18 jun. 2015

O CONCELLO DE QUIROGA ORGANIZA UN ANO MÁIS OS CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA OS MÁIS PEQUENOS

A área de Educación do concello de Quiroga poñerá en marcha a partir do 1 de xullo e ata o 31 de agosto, os Campamentos de Verán; dirixidos a nenos e nenas de 3 a 12 anos nas mañás dos luns aos venres en horario de 11 a 14 horas.
         
Os campamentos están organizados en tres grupos un de 3 a 5 anos, o seguinte de seis a oito anos e un terceiro de nove a doce anos. O grupo dos máis pequenos contará con expresión corporal e plástica, contos, e xogos dirixidos e libres. O segundo dos grupos terá obradoiros de pensar, xogos de coñecemento e do mundo e xincanas. Mentres que os máis maiores contarán con idiomas, coñecemento do mundo, xincanas, deportes, saídas ao aire libre e reforzo escolares. A última hora dos obradoiros estará adicada a xogos nas piscinas e natación. Os rapaces deben levar as campamentos nunha mochila, toalla, bañador, chanclas, crema solar, un pequeno tentempé, auga, muda e unha gorra.

Todas as actividades estarán adecuadas á idade dos seus fillos e fillas e haberá catro monitores para cada grupo ademais dunha supervisora e na piscina contarase ademáis cun socorrista para as clases de natación. A entrada será para todos/as os nenos e nenas na casa de cultura e a saída nas piscinas municipais, onde terán que recollelos.

Os campamentos teñen un custo por neno de 20 € ao mes para os empadroados en Quiroga e de 30 € para os non empadroados. Os irmáns que asistan aos cursos terán un desconto de 5 € por irmán.

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos/as deben cubrir a inscrición na Casa de Cultura , antes do 26 de xuño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario