA VISITAR OS MUSEOS XEOLÓXICO E ETNOGRÁFICO

           Os museos Etnográfico e Xeolóxico municipais de Quiroga amplían o seu horario para a tempada de verán, nos meses de xullo e agosto, para facilitar a entrada a todos os visitantes.

          O Museo Xeolóxico abrirá as súas portas de luns a venres polas mañás entre as 10 e a unha e os sábados domingos e festivos de 11 ás 12 h.

          O Museo Etnográfico abrirá de luns a venres entre as 10 e as 14 h e os sábados domingos e festivos de 12 a 13 h.


          Para outros horarios e visitas guiadas para grupos, como durante todo o ano, será necesario chamar ao teléfono da Casa de Cultura 982435125.

1 jul. 2015

O CONCELLO ORGANIZA O III PLAN DE EMPREGO XUVENIL PARA O VERÁN

     O concello de Quiroga, dende a Oficina de Información Xuvenil e, como nos dous últimos anos, organizou un Plan de Empleo para o verán 2015.

       Este plan consiste na contratación de xoves estudantes de Quiroga durante os dous meses de verán. Con él, ademais de sustituír aos funcionarios do concello nas súas vacacións e así cubrir os postos vacantes, os rapaces e rapazas contratados obteñen formación e engaden experiencia laboral ao seu currículum.

     Este ano serán dezasete en total, os que poderán investir os seus salarios, unha vez remate o verán, nos seus estudos.
     Na firma de contratos estiveron o alcalde Julio Álvarez e a concelleira responsable da Area de Xuventude Rosa Arza, quenes aproveitaron para darlle a benvida a estes traballadores que durante estes dous meses formarán parte da plantilla de traballadores municipais.