Seis apicultores participarán na 24 edición da
Mostra do Mel de Quiroga, que como todos os anos se celebra o 10 da agosto
coincidindo coa feira de mercado máis importante do ano.
Os participantes xuntaranse o venres
día 7 de agosto na Casa da Cultura, para realizar o sorteo de postos de venda e
recoller as credenciais.
O programa da mostra comezará o 10 de
agosto, ás once da mañá coa inauguración do recinto feiral, onde se poñerá a
venda e exposición o mel e outros produtos típicos da zona. Estes productos
estarán a disposición de quen o desexe ata despois do xantar.
Tralo corte de cinta dará comezo a alborada a cargo da charanga
Taquikardia e para continuar a xornada, pola noite, as nove, e na praza España concerto da orquesta “Os Modernos”.
Os apicultores participantes nesta edición son Isabel Marcos
López, da Ponte Rodela; Manuel Macía González, das Estradas; Ángel Gómez
Martínez, de Paradapiñol; Manuel Rodríguez Fernández, de Centeais; Angel
Rodríguez Raposo, de Outeiro e Manuel Macía Castiñeira, de Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario