28 ago 2014

OS CAMPAMENTOS DE VERÁN DESPÍDENSE CUNHA FESTA NA PISCINA

        O  departamento de Educación do concello , organiza para mañá venres, unha festa para despedir os Campamentos de Verán 2014.
      Dirixida aos participantes nos mesmos durante os meses de xullo e agosto, os campamentos comezarán como sempre ás 11:00 horas na Casa de Cultura, onde se realizará un obradoiro de maquillaxe facial e tatuaxes, ás 12:00 dirixiránse á piscina para disfrutar do último baño dos campamentos, onde terán globoflexia e, a partir das 13:30 están convidados a uns pinchos no bar das piscinas para despedirse ata o próximo ano.
        Neste verán, foron exactamente 120 nenos e nenas entre 2 e 12 anos os que compartiron, tres horas nas mañás dos luns aos venres, clases de reforzo escolar, inglés, manualidades, xogos, coñecemento do mundo, obradoiros educativos, deportes e natación. Así como tamén algún extra como o programa “Ponlle as pilas ao teu bocata”, organizado dende a Consellería do Mar e Medio Rural, ou os hinchables na piscina, organizados polo concello en colaboración co bar das piscinas.
           



26 ago 2014

25 POETAS IINSCRITOS NO XVI ENCONTRO DE POETAS NO VAL DE QUIROGA

         O vindeiro sábado 30 de agosto a partir das 11 da mañá na Casa da Cultura, terá lugar o décimo sexto Encontro de Poetas no Val de Quiroga, organizado polo grupo poético Amencer Quirogués e o Concello de Quiroga.
          Un ano mais os poetas da comarca, Xesús Galán e Pepe Pol, serán os encargados de presentar o acto onde Estevan González Alonso actuará como pregoeiro deste certame.
          A este acto acoden cada ano máis poetas, tanto da nosa Comunidade coma doutras da xeografía española, todos eles co afán de potenciar este xénero literario. A día de hoxe hai xa inscritos 25 poetas, algúns que xa veñen participando dende a primeira edición deste certame e outros que se incorporan por primeira vez paticiparán nesta nova edición do Encontro de Poetas. O acto contará con música en directo, nesta ocasión a cargo do cantautor Javier Rodríguez Sotuela.
         Con este Certame o Concello de Quiroga quere fomentar o interese pola literatura en xeral e pola poesía en particular, ademais de ofrecer a posibilidade de desenvolvemento da creatividade de todos os poetas, algúns ata este intre no anonimato, que atopan neste tipo de eventos o lugar axeitado para expresar e mostrar a súa obra.           

          Unha vez rematado o evento entregaraselles a todolos participantes do certame un pequeno detalle para agradecerlles a sua participación neste novo encontro de poetas no Val de Quiroga.

15 ago 2014

FESTAS ROMANAS EN MONTEFURADO E MARGARIDE

       O municipio de Quiroga celebra esta fin de semana duas das súas festas romanas. Estes dous festexos xa se veñen celebrándo nos últimos anos nas localidades de Montefurado e Margaride

Durante a fin de semana celebrarase a terceira edición dá festa romana dá parroquia de Montefurado. O programa comprende un bateo de areas na praza do pobo ás cinco da tarde do sábado e as sete unha charla cultural da historia de Montefurado. Pola noite cea e festa cunha exhibición de loita de gladiadores a cargo dá asociación Caetra Lucensium. O domingo pola mañá, a partir das once e mdia instrucción para nenos e xogos e as doce e media unha representación da moeda e da escritura romana.
       
     A máis veterana dás festas romanas do municipio, a dá parroquia de Margaride, celebrará a súa cuarta edición o domingo 17. A asociación de veciños dá localidade, que organiza o festexo, abrirá o programa cunh misa en latín as once da mañá. A continuación farase un percorrido polas adegas dá zona e unha comida popular.

     
      Pola tarde xogos populares, unha exposición de olaría de Gundivós e unha conferencia sobre a minaría romana na cova do Medo. A xornada rematará cunha festa amenizada pola charanga Nova Terras de Trives. 

13 ago 2014

QUIROGA, RIBAS DO SIL E FOLGOSO CONTARÁN CUN OBRADOIRO DE EMPREGO CONXUNTO

Esta mañá tiña lugar nas instalacións do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga, unha selección para o obradoiro de emprego Sil Lor, que se poñerá en marcha conxuntamente entre os concellos de Quiroga, Folgoso do Caurel e Ribas do Sil, a través da Consellería de Traballo e Benestar, da Xunta de Galicia.
Os candidatos a participantes tiñan como requisitos ser maiores de idade e atoparse en situación de desemprego e realizar o examen que deben superar.

O obradoiro de emprego contará con 20 traballadores e 3 monitores, que realizarán traballos de construcción durante seis meses, dende o 29 de agosto ata o 28 de febreiro. En Quiroga os traballos centraranse no do centro multiusos da Ribeira.

6 ago 2014

A FESTA DA COMUNIDADE CELEBRARASE BAIXO UNHA CARPA E CUNHA PAELLA COMO MENÚ

         O Concello ten á venda as entradas para participar na novena edición da Festa da Comunidade e que este ano se celebra o venres día 8 de agosto no parque da Constitución. Ante as posibilidades de choiva para esta xornada, a comisión organizadora decidiu instalar unha carpa no recinto.
O menú desta edición estará composto por paella de marisco, pan, bebidas variadas e como postre tarrina de xeado. Unha vez máis o concello habilitará o recinto para que os participantes poidan degustar a cea comodamente sentados en sillas e mesas.
As entradas para a cea que comezará ás nove e media da noite teñen un cusot de 5 euros por persoa.
As entradas podense adquirir na: cafetería as Palmeras, bar Portón, bar Raposo,cafetería Quiper, a Taberna, bar Lago, bar Felix, bar Zorro,bar Cantar Miudíño,bar Recuncho de Dino, na tenda Todocien e no Centro Social. Dende a organización tamén lembran, que como todolos anos, as entradas, poderanse adquirir no recinto o mesmo día da cea.

          Tras a cea haberá festa popular amenizada polo dúo local Fondo Tropical.

OS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO TRAMITAN AS AXUDAS PARA A FACTURA ELÉCTRICA A FAMILIAS CON FILLOS MENORES A CARGO E QUE NON SUPEREN O IPREM

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado luns a resolución pola que se regulan e se convocan as axudas económicas para o pagamento de parte da factura eléctrica, a través do tícket eléctrico social de Galicia durante o primeiro semestre de 2014, ás familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos non superen o IPREM.
A axuda consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribuír ao pa­gamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo, cuxos ingresos totais durante o ano 2013 non superen o IPREM. Establécese unha cantidade de 45 € ao semestre para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, incrementándose esta cantidade ata 60 € para as que acrediten ser familia numerosa.
Os servizos sociais municipais asesorarán e colaborarán cos solicitantes na presentación te­lemática das solicitudes, que se deberán presentar antes do cinco de novembro.

A solicitude de axuda deberá ir acompañada dun informe emitido polos servizos sociais municipais sobre as necesidades eco­nómicas da unidade de convivencia. Así como de copia do libro de familia, certificado de empadroamento, facturas emitidas no exercicio 2014 en concepto de subministración eléctrica, certificado de convivencia e copia do título de familia numerosa, de ser o caso.

ESTA TARDE COMEZA O TORNEO STREET SOCCER DAS FESTAS DE VERÁN

A área de deportes do concello organizou con motivo das festas de verán, un torneo de Street Soccer, un torneo de fútbol 4x4, os días 6, 7 e 8 na pista do parque da Constitución.
O torneo disputarase nas categorías Benxamín, para os nados no 2002 e anteriores; infantil para os nados entre o anos 1999 e 2001 e categoría senior, para os maiores de 16 anos.
Os torneos nas categorías benxamíns e infantís disputaranse dende as sete e media da tarde ata as oito e media, e na categoría senior a partir das oito e media ata as dez da noite.

Na categoría senior hai 12 equipos inscritos, e na infantil 4. Pola súa banda os nenos e nenas da categorái benxamín que queiran participar deben achegarse ata a pista ás sete e media da tarde para constituir os equipos.