21 jul 2015

DAVID CIVERA, ACTUACIÓN ESTRELA DAS FESTAS DE VERÁN DE QUIROGA

       Quiroga celebrará dende o 6 ata o día 10 de agosto as súas festas de verán. Serán cinco días cheos de actividades nas que destaca a actuación do cantante David Civera e a Mostra do Mel.


     As festas comezarán o xoves días 6 de agosto cun Festival de Música e Danza Tradicional na praza de España, a partir das nove e media da noite. O festival incluirá as actuacións  dos grupos de  danza "Feitizo" de Foz e "San Martiño" e "Arume da Queiruga" de Quiroga. Así como da banda de gaitas "San Martiño".


     A partir das once e media da noite haberá unha nova actuación do programa Música na Rúa, nesta ocasión a actuación será  no Bar “O Recuncho de Dino”.


     O venres as actividades centraranse no Parque da Constitución coa X Festa da Comunidade, animada polo dúo “Fondo Tropical”. O menú deste ano será o mesmo da edición pasada: paella con tarrina de xeado, todo elo acompañado de bedidas. As entradas, a 5 € están a venda en diversos bares e establecementos da vila.


    E a partir da medianoite na zona dos pubs, Festa da Xuventude coa actuación dos grupos:  Maskarpone, Relatos de Naufrago e do DJ Local FA. Ao longo da festa terá lugar o acto de entrega de premios dos certames de Poesía e Fotografía.


       O sábado día 8, a unha da mediodía un espectáculo de animación de rúa, a cargo de Troula Animación, co título de Circo. A partir das sete e media da tarde, na Praza de España actividades para os máis pequenos co Concurso pinta con xiz no chan e o Espectáculo infantil “Pucho e Gabardina coa música a outra parte”. 


      Xa pola noite, festa popular coa orquestra “Grupo Limón”. E tras a media noite, a actuación central das festas, o concerto do cantante David Civera.


    O domingo a unha e media da mediodía, a Banda de Música de Sober ofrecerán un concerto diante da Casa Consistorial; e a partir das sete da tarde animación infantil na praza España con xogos, maquillaxe e globoflexia creativa.
Xa pola noite, o grupo la Oca e a orquestra Pontevedra serán as encargadas de animar a festa.
          
     As festas rematarán o luns día 10, coa XXIV Mostra do Mel que se inaugurará a partir das once da mañá e na que actuará a Charanga Takicardia. A partir das nove da noite, na praza de España, un concerto da orquestra “Os Modernos” pechará as festas deste ano.

       Durante estes días non faltarán as actividades deportivas coa celebración dun torneo de Street Soccer, o xoves e o venres, a partir das oito do serán no Parque da Constitución e a presentación do equipo de fútbol de Quiroga no Trofeo Xoiería Zafiro, o domingo, a partir das seis da tarde, no campo San Martiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario