26 ago. 2014

25 POETAS IINSCRITOS NO XVI ENCONTRO DE POETAS NO VAL DE QUIROGA

         O vindeiro sábado 30 de agosto a partir das 11 da mañá na Casa da Cultura, terá lugar o décimo sexto Encontro de Poetas no Val de Quiroga, organizado polo grupo poético Amencer Quirogués e o Concello de Quiroga.
          Un ano mais os poetas da comarca, Xesús Galán e Pepe Pol, serán os encargados de presentar o acto onde Estevan González Alonso actuará como pregoeiro deste certame.
          A este acto acoden cada ano máis poetas, tanto da nosa Comunidade coma doutras da xeografía española, todos eles co afán de potenciar este xénero literario. A día de hoxe hai xa inscritos 25 poetas, algúns que xa veñen participando dende a primeira edición deste certame e outros que se incorporan por primeira vez paticiparán nesta nova edición do Encontro de Poetas. O acto contará con música en directo, nesta ocasión a cargo do cantautor Javier Rodríguez Sotuela.
         Con este Certame o Concello de Quiroga quere fomentar o interese pola literatura en xeral e pola poesía en particular, ademais de ofrecer a posibilidade de desenvolvemento da creatividade de todos os poetas, algúns ata este intre no anonimato, que atopan neste tipo de eventos o lugar axeitado para expresar e mostrar a súa obra.           

          Unha vez rematado o evento entregaraselles a todolos participantes do certame un pequeno detalle para agradecerlles a sua participación neste novo encontro de poetas no Val de Quiroga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario