26 jun 2015

FIXADOS OS ÓRGANOS DE GOBERNO DA NOVA CORPORACIÓN

   A corporación municipal celebrou na tarde de onte unha sesión plenaria extraordinaria, a primeira coa nova corporación municipal, na que se constituiron os grupos políticos da corporación municipal e crearonse as comisións informativas e decidiuse a súa composición. Estas comisións estarán compostas polo alcalde que exercerá de presidente, por tres concelleiros do grupo popular, un concelleiro do PSdeG e un concelleiro do BNG.

Nomearonse os representantes de órganos colexiados externos. Así, Julio Alvarez representará ao concello de Quiroga no Consello Escolar do Instituto de Educación Secundaria de Quiroga. No Consello Escolar do C.E.I.P. a representante do concello será Loli Sánchez. José Enríquez será o representante no Grupo de Desenvolvemento Rural Río Lor, no Pacto Territorial de Emprego de Lemos e na Mesa de Comercio Local. No Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra o representante será José Luis Rivera e no Consorcio Galego de Benestar – Escola Infantil, Ana Núñez.

Fixouse a periodicidade das sesións ordinarias do pleno da corporación, que se celebrará o último xoves dos meses pares a unha da mediodía.

Fixaronse as indemnizacións por asitencia ás sesións dos órganos colexiados da corporación.

O punto máis debatido foi a aprobación das dedicacións de determinados membros da corporación municipal. Fixáronse tres dedicacións parciais as concellerías de Servizos Básicos e Atención ao Cidadán, a de Xuventude e Turismo e a de Deportes e Piscinas.

Fixouse a dotación económica para o funcionamento dos grupos municipais.

E deuse conta dos decretos da alcaldía relativos ao nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local, das tenencias de alcaldía e das delegacións por áreas e servizos e delegacións especiais. A primeira tenente de alcalde será Ana Núñez, o segundo tenente de alcalde Angel Rodríguez e a terceira Loli Sánchez. Estes mesmos concelleiros son os integrantes da Xunta de Goberno.

Finalmente crearonse as seguintes delegacións:

Servizos básicos e atención ao cidadán da que se encargará José Enríquez.
Benestar e Igualdade para Ana Núñez.
Deportes e Piscinas que levará Andrés Novoa.
Xuventude e Turismo que dirixirá Rosa Arza.
Cultura e Eventos que queda en mans de José Luis Rivera.
Educación e Infancia a cargo de Loli Sánchez.

E finalmente Medio Rural da que se encargará Angel Rodríguez.

25 jun 2015

UNHA SESIÓN PLENARIA EXTRAORDINARIA FIXARÁ ESTA TARDE OS NOVOS ÓRGANOS DE GOBERNO

 A Corporación Municipal celebra esta tarde unha sesión plenaria extraordinaria, a primeira coa nova corporación municipal que xurara ou prometera o seu cargo o pasado día 13.

Nesta sesión plenaria constituiranse os grupos políticos da corporación municipal.

Crearanse as comisións informativas e decidirase a súa composición.

Nomearanse os representantes de órganos colexiados externos.

Fixarase a periodicidade das sesións ordinarias do pleno da corporación.

Fixaranse as indemnizacións por asitencia ás sesións dos órganos colexiados da corporación.

Aprobaranse as dedicacións de determinados membros da corporación municipal.

Fixarase a dotación económica para o funcionamento dos grupos municipais.


E darase conta dos decretos da alcaldía realativos ao nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local, das tenencias de alcaldía e das delegacións por áreas e servizos e delegacións especiais.

UN INCENDIO CALCINA MÁIS DE 5 HECTÁREAS DE PIÑEIROS NA CONCHADA

       Un incendio de considerables dimensións declarouse onte pola tarde no monte comunal da Conchada. Trátase dunha das maiores extensións de piñeiro de repoboación de toda a comarca quiroguesa.
         Na extinción do lume, que se iniciou ás seis e cuarto da tarde participaron oito brigadas de bombeiros forestais, seis axentes, 5 carrocetas motobombas e unha pá. Tamén se recibiu o apoio de tres avións. Ata a zona tamén se achegou a Garda Civil, o Grupo Municipal de Emerxencias,  o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez e o concelleiro José Enríquez.
       Pouco antes das dez, os medios aéreos retiráronse porque empezaba a caer a noite. A esas horas aínda saía da zona afectada unha importante columna de fume, aínda que os traballos de extinción lograron impedir a propagación do lume que quedou rematado sobre as tres da mañá.

En total arderon cinco hectáreas e media de arborado, unha prantación relativamente nova. Esta mañá continuaban as labores de saneamento da zona por parte das brigadas da consellería de Medio Rural.

18 jun 2015

O CONCELLO DE QUIROGA ORGANIZA UN ANO MÁIS OS CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA OS MÁIS PEQUENOS

A área de Educación do concello de Quiroga poñerá en marcha a partir do 1 de xullo e ata o 31 de agosto, os Campamentos de Verán; dirixidos a nenos e nenas de 3 a 12 anos nas mañás dos luns aos venres en horario de 11 a 14 horas.
         
Os campamentos están organizados en tres grupos un de 3 a 5 anos, o seguinte de seis a oito anos e un terceiro de nove a doce anos. O grupo dos máis pequenos contará con expresión corporal e plástica, contos, e xogos dirixidos e libres. O segundo dos grupos terá obradoiros de pensar, xogos de coñecemento e do mundo e xincanas. Mentres que os máis maiores contarán con idiomas, coñecemento do mundo, xincanas, deportes, saídas ao aire libre e reforzo escolares. A última hora dos obradoiros estará adicada a xogos nas piscinas e natación. Os rapaces deben levar as campamentos nunha mochila, toalla, bañador, chanclas, crema solar, un pequeno tentempé, auga, muda e unha gorra.

Todas as actividades estarán adecuadas á idade dos seus fillos e fillas e haberá catro monitores para cada grupo ademais dunha supervisora e na piscina contarase ademáis cun socorrista para as clases de natación. A entrada será para todos/as os nenos e nenas na casa de cultura e a saída nas piscinas municipais, onde terán que recollelos.

Os campamentos teñen un custo por neno de 20 € ao mes para os empadroados en Quiroga e de 30 € para os non empadroados. Os irmáns que asistan aos cursos terán un desconto de 5 € por irmán.

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos/as deben cubrir a inscrición na Casa de Cultura , antes do 26 de xuño.

NOITE DE SAN XOÁN CON XOGOS, SARDIÑAS E FOGATAS

        O concello de Quiroga organizou un ano máis a noite de San Xoán, o día 23 de xuño na área de recreo do Parque da Constitución.

As actividades comezarán a partir das seis e media da tarde na área de recreo do parque da Constitución con diferentes xogos para os mais pequenos e que contarán ao longo da realización dos xogos con refrescos gratuitos.

       A partir das nove da noite comezaranse a asar os 100 kilos de sardiñas e que de xeito gratuito poderán degustar os veciños e visitantes da vila no merendeiro deste parque. Sobre as once da noite acenderanse as dúas fogatas que se van a preparar para, a partir da media noite, cumprir ca tradición de San Xoán e saltala pedindo os desexos de cada un.


     Nas inmediacións das fogatas estarán traballadores do concello cunha carroceta para evitar que se produzca ningun incidente co lume das fogatas.

15 jun 2015

JULIO ALVAREZ COMEZA O SEU MANDATO COMO ALCALDE DE QUIROGA DESEXANDO CALIDADE DE VIDA PARA TODOS OS VECIÑOS

O sábado elexiuse en sensión plenaria pública a Julio Alvarez, como alcalde de Quiroga por outros catro anos.
       Por lei, as Corporacions municipais debían constituirse o sábado nunha Mesa de idade integrada por os elexidos de maior e menor idade, presentes no acto, actuando como secretario o propio secretario municipal. Si ben a sesión “presidea” a Mesa de Idade, é tradición que sexa o de maior idade o que exerza as funcións efectivas de Presidencia.
    Unha vez que a Mesa comprobou as credenciais presentadas, ou acreditacións da personalidade dos electos, con base ás certificacións que o Concello remitiu a Xunta Electoral de Zona, declarouse constituida a Corporación ao concurrir a totalidade dos concelleiros electos.
     Unha vez constituida a Corporación, todos os concelleiros presentaron xuramento ou promesa do seu cargo.
Unha vez feito o xuramento procedeuse á  elección do alcalde. Podían ser candidatos todos os concelleiros que encabezaron as súas correspondentes listas. Si algún deles obtiña a maioría absoluta dos votos dos concelleiros era proclamado electo.  Concretados quen eran os candidatos e, baixo a Presidencia da Mesa de Idade, procedeuse á votación. O sistema normal de votación é a votación ordinaria.
          Levada a cabo a votación e proclamado pola Mesa, o Alcalde electo, Julio Alvarez, procedeu á toma de posesión do cargo, prestando o xuramento ou promesa de acatamento á Constitución,  sin que o feito de ter xa prestado xuramento como Concelleiro poidera suplir este novo xuramento ou promesa.
        Julio Alvarez, tras xurar como alcalde, ofreceu o bastón de mando ao pobo de Quiroga e pronunciou unhas palabras de agradecemento aos presentes, á vez que lle tendeu a man aos membros da oposición e os animou a traballar por Quiroga, unidos ou mesmo individualmente dende os seus propios partidos. O rexedor local rematou o seu discurso co desexo de que Quiroga teñan calidade de vida para todos os veciños.

    O Alcalde convocará unha nova sesión extraordinaria do Pleno da Corporación, para o 26 de xuño, na que se fixará a peridiocidade das sesións plenarias, para a Creación e composición das Comisiones informativas permanentes, para os nomeamentos de representantes da Corporación en órganos colexiados, que sexan da competencia do Pleno; e para poñer en coñecemento do pleno as resolucions do Alcalde en materia de nomeamentos de Tenentes de Alcalde, membros da Xunta de Gobierno, e Presidentes das Comisiones informativas, así como das delegacións que a Alcaldía estime oportuno conferir.

11 jun 2015

O SÁBADO CELEBRARASE A SESIÓN PLENARIA QUE NOMEARÁ AO ALCALDE DE QUIROGA

O vindeiro sábado terá lugar unha nova sesión plenaria pública. Esta será xa a formada polos concelleiros electos nas pasadas eleccións municipais do 24 de maio. Este pleno será no que se elixa ao novo alcalde de Quiroga por catro anos.
          Por lei, as Corporacions municipais deben constituirse este sábado nunha Mesa de idade integrada por os elexidos de maior e menor idade, presentes no acto, actuando como secretario o propio secretario municipal. Si ben a sesión “presidea” a Mesa de Idade, é tradición que sexa o de maior idade o que exerza as funcions efectivas de Presidencia.
      Unha vez que a Mesa comprobe as credencias presentadas, ou acreditacións da personalidade dos electos, con base ás certificacions que o Concello remitiu a Xunta Electoral de Zona, declararase constituida a Corporación se concurren a maioría absoluta dos concelleiros electos. En caso contrario, celebraríase sesión dous días despois, para o que xa non sería preciso un número mínimo de concelleiros presentes.
         Unha vez constituida a Corporación, todos os concelleiros deberán prestar xuramento ou promesa do seu cargo. Unha vez feito o xuramento procederase á  elección do alcalde.
     Poden ser candidatos todos os concelleiros que encabecen as súas correspondientes listas. Si algún deles obten a maioría absoluta dos votos dos concelleiros é proclamado electo. Si ningún obtén dita maioría é proclamado Alcalde o concelleiro que encabece a lista que obtivo maior número de votos populares nas eleccións.
       Concretados quen son os candidatos e, baixo a Presidencia da Mesa de Idade, procederase á votación. O sistema normal de votación será a votación ordinaria.
      Levada a cabo a votación e proclamado pola Mesa, o Alcalde electo, procederá á toma de posesión do cargo, prestando o xuramento ou promesa de acatamento á Constitución,  sin que o feito de ter xa prestado xuramento como Concelleiro poida suplir este novo xuramento ou promesa.

      Dentro dos treinta días seguintes ao da sesión constitutiva, o Alcalde convocará unha nova sesión extraordinaria do Pleno da Corporación, para fixar a peridiocidade das sesións plenarias, para a Creación e composición das Comisiones informativas permanentes, para os nomeamentos de representantes da Corporación en órganos colexiados, que sexan da competencia do Pleno; e para poñer en coñecemento do pleno as resolucions do Alcalde en materia de nomeamentos de Tenentes de Alcalde, membros da Xunta de Gobierno, e Presidentes das Comisiones informativas, así como das delegacións que a Alcaldía estime oportuno conferir.