O venres , 31 de xullo, o parque da Constitución acollerá unha Batalla
da Auga e Paintball.
O programa iniciarase ás seis da tarde coa apertura do recinto e a
venda de entradas. O prezo das entradas será de 5€ se se adquiren previamente
en diversos bares e locais da vila, e de 6€ se se adquiren no propio recinto.
Os nenos non pagan entrada.
Ás sete da tarde comezará a Batalla da Auga, na que se contarán con
10.000 globos de auga. Media hora máis tarde comezará a festa da espuma.
Ás oito do serán, tamén no parque da constitución terá lugar unha
actividade de Paintball, para maiores de doce anos, organizada dende a área de
Xuventude. Trátase de batallas dinámicas nas que cada participante, que deberá
de inscribirse no recinto e pagar 5 € contará con equipamento e 50 bolas.
Ás
dez da noite, e dentro da Batalla da Auga, haberá unha pancetada e a partir das
once e media da noite, festa ibicenca, onde é obrigatorio que todos os
asistentes acudan vestidos de branco..
As
entradas para a festa da auga incluen todo o anterior, e unha consumición de
caña, agua ou refresco; menos a participación no Paintball, para o que se
deberán inscribir no recinto e pagar unha entrada aparte de 5€.
No hay comentarios:
Publicar un comentario